Skip to Content

Radio na Biblio

Web de RadioVedra

Hoxe, Día da Radio, publicamos a nosa páxina web adicada a mostrar tódalas emisións e podcast que elaboremos en RadioVedra, dentro do proxecto Radio na Biblio:

RadioVedra

RadioVedra: entrevistas, videoxogos, poemas...

Última publicación do curso en Radio Vedra. O noso equipo de radio preséntavos varios podcast que serán do voso interese.

Radio Vedra enrtevista ao profesorado que deixa o noso centro, ben por xubilación, ben por traslado. Podedes escoitar as entrevistas aquí:

En Soundcloud

En IVoox

Por outra banda, temos a sección de videoxogos do noso alumno Pablo:

En Soundcloud

En Ivoox

E os gañadores do certame de poesía leen os seus poemas:

En Soundcloud

En IVoox

O próximo curso volvemos con moito máis!

RadioVedra comeza a súa andaina

RadioVedra, a canle radiofónica que nace ao abeiro do proxecto Radio na Biblio, inicia a súa andaina cunha entrevista ao profesor de Bioloxía Xosé Palacio, que fala con nós da súa traxectoria educativa e os recordos que lle quedan do noso centro.

A esta entrevista seguiranlle outros programas que iremos publicando pouco a pouco.

Entrevistan as alumnas de 4ºESO Uxía Segade, Noelia Seijas e Paula Vázquez; aos mandos técnicos, David Freire.

 

Pódese escoitar a entrevista en calquera destas ligazóns:

A RADIO NA BIBLIO INICIA A SÚA ACTIVIDADE.

Este martes, 6 de marzo, escomenzaron as xornadas de formación para o alumnado inscrito no proxecto "Radio na biblio" no que participa o C.P.I. Plurilingüe de Vedra.

Esta primeira xornada tivo unha primeira parte de formación na aula de Informática e unha segunda traballando cos equipos de radio para facer as primeiras probas de emisión.

Ver fotos e vídeos +

Distribuir contido


by Dr. Radut