Skip to Content

Novas

Calendario 2º Bacharelato

Iconos animados de Calendario | Iconos animados de hora y fecha gratis

Becas para alumnado con NEAE

Becas

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído

Gifs Animados De Oficina Para Correos ElectrónicosXa se poden consultar no taboleiro de Secretaría, a partir de hoxe 25 de abril, as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido para cada curso por orde da puntuación total obtida. O prazo de reclamación de puntuacións é de 5 días hábiles dende o seguinte á súa publicación.

As persoas solicitantes que conten cun certificado dixital ou chave365 poderán consultar as listaxes correspondentes á súa solicitude ou solicitudes a través da aplicación admisionalumado

III FEIRA PORTUGALEGA

 

No ano en que Portugal conmemora os 50 anos da Revolução de Abril em Portugal, na Galiza celebramos a III Feira Portugalega. Como en edicións anteriores, as actividades, que son organizadas por alumnado do IES Castro Alobre, desenvolveranse no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa durante a tarde do 25 de abril.

Music Sticker - Music Stickers

A Intelixencia Artificial e a poesía galega e portuguesa abrirán a Feira, ás 16:00, cun obradoiro no que Miguel Rodríguez e Hugo Costa de “MH Producindo”, alumnos de Bacharelato e creadores do exitoso Rosal.ia, explicarán as posibilidades de combinar textos literarios coa música máis actual a través da IA. A continuación, comezará o Obradoiro de Cociña Portuguesa, no que se elaborarán dúas sobremesas que no fin se poderán degustar, e o esperado Torneo de FIFA con países da Lusofonía.

 

En simultáneo, os/as asistentes tamén poderán percorrer o espazo vendo a Exposición “Irmandade Portugalega” resultante do I Concurso “Somos Lusofonía” e non podía faltar, como en anos anteriores, un espazo dedicado á lingua co curso express: Como sobrevivir no Brasil? Como novidade, este ano contaremos cun representante da “Associação de Docentes de Português na Galiza”. 

Todo isto estará acompañado de música, arte, xogo, moita diversión e camaradagem e teremos un fin de festa moi especial, os Mozos de Arousa Moza farán un Reacción en Cadena á portuguesa. Iremos anunciando os participantes!

 Información completa: @galegocastroalobre  (Instagram)

  Animádevos a participar!!!

 

 

 

 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O punto laranxa funciona como un buzón para que o alumnado poida comunicar de xeito anónimo uha situación acoso ou ciberacoso que sufra el ou ela ou que observa que lle pasa a outras persoas.

O buzón laranxa está dispoñible fisicamente no centro educativo nas escaleiras baixando a administración e de forma virtual na páxina web do centro.

A túa comunicación será tratada de forma confidencial e rápida.

 

Becas y ayudas

CEIP RAIMUNDO DE BLAS SAZ

Información para as familias sobre EDIXGAL e o proxecto ABALAR

Aquí podedes consultar toda a información (premendo sobor a imaxe) acerca do proxecto ABALAR, EDIXGAL (Educación Dixital Innovadora), así como información sobre a posibilidade, si así o desexa, de contratar un seguro opcional para o portátil do seu fillo/a (teléfono de contacto para a contratación do seguro 881 505 136)

DATAS DE MATRÍCULA E IMPRESOS PARA O CURSO 2023-2024

PRAZOS DE MATRÍCULA


Do 23 de xuño ao 7 de xullo. 


As datas preferentes para cada curso serán as seguintes:

 

DATA PREFERENTE CURSO ESPECIFICACIÓNS
23 XUÑO 2º ESO  
26 XUÑO 4º ESO  
27 XUÑO 3º ESO  
28 XUÑO 1º ESO A LOMBA-ANEXO A LOMBA
29 XUÑO 1º ESO AREALONGA/ADMISIÓN
30 XUÑO 2º BACHARELATO  
3 XULLO 2º BACHARELATO  
4 XULLO 1º BACHARELATO ALUMNADO PROPIO
5 XULLO 1º BACHARELATO ALUMNADO PROPIO
6 XULLO 1º BACHARELATO SAN FRANCISCO/ADMISIÓN
7 XULLO RESTO ALUMNADO  

 

IMPRESOS DE MATRÍCULA

Os impresos de matrícula teñen toda a información necesaria e na súa segunda folla teñen tamén a documentación que se debe achegar o día de facer a inscrición.

Estes impresos pódense descargar desde aquí:

 

 

 

IMPRESOS DE MATRÍCULA CURSO 2023/24

 

Impreso matrícula 1º ESO Impreso matrícula 2º ESO Impreso matrícula 3º ESO
Impreso matrícula 4º ESO Impreso matrícula 1º BACH Impreso matrícula 2º Bach

 

 

Admisión formación profesional GM e GS


 


ADMISIÓN FORMACIÓN PROFESIONAL GM E GS de Cristina Rubio de Blas

 

BeClean


Mariña, Virginia, Carla e Antía embarcáronse nun proxecto chamado Technovation Girls. Coa axuda da sua mentora traballaron moi duro e consiguieron crear os principios dunha gran App, BeClean. O sábado 20 de maio foron  presentar a súa App á Universidade Carlos III de Madrid. A súa idea foi crear unha App que lles ensine aos nenos máis pequenos a reciclar dunha forma divertida, xogando. En Madrid so podían elexir a cinco equipos dos corenta e cuatro presentes e, para a súa sorpresa, elas quedaron de terceiras. ¡Desexámoslles moita sorte nesta seguinte fase!

 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut