Skip to Content

Lingua Galega

FALECEU O ESCRITOR XOSÉ NEIRA VILAS, AMIGO DO C.P.I. DE VEDRA

   Hoxe, 27 de novembro do 2015, faleceu o noso amigo Xosé Neira Vilas, o creador de Balbino, o neno labrego. Moito o lamentamos.

  Xosé Neira Vilas enriqueceunos cos seus libros e o seu exemplo. Visitounos no CPI de Vedra, convidou á nosa Aula de Teatro a participar en actos de homenaxe á súa figura, e concedeunos dúas entrevistas.

Sempre nos recibiu cos brazos abertos, e conservaremos a memoria do seu abrazo. Esperamos poder honrala.

 Grazas. Que a terra che sexa leve!!

neiravilas

 

A VIAXE DE SAID

Curtametraxe musical de animación de plastilina que narra a historia dun neno marroquino que cruza o Estreito. Ao outro lado, no país das oportunidades, descobre que o mundo non é tan belo como lle tiñan contado.

Celso Emilio antibelicista

Unha das características de Celso Emilio é o seu antibelicismo. Celebramos o día da paz cun poema seu.

TEMPO DE CHORAR

 

Hei de chorar sin bágoas duro pranto
polas pombas de luz aferrolladas,
polo esprito vencido baixo a noite
da libertá prostituída.
As espadas penduran silandeiras
coma unha chuvia fría diante os ollos
e teño que chorar na sombra fuxidía
diste pútrido vento
que arromba a lealtá e pon cadeas
no corazón dos homes xenerosos.

 

Pois que somente os ollos me deixaron
para chorar por iles longos ríos,
hei navegar periplos, descubertas
por tempos que han de vir cheos de escumas,
por onde o día nasce,
alí onde xermola o mundo novo.
Pois que o que chora vive, iremos indo;
indo, chorando, andando,
salvaxe voz que ha de trocarse en ira,
en coitelo de berros i alboradas
para rubir ao cumio dos aldraxes.

 

E pois que cada tempo ten seu tempo,
iste é o tempo de chorar.

CUNQUEIRO

Cunqueiro 100 anos

 

Preme aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut