DIVERSIDADE SEXUAL

O alumnado de 3º de ESO continuou traballando sobre educación sexual no marco do programa Quérote +. Desta volta, abordaron coa profesora de inglés Ángeles, a importancia da diversidade sexual, e idearon varios slogans e cartazos para a súa reivindicación.

Quérote +

O alumnado de 3º de ESO realizou este luns a segunda sesión do programa Quérote + 

Desta volta abordamos a sexualidade como un concepto integral, un continuo na vida das persoas que abarca non só o sexo biolóxico ou a erótica, senón tamén a afectividade e a identidade. 

Aprendemos xuntas a través do traballo colaborativo, primeiro en parellas e en pequenos grupos despois, partindo dun torbellino de ideas individual inicial. E para rematar visionamos unha simpática curtametraxe (The Gift) para a reflexión.

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN - 2023

Hoxe acabamos as clases marcando ben o ritmo co grupo EcoPercusión (Didier Díaz e Eduardo Ponce). Despois de ensaiar un tempo e de romper unhas cantas baquetas mirade como nos saiu:

FESTIVAL DE NADAL - 2023

Aquí tedes as fotos das actuacións do alumnado de Infantil no festival de Nadal.

TEATRO DE MONICREQUES - 2023

O alumnado de Infantil a 4º de Primaria asistiu á representación dunha obra de teatro de guiñol do grupo Trécola.

BO NADAL E BOA LECTURA! (2023)

 

Desde o colexio desexamos que pasedes un bo Nadal: velaí vai o noso VÍDEO - POSTAL.

 

E tamén vos animamos a seguir lendo durante as vacacións. Mirade os libros que recomenda o equipo da biblioteca AQUÍ.

TALLER DE ECOPERCUSIÓN NA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Fantástica xornada de aprendizaxe e convivencia!

Onte á tarde máis de 50 persoas puidemos desfrutar en comunidade, familas, profesorado e persoal non docente, dunha estimulante actividade de ECOPERCUSIÓN na que da man dos percusionistas Didier Díaz e Eduardo Ponce aprendemos nocións básicas sobre cómo tocar a batería, a caixa e o tambor empregando materiais de refugallo.

Mirade que ben o pasamos, e todo o que aprendemos:

Como eramos máis de 50 persoas tivemos que dividirnos en dous grupos:

 

Hoxe, o alumado de 3º de Primaria ata 4º de ESO continuará con esta actividade formativa, na que para finalizar tocarán xuntos como se fosen unha banda. 

Nesta ocasión, na escola de nais e pais, quixemos poñer en valor a importancia de pasar máis tempo en familia de xeito educativo e lúdico, lonxe das pantallas e do ocio de consumo, desfrutar de compartir e de construir redes en comunidade, de ahí que hoxe abríramos o noso pequeno círculo formativo ao resto da comunidade educativa, profesorado e persoal non docente. 

Grazas a todas e todos. Agardámosvos no seguinte encontro en xaneiro.   

QUÉROTE + . COMEZO DO PROGRAMA AFECTIVO SEXUAL CON 3º ESO

alumnado de 3º da ESO participa este curso no Programa Quérote + de educación afectivo sexual pertencente ao Plan Proxecta.

Este luns coñeceron da man da orientadora os  obxectivos, contidos e finalidade deste programa que se  desenvolverá ao longo de todo o curso de forma transversal a través de diferentes materias dende as que se abordarán, entre outros contidos, a diferencia entre identidade e orientación sexual, as influenzas negativas da idea do amor romántico e das redes sociais na construcción da identidade sexual, así como a prevención de enfermidades de transmisión sexual.

A súa finalidade é que mozos e mozas aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dun xeito positivo e satisfactorio.

Tamén coñeceron a ubicación en Lugo do centro Quérote, onde poden  solicitar asesoramento afectivo sexual presencial ou consultar dúbidas a través das canles de wasap, telegram ou en liña a través da súa web. 

Familias, velaí tedes unha presentación do Programa.

Quérote+

As Unidades didácticas que vaiamos desenvolvendo iranse aloxando na Aula Virutal, e o alumnado poderá  acceder a elas en calquera momento.

Ao rematar o curso, o grupo de 3º compartirá o aprendido co alumnado de 2º de ESO, xa que na adolescencia o grupo de iguais con maior idade, adoitan ter unha maior influencia no espazo de relación, polo que se converten, moitas veces, en referentes e exemplos dos que gostan seguir.

 Aquí tedes un enlace con máis información sobre este programa pertencente ao Plan Proxecta 

 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA E VOCACIONAL EL 1º E 2º ESO

O alumnado de 1º e 2º da ESO explorou esta Guía de Orientación interactiva na hora de titoría, xunto coa orientadora do centro.

Nela recóllense aspectos básicos sobre a elección de materias na etapa,  a avaliación, a promoción e a titulación. Tamén inclúe unha batería de test de orientación vocacional para ir coñecendo os seus intereses e aptitudes. 

Deixámosvos aquí un enlace, para que tamén a podades consultar en familia.

 

 

https://www.canva.com/design/DAFyXxUAC4k/dClXHCZpEWcnFhGsVvdpHQ/edit?utm_content=DAFyXxUAC4k&utm_campaign=designshare&utm_medium=link2&utm_source=sharebutton

25 DE NOVEMBRO

 

A semana pasada realizáronse diversas actividades no centro como conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Dúas charlas integradas dentro do Plan Director da Convivencia.

Para o alumando de 5º e 6º de primaria sobre a importancia da Igualdade, a libertade das mulleres e a loita contra os prexuízos de xénero. E para o alumnado de 1º e 2º de ESO con máis énfase na identificación dos signos da Violencia de xénero, o control, o abuso e características das relacións tóxicas.

Un taller didáctico para o alumando de 3º e 4º de ESO "Pola igualdade de xénero" impartidos por Candela Fraga e Sandra García, Enfermeiras de Familia e da comunidade, quenes de forma entretida e amena fixeron reflexionar ao alumnado a través do roll playing, videos, curtas e cancións sobre os estereotipos de xénero, o mito do amor romántico e a violencia de xénero ainda presentes na nosa sociedade.

 

 

Asemande, quixeron compartir con nós estes interesantes recursos cos que o alumnado poderá seguir reflexionando dende as horas de titorías no centro, e dende as súas casas, sobre a necesidade da eliminación da violencia contra a muller.

Moitas grazas polo voso traballo! Xuntas faise comunidade!

 

 

E como actividade final, o venres 24 o alumnado da ESO realizou un mural obituario cos nomes e a historia das mulleres asasinadas no que vai de ano.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet