Skip to Content

MATEMÁTICAS PENDENTES

MATEMÁTICAS PENDENTES

CURSO 2023-2024

 

Para o alumnado de 2º, 3º e 4º da E.S.O. coas matemáticas pendentes do curso anterior

Farase o control da materia pendente do seguinte xeito:

  • O departamento proporá unha colección de exercicios de repaso da materia pendente, para que  o alumnado traballe os contidos mínimos esixibles co fin de acadar os obxectivos de cada nivel. Os boletíns poderanse atopar na conserxería ou descargar os ficheiros da páxina web do instituto ou AULA VIRTUAL, entrando como convidados.
  • No caso de que o alumnado supere as dúas primeiras avaliacións do curso actual, terá recuperada a materia ou materias dos cursos anteriores.
  • O alumnado que non supere as dúas primeiras avaliacións do curso actual, realizará un exame na data oficial de pendentes de maio ou xuño (proposta polo EQUIPO DIRECTIVO).

Para o alumnado de 2º de BACHARELATO coas matemáticas pendentes do curso anterior

 

O alumnado de 2º de bacharelato coa materia pendente terá unha proba do curso completo en xaneiro, no caso de suspendela realizará un exame na data oficial de pendentes de maio (proposta polo EQUIPO DIRECTIVO). En caso de non superalo na convocatoria ordinaria, terá que acudir á convocatoria extraordinaria, proposta tamén polo EQUIPO DIRECTIVO.

Data da proba:

XOVES 18 DE XANEIRO DE 2024

DE 12:15 A 13:55

Desdobre 1 edificio bacharelato

 DATA ORDINARIA :LUNS 15 DE ABRIL DE 2024

DE 16:00 A 17:30 (AULA DE BACHARELATO)

DATA EXTRAORDINARIA :LUNS 3 DE XUÑO DE 2024

DE 11:25 A 13:05 (SALÓN DE ACTOS)

 

Contador de visitas



book | by Dr. Radut