Skip to Content

Actividades

17 de Maio -DÍA DAS LETRAS GALEGAS-

             O pasado 16 de Maio todo o CPI de Vedra involucrouse nunha festividade moi especial para todos nós, o día das Letras Galegas, na que bailamos, "regueifamos" e por suposto puxemos peche co himno galego da man do gaiteiro Óscar (3º ESO) e da voz de Icía (4º de primaria).
Dende aquí queremos agradecer a paixón e entrega posta neste acto por parte de tódolas alumnas/os, titoras/e por suposto das mestras e profesor de música.
(Proximamente subiremos fotos deste día).

Evidentemente non queremos esquecernos de destacar o feito de que este ano o homenaxeado foi VALENTÍN PAZ ANDRADE, un galego defensor da súa lingua e da súa terra.

      Verbas de Valentín... http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/valentin-paz-andrade/paz-andrade-galicia-como-tarefa-en-galegos-de-honra-2002-2

 

Distribuir contido


by Dr. Radut