E chegou o maio, e con el as flores, as cantigas...
Aquí ven o maio
disposto a contar
as cousas que pasan
e as que han de pasar.
A estes meniños de quinto
gústalles moito xogar
e tamén lles gusta moito
escribir e debuxar.
Os alumnos desta clase
veñen contentos á escola
e aprenden moitas cousas
mentras.....
A ver se es quen de rematar a estrofa. Retámosche a que inventes máis para cantalas entre todos.
Esta é a porta da nosa aula. A que está chula co seu maio? Non esquezades poñelo na porta da vosa casa antes de que se poña o sol. É a tradición do maio.