Día NON lectivo: 27 de maio

Luns, 20 de maio, HAI CLASE

O día que escolleu o centro como non lectivo é o 27 de maio. 

 

Convite acto graduación 2º BACH

O alumnado de segundo bacharelato que vai participar no acto de graduación do venres 24 de maio de 2024 ten que entregar OBRIGATORIAMENTE na Secretaría do centro (de 9.00 h a 14.00, de luns a venres; e, luns pola tarde, de 16.30 a 18.00 h), antes do martes 21 de maio, o documento que tendes na seguinte ligazón: Convite graduación 

 

 

 

Teatropedia

O venres 12 de abril o alumnado de 1º BACH asistiu á representación da obra Teatropedia, da compañía Teatro Defondo, na Sala Ártika, na avenida de Beiramar.

Tres peculiares eruditos son os relatores do “XLV Congreso para la divulgación de la literatura española”, nesta ocasión dedicado ao teatro. Mais, sorpresivamente e por razóns económicas, teñen só unha hora para facer un percorrido pola historia do teatro español e unha breve referencia a Esquilo e á traxedia grega, e nada sairá como eles esperaban. Nunha viaxe cómica chea de situacións absurdas, o público coñecerá a obra de Lope de Vega, Calderón de la Barca, Zorrilla, Echegaray, Valle-Inclán, Lorca, Arrabal…

Ao rematar a obra, o alumnado participou activamente nun coloquio cos tres actores: Rocío Vidal, Pedro Santos e Pablo Huetos.

 

Comic Con Moaña 2024

Como xa vén sendo tradición, o alumnado do Club de Manga asistiu o venres 12 de abril a unha nova edición da Comic Con de Moaña. A vila convértese no epicentro do comic galego durante varias xornadas, organizanco un certame de referencia dentro do mundo da banda deseñada na provincida de Pontevedra.

A Comic Con supón unha cita na que se combinan profesionais e afeccionados da novena arte.

Un día inesquecible no que compartir gustos e intereses entre amigos e amigas.

Distribuir contido