Secretaría

Calendario exames pendentes 2011-2012

No documento adxunto podedes consultar o calendario das probas de avaliación de materias pendentes.

Vacantes e calendario admisión

Publícanse os postos de escolarización vacantes para o curso 2012-2013, así coma o calendario do proceso. Para calquera dúbida poden contactar coa Secretaría.

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.

 


Hoxe publicouse a Orde do 22 de febreiro de 2012, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 05-03-2012).

PROCESO DE ADMISIÓN

O prazo de reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos (CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán) é do 1 ao 15 de febreiro.


O prazo de presentación das solicitudes de admisión abrangue do 1 de marzo ao 10 de abril (ámbolos dous inclusive). A solicitude, no caso de separación legal dos proxenitores, será asinada por ámbolos dous, excepto se un deles exerce a patria potestade con carácter exclusivo (o que deberá acreditarse). Poden descargar o modelo de solicitude no documento adxunto e unha vez cuberta, entregala na Secretaría no prazo establecido, por duplicado xunto cunha copia do DNI do alumno ou do libro de familia.


CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

No documento adxunto poderán descargar o calendario das probas extraordinarias do curso 2010-2011. Lémbraselles que unha vez recollidas as notas deben formalizar a matrícula e entregar os libros de texto de préstamo, e poden solicitar a axuda para a adquisición de libros, se cumpren os requisitos.

INFORMACIÓN LIBROS DE TEXTO PLURILINGÜISMO 2 º E 4º ESO

No documento adxunto pódese consultar toda a información relativa ás axudas para a adquisición de libros de texto que non entran no programa de préstamo. Atoparán unha copia da solicitude na sección de documentos.

LIBROS DE TEXTO 1º E 3º ESO

No documento adxunto atoparán toda a información sobre a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto. O modelo de solicitude pódese descargar na sección de documentos. A listaxe de libros de texto para o curso 2011-2012 será publicada nos vindeiros días.

ENTREGA DE NOTAS 2010-2011

Entrega de notas: martes, 28 de xuño de 10.30 a 11.00. Como é habitual, non haberá transporte escolar.


Reclamacións ás cualificacións: martes 28 de 11.00 a 13.00 e mércores 29 de 10.00 a 12.00.

Distribuir contido