Novas

Fondo solidario de libros de texto / axudas para adquirir material escolar, curso 2023/2024

 

No DOG do 19/05/2023 publicouse a ORDE do 10 de maio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que regula, para o curso 2023/24:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (en 1º e 3º ESO manteranse os libros de texto do curso 2022/23, para 2º e 4º ESO o centro adquirirá novos libros para repartir en préstamo entre o alumnado beneficiario).

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

 

O prazo de solicitudes vai do 20 de maio ata o 21 de xuño, incluído.

 

Teñen toda a información nos dous arquivos que se achegan e mais en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2023/2024

 

Publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2023/2024.

Poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente a través da aplicación “AdmisionAlumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Infórmase de que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo resultaron admitidas.

 

Enquisas Plan Estratéxico de Mellora (PEM)

Estimadas familias.

Por medio destes cuestionarios queremos coñecer a súa opinión sobre algúns aspectos relacionados co funcionamento e organización do noso centro educativo. O obxectivo é realizar o PLAN ESTRATÉXICO DE MELLORA coas achegas de toda a comunidade educativa.

Teñen que pinchar nos seguintes enlaces e cubrir as dúas enquisas. Importante:

  • O cuestionario é anónimo
  • Cada familia cubrirá so unha vez cada cuestionario, ainda que teñan máis de un fillo ou filla no Centro.

                                                                                                 

Enquisa 1 

 

Enquisa 2

 

Grazas pola súa colaboración.

 

 

 

DIPLOMA DE EXCELENCIA PARA O PROXECTO METEOESCOLAS

O proxecto MeteoEscolas, liderado polo profesor Pedro Costas, ven de recibir o diploma de Excelencia outorgado pola Subdirección Xeral de Metereoloxía e Cambio Climático, pola  excelente labor de divulgación desenvolvida durante curso 2021-2022.

 

Parabéns ao profesorado implicado este proxecto!

 

 

A continuación reproducimos o correo recibido coa nova.

 

"Estimados profesores,

 

Resúltanos moi grato enviarlles o diploma de Excelencia, conseguido polo seu centro na participación do programa MeteoEscolas 2021-2022, ó ter acadado a puntuación entre 4.5 e 5. Parabéns"

 

Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Consellería Medio Ambiente, Territorio e Vivenda 

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS CURSO 22-23

Pregamos que previamente se poñan en contacto ca persoa titora para concertar a reunión.

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

 

Achégase un documento con información sobre as eleccións ao Consello Escolar.

O 28 de outubro realizarase no instituto o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral, órgano encargado da organización e supervisión deste proceso electoral.

 

Distribuir contido