Secretaría

Bolsas do Ministerio de Educación para alumnado con necesidade de apoio educativo

Convocadas axudas para alumnado con necesidade de apoio educativo do Ministerio de Educación. Poden atopar información sobre a convocatoria no documento adxunto e na seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

PRAZOS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2021/2022

Achégase un cartaz cos prazos de matrícula para o curso 2021/2022.

As familias do novo alumnado que se incorpore ao IES As Bizocas para estudar 1º ESO deberán recoller previamente o sobre coa documentación necesaria para formalizar a matrícula a partir do venres 25 de xuño (incluído) en horario de 09:30 h a 13:30h.

Lémbrase que posteriormente para a entrega da documentación xa cuberta (entre o 25 de xuño e o 10 de xullo) deberán concertar cita previa (chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a ies.asbizocas@edu.xunta.gal).

Fondo de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar para 2021/2022

 

No DOG de hoxe, 20/05/2021,publicouse a ORDE do 6 de maio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que regula para o curso 2021/22:

 

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2020/21).

 

b) A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.

 

 

 

 

 

REQUISITOS para poder participar na convocatoria:

 

 

 

- FONDO LIBROS: Pódese solicitarcon independencia da renda per cápita, pero os libros dispoñibles repartiransepor orde inversa á renda, ata que se esgoten, garantindo:

 

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 6 libros de texto.

  • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 4 libros de texto.

 

 

 

- AXUDAS MATERIAL: Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (axuda: 50 )

 

 

 

Para calquera modalidade (fondo libros ou axudas material) é IMPRESCINDIBLE devolver os libros de texto, de ter sido beneficiario no curso 2020/21. Cando se vaia rematando este curso avisarase doprazo límite para devolvelos(agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro).

 

 

 

PRAZO de presentación de solicitudes: do 21 de maio ata o 22 de xuño.

 



 

Teñen acceso ao formulario de solicitude na aplicación informática "Fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros).

 

Presentaranse preferiblemente por vía ELECTRÓNICA, a través da sede da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B), empregando calquera mecanismo de identificación e sinatura admitido, como por exemplo: Chave365, DNI electrónico, certificado FNMT.

 

No caso de non dispoñer de ningún medio de identificación e sinatura dixital, poderase presentar a solicitude PRESENCIALMENTE no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros públicos. Para presentala presencialmente no instituto será imprescindible solicitar CITA PREVIA chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.gal

 



 

A SOLICITUDE será única para todos os/as fillos/as que estean admitidos/as no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e especificarase o nivel de estudos que se espera que realice cada un deles. Se están admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada centro educativo (e no caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a).

 



 

PARA CUBRIR A SOLICITUDE LEMBRE:

 

- O primeiro apartado, "Datos da persoa solicitante", cubrirase cos datos do pai ou danai ou da persoa representante legal, quen a asinará,e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto prestados do fondo e o material reutilizable mercados coa axuda. As autorizacións dos restantes membros da unidade familiar (excepto do proxenitor que se indicado como "solicitante"), figurarán no apartado Anexo II do formulario de solicitude.

 

 

 

- Cando a documentación se presente de xeito presencial, achegaranse as fotocopias e os respectivos orixinais, para poder verificar a súa autenticidade. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2019 (agás no caso de violencia de xénero).

 

 

 

 

 

- TODAS AS SOLICITUDES teñen que acreditar documentalmente os membros da unidade familiar a 31/12/2019 (co libro de familia e tamén coa sentenza de separación ou divorcio de ser o caso).

 

- LER o arquivo en "pdf" adxunto, que contén un resumo dos requisitos que hai que cumprir para participar nesta convocatoria e mais toda a documentación necesaria e preceptiva que hai que presentar para a tramitación.

 



 

 

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADMITIDOS/EXCLUIDOS:

 

- Fondo de libros de texto: A listaxe provisional de alumnado admitido publicarase arredor do día 9 de xullo (para a listaxe definitiva haberá que agardar ata o 15 de setembro).

 

- Vales para mercar material escolar: Porase un aviso arredor do día 9 de xullo informando da tramitación dos vales. (En todo caso, os vales entregaránselle ao alumnado beneficiario a canda os libros de texto, durante os primeiros días de clase do próximo curso).

 

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2021/22

Publícase a listaxe DEFINITIVA de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2021/2022.

