Terceiro Ciclo

O OVO SALTARÍN

En 5º fixemos un experimento: deixamos un ovo a remollo en vinagre durante dous días.

  

Sacamos o ovo e....

 

SORPRESA!!! Convertiuse nun ovo saltarín!!! Que non escacha!!

Trátase dun cambio na materia, físico ou químico?

Pensa, razoa e xa me contarás...

EXPERIMENTAMOS

Experimentamos coa enerxía, coas forzas, co magnetismo...

 

 

 

       

Aos alumno/as de 5º gústanos investigar!!

EN PLÁSTICA RECICLAMOS

Na clase de plástica utilizamos materiais de refugallo:  botellas, papeis, vasos, envases,cartón... todo nos vale!!  para elaborar obras de arte.  

 

 

 

 

 

        

Xa vos amosaremos os resultados. Estade atentos!!

CAMBIOS FÍSICOS NA MATERIA

Fusión, , vaporización, condensación. Vemos os procesos na aula de 5º:

 

       

       

Na casa imos experimentar coa solidificación. Ánimo chic@s!

CONTINUAMOS EXPERIMENTANDO

Continuamos experimentando coa densidade e a flotabilidade.

 

 

 

 

    Queremos ser científicos!!

 

EXPERIMENTAMOS COA DENSIDADE E FLOTABILIDADE

Aprendemos as primeiras nocións da física experimentando con diferentes materiais. 

Vemos os cambios na densidade da auga e exploramos a flotabilidade.

 

 

 

 

PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Mediante  lecturas, xogos e a elaboración de carteis o alumnado de 5º aprende a dicir NON ao tabaco e outras drogas.

 

 

 

 

COIDANDO O NOSO MAR

Aproveitamos a exposición COIDANDO O NOSO MAR que temos estes días na escola para achegar as potencialidades do noso entorno mariño máis próximo e sensibilizar ao redor das problemáticas e agresións que a acción humana cotiá impón sobre el.

 

 

 

 

Os alumno/as de 5º de Primaria maniféstanse moi interesados neste tema e traballan a cotío coas tres R: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR

EN PLÁSTICA RECICLAMOS

Aproveitamos diferentes materiais para reciclar e crear:

 

        

              Somouns artistas!!!!

SAMAÍN EN 5º

O venres aproveitamos a clase de plástica para montar un obradoiro de confección de caveiras para o samaín.

Esta é a materia prima:

 

                        E a traballar!!

 

 

 

 E este foi o resultado:

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet