IV Certame de GaleTikTokers

Na tarde-noite do venres 10 de novembro, as nosas alumnas de 3°ESO Aroa Boga, Uxía Ríos e Daniela Brea
asistiron na Casa da Cultura de Bertamiráns á entrega de premios do IV Certame de GaleTikTokers,
organizado polo Concello de Ames.
A gala estivo marcada pola magnífica actuación musical do grupo amesán "Onda Dagda" e tamén polo bo humor
dos presentadores e creadores de contido en galego @Pradorua e @Gabiig8.
Gustounos, pasámolo ben e, aínda que desta volta non saímos premiadas, sabemos que a primeira vez sempre é
para aprender: raro é iso de chegar e encher. Así que para o ano, como disposición non falta e talento tampouco, máis e mellor! 
Parabéns orgullosos ás tres.

 

Práctica de laboratorio

 

Nesta práctica realizada polos alumnos e alumnas de 3º ESO, determinamos 

a presenza de amidón nos alimentos,observando que moitas veces cremos que

mercamos carne e non o é.

 

 

 

 

 

 

 

 

1ª Sesión MUS-E 2023/24

1ª Sesión MUS-E 2023/24

Na 1ª sesión MUS-E con Xus. Conectamos co silencio e cos sons ambientais,

traballamos apropiocepción en canto xogamos co noso nome, o movemento

e o espazo; e achegámonos á calma coa cunca tibetana.

 

 

Aquí tendes a galería de fotos desta primeira sesión.

 

Moitas grazas Xus, por ofrecernos estas propostas tan lindas.

 

Comezamos o Clube de lectura do alumnado!!

Este curso temos unha alta participación do alumnado. Estamos máis que felices!!

 

              

Samagosto 2023/24

O 27 de Outubro celebramos o noso Samagosto. Mestura de Samaín e Magosto. 

Este curso o Proxecto Interdisciplinar de Centro son os animais: QUE ANIMALADA! Desta maneira, para o Samaín, estivemos traballando nas aulas o mito do "lobishome", o "lobo da xente" e en 1º e 2º de Primaria o "Lobo Feroz". Traballando o mito de Vákner,

Clica para ver o vídeo do mito de Vákner

Achegándonos ás marabillosas calidades positivas que ten os lobos para a natureza e para o ser humano.

Tamén traballamos en normalizar o uso do feminino "loba" para liberalo das connotacións sexuais que arrastra. Falando por exemplo da figura de Pepa a Loba.

E así chegamos à sexta feita (venres) na que as aulas tiñan que intercambiar ouveos por castañas, creando cada aula unha pequena estrofa rematada nun ouveo e así poder conseguir castañas asadas.

O alumnado de Primaria tocou e cantou unha canción tradicional galega mais bailamos unha muiñeira tocada con gaita polo profesor Martín.

Galería de imaxes e vídeos da xornada.

Galería de imaxes e frases escollidas polo alumnado para ouvear.

 

Ao final do día, o alumnado da ESO tivemos unha sesión de contacontos relacionados co lobo a carga de Celso Fernández para practicar para o certame Tíralle da lingua.

 

 

INICIO DAS CLASES

AS CLASES COMEZARÁN O DíA 12 DE SETEMBRO POR SER O DÍA 11 FESTIVO LOCAL NO CONCELLO DE DODRO

AVISO IMPORTANTE

 

Por mor das obras que se están a acometer no centro e ante a imposibilidade de manter a zona de conserxería e despachos en funcionamento todo o mes de xullo, vémonos obrigados a rematar a nosa labor o día 21 de xullo polo que, de precisar calquera documento, por favor, fáganno antes desa data . O horario de atención ao público será de 10 a 13.

 O centro permanecerá pechado do 24 ao 31 de xullo ambos incluídos.

No caso de que quede algún cheque de fondo de libros ou material sen recoller, poden facelo nos primeiros días de setembro.

 Xa lles avisaremos da data a partir da cal poden vir por eles e lembramos que, na medida do posible, non merquen nada ata que non reciban as listaxes de material que envíen os titores/as ao inicio do mes de setembro.

Desculpen as molestias. 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O martes 20 de xuño celebramos a Xornada de Portas Abertas para a presentación dos traballos do proxecto INTERXERANDO.

 

Aquí tedes todas as fotos do evento. 

Premios no concurso Videoghits

O noso colexio gañou dous premios no concurso Videoghit organizado polo IES Plurilíngüe Pintor Colmeiro de Silleda. O vídeo Non me vai mal gañou o premio á mellor interpretación musical e son propio. O vídeo Non tes prezo gañou o premio ao mellor deseño de vestuario e caracterización. Parabéns. 

OBRADOIRO APRAZADO

AVISO IMPORTANTE.

Foi aprazado o obradoiro de teatro corporal de hoxe.

Powered by Drupal - Design by artinet