FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23-24

ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Consulten no seguinte enlace: 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2023/24

 

PRAZO PARA SOLICITAR: ata o 21 DE XUÑO (incluído)

PROCEDEMENTO: 

-TELEMÁTICO:As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

-PRESENCIAL: con CITA PREVIA que se solicitará no teléfono 982 870071

 

NON SE ATENDERÁ A NINGUNHA FAMILIA SEN CITA PREVIA.

Se teñen dúbidas, chamen por teléfono (982 870071).

DOCUMENTACIÓN: 

- Libro de familia (fotocopia), de non ter , certificado de convivencia

- certificado de discapacidade (fotocopia)

- sentenza de divorcio ( fotocopia)

- situación de violencia de xénero (fotocopia)

 

Letras galegas 2023

Entra no blog da biblioteca

para ver o que fixemos no

festival das Letras Galegas.

Fai click aquí.

 

 

 

 

 

 

 

Excursión á Serra do Courel

O alumnado de 6º de primaria e de 1º da ESO foi á Serra do Caurel para facer unha ruta de sendeirismo organizada pola área de Educación Física dentro do proxecto EDUSaúde.

 



A radio no colexio

Xa está na rede o último programa de radio do Ponte Nas Ondas. Podes acceder a el clickando neste ENLACE.

Para máis información sobre a radio no colexio, click AQUÍ.

ESCOLA DE NAIS E PAIS

Esta tarde na escola de nais e pais aprendemos sobre alimentación saudable da man da Nutricionista e divulgadora Ángeles Novo.

Ao longo da charla, trasladounos a importancia de aprender a comer en familia e construír hábitos sostibles no tempo xa dende a infancia, coidando o que comemos e valorando o aporte nutricional de froitas, verduras e legumes. 

Desmontou algún dos grandes mitos e concepcións erróneas que temos sobre a idea de alimentos saudables, como por exemplo o engano dos produtos "cero, cero", "sen azucres engadidos", "desnatados" e "desgrasados" entre outros.

No canto, ensinounos como diferenciar un alimento saudable do que non o é a través do o seu etiquetado para saber realmente o que estamos a escoller.

Dentro de toda a información que podemos atopar na etiqueta, a máis importante é a lista de ingredientes. Lonxe da realidade, o importante non é a táboa nutricional de kcal, ou graxas, e debemos ter coidado á hora de deixarnos levar pola publicidade ou as estratexias comenciais.

Sen dúbida unha charla moi instrutiva coa que puidemos dar un paso máis cara a alimentación saudable en familia.

 

Moitas grazas Ángeles! Moitas grazas familias! 

VISITA DE ANTIGAS ALUMNAS E ALUMNOS AO ALUMNADO DE 4º DE ESO

Hoxe, no marco do Programa de Orientación Académico e Vocacional, Miguel e Bea -antigos alumnos do centro- visitaron ao alumnado de 4º de ESO para compartir a súa experiencia académica e profesional destes últimos anos.

De xeito natural e cercano, conversaron co noso alumnado sobre as dificultades e as oportunidades que lles agardan nas vindeiras etapas, consellos prácticos para afrontar os estudos de Bacharelato e de Grao, e a realidade actual do mundo laboral. 

Esta semana o foco de interese centrábase nos estudos superiores de Grao, e o vindeiro luns poderemos desfrutar da visita de antigos alumnos e alumnas que se formaron na Formación Profesional, e que actualmente traballan na contorna próxima ou continúan os seus estudos.

Moitas grazas Miguel e Bea por compartir o voso tempo e enerxía con nós! Sen dúbida, unha visita alentadora para o alumnado.

Roteiro

O alumnado de 4º, 5º de Primaria e 1º ESO fixo un roteiro co biólogo Marcos Reinoso pola contorna do centro para identificar plantas e coñecer os seus usos.


Enquisa sobre convivencia escolar

A CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES anima a toda a comunidade educativa a cubrir unha enquisa sobre convivencia escolar. Pódese acceder desde este enlace (aquí, a aplicación ha pedirnos a clave que se enviou desde o centro).

O prazo para cubrila remata o 22 de maio. Para máis información sobre esta iniciativa pinche aquí.

CONCERTO DIDÁCTICO

O pasado mércores 26 de maio, o alumnado de música de 3º e 4º acudiu a un concerto didáctico no IES Leiras Pulpeiro, en Lugo, levado a cabo por compoñentes do Grupo Vocal Solo Voces de Lugo.

 

CELANOVA

O pasado xoves 20 de abril, o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO fixo unha visita na vila de Celanova. Na Casa dos Poetas léronse poemas de Curros Enríquez e no Mosteiro de San Salvador de Celanova de Celso Emilio Ferreiro.

Visitamos o Instituto e a súa fermosa biblioteca. Ademáis participamos nun concerto na Igrexa do Mosteiro acompañados polo órgano.

Pola tarde visitamos a Aldea de Vilanova dos Infantes e o Castro de Castromao.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Vídeo 1

Vídeo 2

 

Powered by Drupal - Design by artinet