 

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telemáticamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentara dese xeito).

 

Contra as listaxes definitivas, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa, posteriormente poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.

 

Este alumnado deberá formalizar a matrícula entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. Facilitarase a documentación necesaria no instituto e deberá entregala presencialmente con cita previa chamando ao 886 151 420 ou por correo electrónico a ies.asbizocas@edu.xunta.gal

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2021/22

 

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2021/2022.

 

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos, pódense consultar: presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente (a través da aplicación "admisionalumnado" identificándose previamente, se a solicitude se presentara dese xeito).

 

Poderán formularse reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

 

 

Procedemento de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2021/2022

O alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2021-2022 terá que presentar a solicitude de admisión do 1 ao 22 de marzo.

A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES en cada un dos cursos é a seguinte:

- 1º ESO: 3(+ 6NEEAE)
-
2º ESO: 0
-
3º ESO: 11
-
4º ESO: 24

 

Presentarase unha solicitude de admisión no centro no que solicite praza en primeiro lugar, empregando o formulario oficialmente establecido (Anexo II). Teñen toda a INFORMACIÓN e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Acceden así a unha aplicación na que poden cubrir a solicitude, marcar os criterios do baremo (que, chegado o caso, queiran que se valoren) e imprimir a solicitude e presentala de forma presencial no instituto ou presentala directamentepor vía electrónica a través da propia aplicación utilizando dni-e, certificado dixital ou chave365.

 

Lémbrase que co Anexo II de solicitude deberán achegar:

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (dni ou libro de familia).

- Certificado de matrícula do curso actual.

- Se é o caso, convenio regular ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.

 

Non será necesario presentar máis documentación, salvo que se opoñan á consulta automática dos datos.

No caso de que haxa que baremar avisarase (arredor do 22 de marzo) do prazo para presentar presencialmente no instituto a documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.

 

NOTAS DE INTERESE:

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Poderase renunciar a unha solicitude de admisión xa presentada únicamente ata o 20 de marzo, do contrario a solictude será vinculante e a duplicidade determinará a escolarización da/o alumna/o conforme o procedemento subsidiario.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O actual alumnado do IES As Bizocas ten garantida a súa permanencia para cursar as ensinanzas de ESO neste centro. Porén, o alumnado matriculado en 4º ESO debe presentar a solicitude de admisión no instituto da súa elección onde queira continuar os estudos.

3. O alumnado que ten reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4. As familias deben ser conscientes de que únicamente o alumnado que segundo o domicilio alegado a efectos de valoración estea na zona de influencia deste centro terá dereito ao servizo de TRANSPORTE ESCOLAR ofrecido pola Xunta de Galicia.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación  infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

OUTRA INFORMACIÓN:

- Centros adscritos: CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán.

- Servizos complementarios: transporte escolar.

RESERVA DE PRAZAS: Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva efectuadas en prazo polo alumnado dos centros adscritos, CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán, para cursar 1º ESO no noso centro durante o ano académico 2021/2022.

(Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos esta listaxe definitiva faise pública no taboleiro do instituto, onde se poderá consultar presencialmente).

Resolución do procedemento de distribución de máscaras: alumnado beneficiario

 

Dado que no prazo establecido para esta convocatoria pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade non se presentou ningunha solicitude, o alumnado que resulta beneficiario das máscaras coincide co alumnado que foi beneficiario este curso 2020/21 do vale para adquirir material escolar.

Listaxe DEFINITIVA Fondolibros-Axudas material 2020/2021

Fanse públicas as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario para estudar no IES As Bizocas o curso 2020/2021.

Estes libros serán entregados ao alumnado durante o primeiro día de clase. A listaxe poderá consultarse tanto no propio centro como a través da aplicación FONDOLIBROS, accedendo, de ser o caso, a través do menú "Cidadáns".

En canto á concesión/denegación de VALES PARA MATERIAL ESCOLAR:

Confírmase a Listaxe provisional publicada o 10 de xullo, polo que os alumnos/as para os que se indicaba "asignaranse como mínimo 6 libros" tamén son beneficiarios do vale para mercar material escolar, resultando excluídos os demais. Os vales ENTREGARÁNSELLE ao alumnado beneficiario durante os primeiros días de clase, a canda o lote de libros de préstamo que lle corresponda a cadaquén.

 

 

Distribuir contido