Terceiro Ciclo

CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

Esponxas, celentéreos, equinodermos,... Vaia nomes máis raros!

O mellor é velos, manipulalos, investigar sobre eles ... grazas aos recursos que temos no laboratorio podemos facer todo isto. Mirade as fotos:

 

 

 

EXPOSICIÓN

O alumnado de 5º visita a exposición EMBRAÑÉMONOS

 

Gustounos moito ver as especies animais e vexetais que hai nas brañas.

Valoramos o traballo de recolleita de información que levaron a cabo o alumnado e profesorado da ESO.

Quedamos impresionados coa grande cantidade de especies vulnerables ou en perigo de extinción e comprometémonos a coidar o noso entorno para que poidamos continuar disfrutando del e nel.

EXPERIMENTO 4

Continuamos experimentando coa auga:

Se engadimos unha capa de talco a un recipiente con auga e metemos un dedo, ao quitalo volve a  rexenerarse a mesma capa. Ah! pero se untamos o dedo con xabón e facemos o mesmo, a película de talco non volve  a cerrarse.

Explicación? Investiga e descubre...

 

 

 

Mirade as marcas que deixan os dedos untados con xabón.

EXPERIMENTOS 2 E 3

EXPERIMENTO 2:


Co alumnado de 5º experimentamos coa densidade da auga.


    


Se pretendemos disolver auga conxelada con colorante en auga dóce vemos como, a medida que se desconxela, o colorante se mestura coa auga de maneira uniforme mentras que en auga salgada o colorante sube hacia arriba formando unha capa.


EXPERIMENTO 3:


E xa que estamos, experimentamos tamén coas cores da auga.


Collemos auga limpa e cristalina tal e como sae da billa e mesturámola con diferentes colorantes que collemos no laboratorio. Mirade que efecto! Vaia gama de cores! Aínda que, para beber ou calquera outro uso preferimos a auga incolora, a que si?


  


   

IMOS AO LABORATORIO 2

Hoxe volvemos ao laboratorio.

Coa axuda de Jose e de Loli, a profe da ESO,  vimos no microscopio mostras de paramecios que son microorganismos que viven en augas estancadas. Vimos tamén paramecios conxugados, que se estaban a reproducir.

Noutros microscopios vimos mostras de algas e o balor do pan.

          

Ah! e descubrimos tamén a molécula da auga, mirade na foto:

   

 

 

A AUGA

Sabedes que este ano estamos traballando o proxecto da auga.

Despois de moito investigar elaboramos, en grupos pequenos, os mapas conceptuais sobre as características, usos da auga e formas de aforro pois a auga é un ben necesario e escaso.

      

      

      

                   Cantas cousas aprendemos!

EXPERIMENTO 1

Na aula de 5º fixemos un pequeno experimento relacionado coa auga.

Puxemos uns cubiños de xeo nun recipiente  e medimos a temperatura. Marcaba 0ºC. Engadimos un pouco sal, volvemos a medir a temperatura e comprobamos que chegou ata -11ºC.

Por que baixou tanto a temperatura?

Investiga e descubre a solución. Xa nos contarás!

                  

 

IMOS AO LABORATORIO

Os alumno/as de 5º visitamos o laboratorio.

 

e puidemos ver no microscopio as células dunha cebola e dunha folla de leituga.

Resultou moi interesante.

 

 

                                       Volveremos outro día!!

control castellano 5º de primaria

lengua castellana.-jueves día 28,(quinta sesión) habrá control del tema siete(7)

los alumn@s disponen de un guión.

ENTROIDO 2013

Vede as fotos da prepraración do entroido na aula de 5º.

Vaia piratas máis feros!! E que sereas máis lindas!!

 

 

 

 

 

                      BO ENTROIDO PARA TOD@S!!

Powered by Drupal - Design by artinet