AS 360 CURVAS DA FONSAGRADA

O pasado 21 de novembro o alumnado de 3º e 4º da ESO puido coñecer da man dos creadores do documental 360 Curvas da Fonsagrada, Alejandro Gándara, Aridana Silva, Adrián Méndez e Manuel Lucas, os pasos a realizar nun proxecto artístico audiovisual, neste caso o proceso de creación dun  documental que mixtura pasado e presente, no que se relatan as protestas que nos anos 90 sacudiron as terras de Burón para esixir o mantemento dos servizos na comarca da Fonsagrada, actos de resitencia cívica que os creadores fan dialogar co momento actual.

O documental está nestes momentos en fase de producción, e durante a charla compartiron co alumnado a evolución que se foi producindo dende unha idea inicial, xurdida a raíz das imaxes de arquivo do fotógrafo fonsagradino Manuel Fernández, ata pasar polas diferentes fases de preproducción, documentación audiovisual, entrevistas á veciñanza, guión, ata chegar ás finais de edición e montaxe.

360 curvas chegará á pantalla o próximo verán, e o alumnado poderá desfrutar do resultado final, sendo coñecedores de todas as fases dunha producción orixinal e próxima á súa realidade rural.

 

SEGURIDADE VIAL

 

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla este luns sobre Seguridade Vial a cargo de Daniel Prada, ponete e colaborador da asociación AESLEME de Galicia (Asociación para o Estudio da Lesión Medular), quen lles transmitiu a importancia da prevención de accidentes como peatóns, usuarios de bicicletas e monopatín, normas básicas de seguridade e hábitos incorrectos que debemos evitar.  

 

Obradoiro de micoloxía

Julián Alonso, doutor en Ciencias Biolóxicas e presidente da Sociedade Micolóxica Lucus, impartiu unha charla sobre fungos a 1º da ESO e 3º e 4º de Primaria. Explicoulles as características dos fungos, como diferencialos, a súa importancia nos ecosistemas,... Logo fixeron unha saída pola contorna do centro para buscar fungos e identificalos.

Samaín e magosto

Celebramos o magosto e o Samaín no colexio. Mira neste vídeo como o pasamos.

Taller de apicultura

Taller de apicultura impartido por Nicolás Taracido, técnico de Medio Ambiente e fundador en Pontevedra de Apípolis, a cidade das abellas.

O  alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria puido coñecer o mundo das abellas, a súa organización, anécdotas e a súa importancia dentro dos ecosistemas. Na parte final degustaron os produtos que fabrican as abellas e elaboraron velas.

Obradoiro de portugués

Esta semana fixemos un curso acelerado de portugués. Cos nosos profes Miguel Moreira e Irene López Batalha empezamos a coñecer as diferenzas e semellanzas que hai entre o portugués e o galego e as vantaxes de termos dúas linguas tan próximas. Esta actividade estivo organizada pola Deputación de Lugo e a AGAL (Associaçóm Galega da Língua).

 

ENAPA

O pasado mécores tivo lugar a primeira sesión da escola de nais e pais Barallando Xunt@s deste curso. Recibimos información e consellos moi importantes sobre a promoción do uso responsable do móbil en familia, da man de Lorena e María de Alar Galicia.

Tal e como vos prometemos na sesión déixovos aquí uns interesantes enlaces sobre ferramentas para o control parental:

Vémonos na vindeira xuntanza cara finais do mes de novembro cunha actividade en familia (pais/nais e fillas/os) da que máis adiante vos daremos detalle.

Obradoiro de insectos tropicais

O biólogo Miguel Santamaría impartiu este taller ao alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria. Explicounos as características biolóxicas destes insectos e puidemos interactuar con eles.

 

  

  

Inicio da Escola de Nais e Pais

 

O próximo mércores 18 ás 17:30h comeza a Escola de Pais e Nais deste curso cunha interesantísima charla sobre o Uso responsable dos teléfonos móbiles na rapazada que desenvolverá a asociación Alar Galicia. Abordaranse estratexias útiles para a súa xestión na familia, detección de posibles condutas aditivas e o manexo ante as mesmas.

Non volo perdades!!!

Lembrade que, un ano mais disporemos de servizo de gardería na biblioteca para as vosas fillas e fillos mentres dura a charla.

 

Mencionar tamén que o centro estableceu un convenio coa asociación Alar a través do Programa Morpheo, e que aquelas familias que detecten condutas de risco aditivo ao móbil en fillos ou fillas maiores de 12 anos, poderán solicitar intervención psicolóxica individualizada e gratuita na asociación. A solicitude poderase realizar a través da mediación do centro ou directamente na asociación Alar.

 

 

E por último, coa finalidade de axustarnos o máximo posible aos vosos intereses este curso, podedes cubrir esta breve enquisa, e seleccionar en menos dun minuto e de xeito anónimo as actividades e temáticas que vos interesa que abordemos. Faremos todo o posible por levalas a cabo.

Agardámosvos o vindeiro mércores!

 

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

Calendario escolar 2022/2023 | EEI do Con

 

 

EN ARQUIVO ADXUNTO TEDES O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024.

Powered by Drupal - Design by artinet