Día de concienciación do autismo

Ao longo desta semana o alumnado das etapas de infantil, primaria e ESO realizarán lecturas compartidas e visionado de varias curtametraxes co obxecto de sensibilizar e concienciar sobre o valor da diversidade e achegarse á realidade das persoas autistas.

Planetario no colexio

Esta semana tivemos un planetario no colexio e todo o alumnado puido participar desta experiencia inmersiva.

    

         

Visita á aula de Tecnoloxía (2023-24)

Hoxe, na aula de Tecnoloxía, tivemos a visita do alumnado de Primaria. Os alumnos de 4º da ESO amosáronlles os proxectos feitos na materia de Tecnoloxía en 1º, 2º e 4º da ESO. Moitas grazas pola visita!!!



           

 

TRABALLANDO A PRESIÓN DE GRUPO CO PROGRAMA QUÉROTE +

O profesorado de 3º de ESO continúa traballando co alumnado os retos sociais actuais que plantean a afectividade e a sexualidade.

Desta volta, nas clases de Xeografía e Historia da man do profesor Fernando Rosales, abordaron a presión de grupo na adolescencia coa dinámica "Cultivando habilidades", na que por parellas foron representando a través de rollplaying diferentes situacións sociais de presión ás que adoitan ter que enfrentarse os adolescentes (fumar, manter relacións sexuais, compartir fotografías non desexadas por instagram...) co obxectivo de aprender a artellar estratexias de negación e tomar decisións propias, independentes do grupo de pares.

Traballaron tamén o concepto de consentimento sexual visionando o vídeo de "Unha taza de té" e reflexionaron sobre cales son as condutas respetuosas ou cando se trata da sexualidade propia e da de terceiros.

Podedes consultar con mais detalle tódolos contidos e as actividades realizadas ao longo do curso en relación a este programa do Plan Proxecta, na Aula Virtual do centro, na sección Quérote +, e á que os vosos fillos e fillas teñen acceso dende o seu perfil.

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE BAC E FP

 

Aberta a convocatoria de becas para estudos postobrigatorios (BAC e FP)

 

 Prazo:

Do 19 de marzp ao 10 de maio (15:00h peninsular)

 

Como solicitalas

Debes entrar na sede electrónica do MEC, rexistrarte e encher o formulario

 

Que necesitas

Cumprir os requisitos xerais , académicos e económicos que podes consultar aquí 

 

TALLER DA ESCOLA DE NAIS E PAIS

Desta volta para a ENAPA tocounos aprender en familia!.

O ano pasado tivemos con nós á nutricionista Ángeles Novo que nos deu consellos para comer saudable, e este curso propuxémonos como reto levalo á práctica da man do noso cociñeiro Adrián Domínguez, que nos ensinou con paciencia e sabiduría a preparar tres magníficas receitas cheas de saúde e diversión!

Grazas Adrián, prometemos practicar na casa! (Descargar aquí as receitas)

Obradoiro de cociña ENAPA Baralla Video de Noa Varela

8M - DEPARTAMENTO DE FRANCÉS: NOS FEMMES / AS NOSAS MULLERES (2023-24)

Como actividade para o día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, desde o departamento de Francés queremos recordar a todas esas mulleres que foron e aínda son, importantes nas nosas vidas: nais, avoas, mestras, científicas, artistas, escritoras, activistas, esposas, irmás, fillas… Aquelas que nos serviron de exemplo, que admiramos, que queremos, que nos mostraron a forza dentro de cada unha delas e nos axudaron a comprender o que move o mundo. Por todas as mulleres, famosas ou anónimas, que marcaron unha diferenza nas nosas vidas, queremos iniciar hoxe un mural para homenaxealas durante todo o mes de marzo.

Enlace ao MURAL

Hecho con Padlet

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (2023-24)

Este curso volvemos celebrar o 8M: Primaria fixo un abecedario de mulleres que deixaron pegada e a ESO participou nuns obradoiros para traballar a igualdade desde unha perspectiva musical.

 

 

 

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRADO MEDIO

Aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso aos ciclos formativos de Grado Medio dende hoxe 26 de febreiro a o 8 de marzo.

A celebración das probas será o 23 de Maio.

Poderase presentar aquel alumnado que o desexe con mais de 17 anos ou a cumplir no ano natural de celebración da proba.

Mais información en orientación, ou accedendo ao enlace da web de FP da Xunta: 

https://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual 

PROGRAMA AFECTIVO SEXUAL QUÉROTE +

Alumando de 3º da ESO continuou estas semanas a traballar no programa Quérote +.

Desta volta abordaron xunto co profesor de lingua castelá Santiago López Crespo nas clases de Valores Éticos, as problemáticas e contradicións nas que deriva o mito do amor romántico.

 

Primeiro visionaron a película Te doy mis ojos de Icíar Bollaín, onde a protagonista ten dificultades para saír dun matrimonio anclado nunha relación tóxica que deriva en violencia de xénero.

 

Logo achegáronse aos efectos do maltrato e das condutas de control e violencia a través dos ollos de Julien, o neno protagonista da película Custodia Compartida, do francés Xavier Legrand, na que o medo do menor é instrumentalizado para facer máis dano e, o emprego sutil da violencia psicolóxica constrúe unha tensión intrafamiliar que leva ao peor.

 

Finalmente viron a serie de 5 curtametraxes “Encuentra el  Verdadero Amor” creados pola Asociaciación de Mujeres Cineastas y de Medios Audiovisuales,  que permite traballar os sinais de advertencia ante o maltrato que se dan na adolescencia e na xuventude.

 

Tras deliberar na clase sobre as mensaxes transmitidas por cada un dos filmes, cubriron un pequeno cuestionario co obxectivo de detectar condutas de alarma, sinais de advertencia de estar ante unha relación tóxica que pode conducir á violencia psicolóxica ou física.

 

Ao tempo, nas clases de tecnoloxía coa profesora Lola Corbeira, abordaron que é o sexting e o grooming, e as problemáticas que deles se derivan así como as razóns polas que é preciso evitalos e estar advertidos das súas consecuencias.

 

Powered by Drupal - Design by artinet