Terceiro Ciclo

MANEXAMOS PLANOS E MAPAS

Na aula de 5º estamos a aprender a utilizar os mapas e os planos. 

 

 

Vimos os planos de París, Viena, Londres, New York...

Desta maneira non nos perderemos!!

INVESTIGAMOS SOBRE TEXTURAS

 

 

 

Na clase de plástica investigamos sobre diferentes texturas.

a ver como nos queda o resultado!!

CELEBRACIÓN!!

Empezamos a semana con festa rachada!!

 

Como é o cumpleanos da nosa profe os alumno/as de 6º quixemos agasallala cunha festa, con pancarta, tarta, música,... Unha boa maneira de empezar a semana: con moita enerxía!!!

 

           PARABÉEEEENS!!!!

VEMOS AS CÉLULAS

Esta semana visitamos o laboratorio e, coa colaboración de Loli que nos axudou a preparar as mostras, vimos no microscopio as células dunha pel de cebola.

 

 

 

O alumnado de 5º despois da sesión, aprendemos un montón!!

OS QUE CUMPLIMOS ANOS NO VERÁN

Ao longo de todo o curso estivemos celebrando os cumpleanos de todo/as compañeiro/as. Hoxe tocounos o turno aos que cumplimos no verán. Todos xuntos pensamos o desexo e sopramos as velas.

 

 

 

Que desexo estarán pensando estes....

 

 

 

E como era o último día pasamos un pouco da alimentación saudable e comemos de todo. Os biscoitos caseiros estaban deliciosos e a tarta tamén che estaba ben boa.

O meu desexo para todos vós: que pasedes bo verán! Hai tempo para todo: para xogar coa mascota, ir á praia, ler, escribir, ver a tele un pouquiño, facer deporte, mimar ás mamás e aos papás, ir ás festas,descansar...

En setembro temos que vir cos ánimos renovados para afrontar o novo curso. DESDE O PRIMEIRO DÍA!!!!

  BOAS VACACIÓNS PARA TODO/AS!!!

A ILLA DE SAN SIMÓN

O Mércores 18 de xuño o alumnado de Primaria fixemos a saída de fin de curso á illa de San Simón, na ría de Vigo.

Vimos o museo da batalla de Rande, canóns, lingotes de ouro e prata, escafandras, soldados ingleses, holandeses, franceses,... Contáronnos a historia tal e como ocorreu. 

Logo fixemos o percorrido en barco, pasando por debaixo da ponte de Rande, ata rematar na illa onde recibimos información sobre o seu pasado e todo o que nela aconteceu: lazareto, prisión,... Vimos o paseo dos buxos e ata participamos na busca do tesouro (que atopou Roberto de 5º). Fixádevos que montón de moedas de ouro!!

 

Aprendemos moito e tamén disfrutamos da paisaxe e o bo tempo. 

Os que queiran repetir coas familias que miren a páx. web do concello de Redondela, que organizan viaxes.

E paga a pena. A que si?

 

SAIDA POLA CONTORNA

Hoxe o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de E. Primaria realizamos unha saída pola contorna do colexio. Con Conchi como guía visitamos as aldeas de Sar, Castro, Imo,...

 

 

 

 

 

 

 

E volvemos camiñando pola Braña, e ademáis de aprender unha morea de cousas novas fixemos deporte e disfrutamos un montón!! 

 

UNHA AGRADABLE VISITA

Adiviñades quen veu hoxe ao cole a visitarnos? A teacher Merche con Vera!!!

Mirade que guapas están as dúas:

 

 

Grazas por vir visitarnos, volvede outro día!!

FUNDACIÓN CAMILO JOSÉ CELA

Hoxe, 14 de maio, os alumno/as de 4º, 5º e 6º de E. Primaria visitamos a Fundación C. J. Cela en Iria. Electra e Fran, aos que xa coñeciamos de velos polo cole, presentáronnos a exposición e contáronnos moitas anécdotas sobre  a vida e obra de Cela.

 

 

Vimos as coleccións que tiña: de bacinillas, de plumas estilográficas, de botellas,... Este é o escritorio que utilizaba C.J.C.

 

 Tamén fixemos un xogo para aprendermos os títulos das súas obras: La Colmena, La familia de Pascual Duarte, Oficios de tinieblas 5, Mazurca para dos muertos...

E para rematar disfrutamos do estupendo xardín, merendamos e xogamos con xogos populares:

 

 

Velaquí unha foto do grupo:

 

Tivemos un día estupendo e, ademais de disfrutar, aprendemos un montón.

Moitas grazas á Fundación C.J.C. por invitarnos.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet