Terceiro Ciclo

AS NOSAS PLANTAS MEDRAN

Durante a fin de semana as fabas de Alejandra medraron un montón.

Hoxe puxémolas en terra. Mirade que bonitas están.

     

     

COMO MEDRAN!

Na aula de 5º puxemos sementes a xerminar.

Mirade como medran as fabas de Alejandra!

 

Non esquezades botarlles auga! Cando medren un pouco máis plantarémolas na terra. E despois comeremos a fabada!

2º exame escrito de inglés deste 3º trimestre

Os alumnos/as de 6º de Primaria terán o segundo exame escrito de inglés desta avaliación o vindeiro 5 de xuño pero nesta ocasión, faremos a proba de audición (listening) uns días antes,  o venres, 31 de maio. Esta proba contará 2 puntos sobre a calificación final do exame. Outros 2 puntos dese exame corresponden a unha proba de verbos que xa fixemos o pasado venres, 24 de maio.

Aconsello aos alumnos/as que empreguen as guías para repasar (tede en conta que das dúas últimas unidades non hai guía).

UN PAXARIÑO

Onte pola tarde atropelei co coche un paxariño. Pobriño!! Paramos e a nosa sorpresa é que estaba vivo! Era unha pequena lavandeira caída do niño,recollémola e deixámola na leira para que os papás viñeran a coidala.

Mirade que bonitiña.

Boa sorte, lavandeira! e ten máis coidado ao cruzar a carretera!

      

      

AS PLANTAS

Para investigar sobre as plantas o noso compañeiro Sergio trouxo á escola unhas mostras de musgo, un exemplo de plantas inferiores.

 

E a nosa compañeira Xiana trouxo fieitos, un exemplo de plantas superiores.

            

Mirade tamén como xerminan as nosas sementes!

 

ANFIBIOS

O noso compañeiro Brais trouxo á escola unha pequena rá.

      

Puidemos tocar a súa pel húmida e esvaradía e lembrar as características principais dos anfibios, pero non puidemos observala con detemento pois era unha saltarica!!

Confiamos, Brais, en que a devolvas hoxe mesmo ao seu entorno natural. Grazas!!

EXPERIMENTO 6

Disolvemos sal en auga ata que non admita máis. Introducimos un fío que contacte coa auga. Ao cabo dun tempo o fío recúbrese de cristais de sal.

Sabedes que  cristal en grego significa xeo, auga conxelada?

 

EXPERIMENTO 5

Continuamos experimentando coa auga, neste caso observamos a evaporación e a condensación.

      

Cunha resistencia poñemos auga a ferver, podemos ver as pequenas nubes de vapor que se forman.

      

Ao poñer unha tapa enriba observamos como se forman as gotas de auga por condensación.

Lembrades o ciclo da auga?

AS BRAÑAS

Hoxe, venres 3 de maio, fixemos un percorrido polos montes e brañas de Dodro. Coas indicacións de Nando e Alberto,  técnico deportivo do Concello e garda forestal respectivamente, vimos e disfrutamos da paisaxe e da flora da nosa contorna, ademáis de aprender a coidar e respectar a natureza.

 

              

+ ANI+

Continuamos coa clasificación dos animais: vermes, moluscos, artrópodos,...

No laboratorio temos exemplos de cada grupo!

 Mirade a seguinte foto:

 

É unha nacra (pinna nobilis) o molusco bivalvo máis grande do Mediterráneo e un dos máis grandes do mundo. Mide ata un metro de altura e 30 cm. de ancho. Pode vivir entre 15 e 20 anos. Atópase enterrada entre os rizomas dunha alga e actualmente está considerada como especie protexida.

Esta podemos vela no laboratorio e, de paso, tomar conciencia da importancia de protexer o medio ambiente.

Powered by Drupal - Design by artinet