Skip to Content

Filosofía

PRESENTACIÓN

01/12/2009 20:00
Europe/Madrid

PENSAR

ESTE DEPARTAMENTO, NO CURSO 2022-2023, ESTÁ FORMADO POR :

                Adela Elsa Díaz Gándara (Xefa de departamento)

                Carlos Merino García

Damos a benvida e desexamos que participedes connosco:

A PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO NO CURSO 2022-2023 PODÉDELA ATOPAR PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE: FILOSOFÍA

Visita aos xulgados de Vilagarcía

06/04/2022 21:44
Europe/Madrid

O alumnado de Ética e Filosofía do Dereito visita os xulgados de Vilagarcía

 

 

 

O alumnado de Ética e filosofía do dereito puido coñecer de primeira man o funcionamento do noso sistema xudicial nos xulgados de Vilgarcía, presenciando varias vistas xudiciais e incluso facendo preguntas a propia xuíza, que nos atendeu con moita amabilidade. Todo isto no marco do programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do Poder Xudicial. 

 

https://twitter.com/TSXGalicia/status/1511686614145286147?t=SeZEJAkR3-YSdwmcMKo2jQ&s=08

ENLACE PARA VOTAR NA I OLIMPIADA DE FILOSOFIA.

 

ENLACE PARA VOTAR NA I OLIMPIADA DE FILOSOFIA.

O NOSO CENTRO PARTICIPA NOS SEGUINTES APARTADOS:

 

- CURTA DE VIDEO (Opción 23 e 24)

        - Opción 23 "Seriedade" de Paula Balsa e Sandra Paulos.
        - Opción 24 "Son" de Paula Vidal.

- COMPOSICIÓN FOTOGRÁFICA (Opción 35,36,37,38,39,40,41)
        - Opción 35 Alba Nogueira.
        - Opción 36 e 37 Paula Ramos e Laura Vázquez.
        - Opción 38 Pablo Chorén
        - Opción 39 Pablo González.
        - Opción 40 Alejandro Casal.
        - Opción 41 Amanda Hermida.
 
 
Como xa vos indicamos, rematou o prazo de entrega das obras para a primeira Olimpíada Filosófica, chega agora o momento da votación.
Deixovos aquí o enlace a tres cuestionarios un por cada modalidade, banda deseñada, curta de vídeo e composición fotográfica. Tedes que pinchar en cada un deles, e aí veredes todas as obras de cada modalidade, ao comezo do cuestionario tedes todas as opcións, e ao final do cuestionario un cadro para xustificar a vosa resposta. Nalguns dos cuestionarios non todas as obras están visibles, algunhas tédelas que ver pinchando nun enlace que vos levara á obra, xa volo vou indicando no comentario.
Lembrade que tedes, que votar a unha obra de cada modalidade e xustificar a vosa resposta, non podedes votar ao voso centro de ensino.
Deixovos os criterios de avaliación, tamén os podedes consultar na web: olimpiadafilogalicia.tk ( no apartado: XURADO)
 
  1. O xurado tomará a súa decisión atendendo aos seguintes criterios:

    - Coherencia entre o vídeo e o texto proposto

    - Riqueza simbólica dos elementos que compoñen a obra

    - Orixinalidade e profundidade da proposta e enfoque

    - A capacidade de provocar sensacións, emocións e suxerir reflexións

    - Calidade técnica e estética

 
Tedes de prazo até o domingo 18 emitir o voso voto!



​​

​​

     

EFiD: VISITA XUZGADOS

 


                                                  VISITA ÓS XUZGADOS


O dia 20 de Marzo  o grupo de Ética e Filosofia do Dereito , complementando as ensinanzas académicas levou a cabo unha visita aos xuzgados de Vilagarcía de Arousa.


Trala presentación inicial por parte do Secretario do Xuzgado , pasounos á  sala de vistas onde nos   fixo unha introducción xeral  ao funcionamento da xustiza representada alí por: unha xuíza, a fiscal e el mesmo.  Ademáis explicounos que alí  se atenden non só asuntos civís senón tamén  penais.


A continuación presenciamos dous xuízos de faltas. O primeiro  deles se trataba de dous cidadáns  dos que ún denuncia por agresión que se deu debido ás  inxurias que se propiciaban entre ambos. Na súa declaración o acusado admitiu os feitos.  O denuciante non pediu unha indemnización polos danos pero a fiscal solicitou impoñer unha multa de cinco euros diarios durante un mes, des pois de preguntarlle polos seus ingresos( xa que iso inflúe na cantidade solicitada). Ese diñeiro é para o Estado como pagamento  pola mala conducta. Ao rematar firmaron un acta. Como anécdota hai que decir que posteriormente foron vistos xuntos por unha compañeira do grupo.


No segundo caso presentáronse, un pai  co seu fillo menor  que denunci a ao seu veciño pola mordedura ao menor do can deste. O denunciante afirmou que ese can xa atacara a un membro desta familia. O acusado recoñeceu os feitos. O demandante só reclamou os gastos médicos. A fiscal pregunta ao acusado a súa situacion laboral e impuxo a mesma multa que no primeiro  caso ao estar o acusado desempregado.


Despois dos  xuizos, no coloquio, en relación con aspectos morais afirmaban, os membros do tribunal,  a súa imparcialidade porque só aplican a lei,aínda que si recoñeceron que un día malo pode influir algo . Insistironnos moito de que  a xustiza non pode solucionar problemas morais, soamente aplicanse  penas en función das leis aprobadas no Congreso e é o último recurso ao que se pode acudir.


Nos explicaron en que consistía a carreira de Dereito, que non é só chapatoria, que é máis práctica do que a xente se imaxina. Animáronnos a facela por que din que ten moitas saídas profesionais. Admiten que o traballo non se fai monótono debido a diversidade de persoas que acuden cada día aos xuzgados.


Antes de recurrir a xustiza é mellor chegar a un acordo ou mediar, pola incomodidade dun xuizo e a lentitude da xustiza interrumpida por casos , que segundo consideraban os membros do tribunal, non resolven nada importante.


 Nos xuzgados de Vilagarcía  non hai confrontacións fisicas ou verbais entre as partes ou as autoridades. A pesares desto a fiscal contounos casos que vivira en outras cidades que a asustaron.


David: Foi unha visita interesante e produtiva, xa que pola miña parte e pola de todo o grupo aprendemos como se desenvolve por dentro un xuizo e o que hai nos xulgados.A  idea que tiña eu dos xuíces antes de ir á visita era moi distinta a cando fun,vin doutra maneira xa que as persoas que traballan alí son moito mais amables do que esperaba,eu pensaba que o xuiz era un home/muller maoir e en cambio era unha muller xoven.Por otra banda tamén aprendín como se desenvolve un xuizo,estos coñecementos son cultura xeral , e pódense adaptar a calquera ámbito da vida diaria .En conclusión gustoume moito a visita ,e gustariame volver.


Laura: Visitar os xulgados enriqueceume persoalmente ademáis de aprender dende un punto de vista diferente o que significan as leis e a forma de xulgar . A maioria dos que fomos, nun principio criamos que acusar a alguén non poderia ocasionarche ningunha consecuencia  pero tras a visita sabemos que a xustiza é moito mais complexa que unha seria de denuncias e castigos, cando entras nos xulgados sexa como acusado ou como denunciante estás exposto ante calquera  castigo posible. En canto ás persoas que nos atenderon foron máis que amables, contenstaronnos con moito detalle todas as nosas dudas ademáis de facernos unha breve introduccion  explicando o que alí se facía e o que significaba a grandes rasgos a “xustiza”. Sen duda repetiría a experiencia



Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut