Skip to Content

Historia

HISTORIA DO CENTRO

00/00/
Array

 

O noso centro que agora leva o nome do “IES Castro Alobre“ empezou a camiñar no ano 1952/53  co nome de Centro de Ensino medio e profesional ”Calvo Sotelo”. O longo deste tempo, os seus muros foron testemuñas mudas dos cambios sociopolíticos da sociedade e consecuentemente do sistema educativo. Tamén do paso de moitas xeracións de profesores /as, alumnos/as e persoal non docente.

Curso 1952/53: Neste primeiro curso matriculáronse 94 alumnos en 1º de bacharelato laboral elemental. Esta titulación constaba de 5 cursos, que foron aparecendo nos anos sucesivos.

Curso 1959/60: Iníciase o Bacharelato laboral superior que constaba de dous cursos.

Curso 1966/67: Os estudios que se realizaban no centro cambian de denominación e pasan a ser Bacharelato Técnico Elemental e  Superior (seguen sendo 5 cursos no elemental e 2 no superior.)

Curso 1967/68 : Aparecen por 1º vez alumnas. Matricúlanse en 1º de Bacharelato Elemental 14 alumnas, por este motivo aparece a materia Fogar . Tamén aparece neste momento o Ensino libre con 2 alumnos en 1º,  1 en 2º, 1 en 3º e 1 en 4º.

Curso 1968/69: Aparece o Bacharelato Elemental Unificado, e impártese tamén “Curso de adaptación para o Acceso o bacharelato técnico Elemental a Escolas técnicas de grao medio.

Curso 1970-71: O centro pasa a chamarse Instituto Técnico de Ensino Medio “Calvo Sotelo. Desaparecen os primeiros cursos de bacharelato elemental.

 Curso 1971-72: Aparece por primeira vez un grupo mixto; un 5º de letras.

Curso 1975-76: No  curso 75-76 aparece 1º de BUP e  o instituto volve a cambiar o nome por Instituto  Nacional de Bacharelato “Calvo Sotelo”.

Curso 1976-77: Desaparece bacharelato na súa anterior modalidade e impártese por 1º vez 2º de BUP.

 Curso1983-84: Acádase a maior matrícula con 255 alumnos /as.

Curso 2000/01: Dáse paso ao novo Bacharelato LOXSE.

Edificio Bacharelato

Nel atopanse os grupos de bacharelato e o Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de Enfermeria.

Edificio Bacharelato

Edificio Principal

Foi construido fai máis de 50 anos, aloxa os grupos da ESO , oficinas e os despachos.

Edificio Principal
Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut