Skip to Content

Visitas didácticas

Visita aos xulgados de Vilagarcía

06/04/2022 21:44
Europe/Madrid

O alumnado de Ética e Filosofía do Dereito visita os xulgados de Vilagarcía

 

 

 

O alumnado de Ética e filosofía do dereito puido coñecer de primeira man o funcionamento do noso sistema xudicial nos xulgados de Vilgarcía, presenciando varias vistas xudiciais e incluso facendo preguntas a propia xuíza, que nos atendeu con moita amabilidade. Todo isto no marco do programa Educar en Xustiza que promove o Consello Xeral do Poder Xudicial. 

 

https://twitter.com/TSXGalicia/status/1511686614145286147?t=SeZEJAkR3-YSdwmcMKo2jQ&s=08

Ruta de sendeirismo 3º ESO

Actividade enmarcada dentro do contrato-programa de innovación educativa Edu saúde.
De novo saímos de ruta, esta vez co alumnado de 3º de ESO. A ruta elixida foi o Camiño Portugués no tramo: Valga Padrón. Tivemos un día magnífico con algo de frío ao principio, pero grazas ao bo ritmo que levamos pasóusenos rapidamente.
Tod@s quedamos con ganas de seguir até Santiago, Cando imos?....

VISITA A FUNDICIONES REY (VILAGARCÍA DE AROUSA)

18/01/2019
Europe/Madrid

Os alumnos/as de,  2º de bacharelato, das materias Tecnoloxía industrial II e Electrotécnia, realizaron unha visita,  o 18 de decembro, ás instalacións da empresa vilagarciá, Fundiciones Rey.

 

   

 E como non todo é traballar...para rematar a visita, un xantar de confraternización! 

 

Así son as novas xeracións de tecnólogos!

 

Saída didáctica AIMEN

O alumnado de Tecnoloxía Industrial I e II visitou o día 20 de Febreiro o centro de Innovación e Tecnoloxía aimen. Este centro está altamente especializado no campo dos materiais e as tecnoloxías de fabricación avanzada.

Visita a potabilizadora e depuradora

O alumnado de 1º eso visitou os días 23, 24 e 25 de xaneiro a  potabilizadora e depuradora de augas de Vilagarcía. Nesta visita se lles ensinou como se prepara a auga para o consumo da poboación e como se trata despois para devolvela ao medio.

Preme na imaxe se queres ver máis fotos da visita

Visita a ENDESA

O martes 15 de Novembro o alumnado de 1º e 2º Bach de Tecnoloxía Industrial I, II e Electrotecnia visitou as centrais térmica e de ciclo combinado de Endesa. Na visita organizada polo Departamento de Tecnoloxía, os/as alumnos/as puideron apreciar os elementos máis importantes da central: o parque de carbóns, as turbinas, as torres de refrixeración, a sala de control…, así como as vantaxes do modelo de coxeneración. Así mesmo, visitaron o Lago de As Pontes, onde viron unha antiga rotopala excavadora  e puideron comprobar a recuperación ambiental, tanto do lago como da escombreira.Como remate da visita, a teniente alcalde do concello de As Pontes recibiu e agasallou o noso alumnado na sala de plenos do concello, dándolles a benvida, explicándolles o proxeto de turismo industrial e cultural de As Pontes e convidándoos a volver próximamente.

Lugo: entre os contos de terror e a Galicia imperial

 

 

Os departamentos de Lingua Galega e Ciencias Sociais organizaron unha saída a Lugo para todos os alumnos de 1º de ESO. Como somos tantos, tivemos que repartirnos: os de B, C e D irán o martes 21 de abril, pero os de A, E e F xa nos adiantamos unha semana!

Pola mañá estivemos na cidade e dividímonos en dous grupos: mentres un ía ao Museo, o outro visitaba a cidade. Vimos a catedral e o máis importante da parte vella, pero o máis interesante foi o paseo pola Muralla Romana... aínda que non todos foron capaces de percorrela completa! No Museo, organizáronnos unha competición de preguntas sobre o libro de medo que lemos no segundo trimestre, así que tivemos que percorrer unha chea de salas nós sós. E ata houbo premio para o grupo gañador! Alí había de todo: cadros, restos castrexos, un descomunal mosaico romano, moedas, unha cociña tradicional... Menos mal que non nos saíu ningún dos espectros nin asasinos do libro, a pesar de que algúns puidemos entrar en zonas prohibidas.

Á tarde, despois de comer e descansar as pernas da camiñada pola Muralla, o autobús levounos ao castro de Viladonga, onde nos puxeron un vídeo breve e despois nos levaron a unha visita guiada polos restos arqueolóxicos escavados. Subimos ao alto dos muros defensivos e andamos entre as vivendas do recinto fortificado. Ah, e tamén tivemos que facer outro caderniño no centro de interpretación para levarlle á profe de Sociais.

 

Roteiro Castelao (4º ESO)

O xoves 9 de abril, os alumnos de 4º ESO enchemos un autobús para pasar a mañá en Pontevedra.  Primeiramente, o guía Roberto cansounos ben cun paseo dunha hora por toda a parte vella da cidade. Con moitas anécdotas polo medio, foinos indicando os lugares da cidade relacionados con Castelao. Ademais foi facendo un percorrido polas diferentes etapas históricas da urbe. Así, puidemos imaxinar os canteiros martelando incansablemente na praza da Pedreira, daquela cando as rúas estaban estruturadas de maneira gremial. Por suposto, tamén pasamos por onde comerciaban coa leña, coa verdura, etc. Recordounos tamén a vella pegada mariñeira, que deixou marabillas como a igrexa de Santa María, a importancia comercial do viño do Ribeiro, a historia de varios monumentos… En fin, xa sabemos un pouco máis da cidade.

A continuación, fomos ao Museo (enorme, por certo), onde visitamos a sala de Castelao e estivemos cubrindo unha ficha que nos obrigou a fixarnos moito en toda a obra exposta (pintura, gravado…), revistas en que participou, etc . Finalmente puidemos contrastar as nosas respostas coas guías, que foron moi amables e colaborativas.
 

ROBÓTICA EDUCATIVA

Visita do alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato organizada polo Departamento de Tecnoloxía a Facultade de TELECO en Vigo. Na visita o alumnado de Tecnoloxía e Tecnoloxía Industrial I realizou diversas prácticas con robots.

Se queres ver mais imaxes da visita acude a Galería.

 

 

Visita a os Xuzgados de Vilagarcía

17/04/2013 00:14
Etc/GMT+1

O dia 20 de Marzo o grupo de Ética e Filosofia do Dereito , complementando as ensinanzas académicas levou a cabo unha visita aos xuzgados de Vilagarcía de Arousa.

Trala presentación inicial por parte do Secretario do Xuzgado , pasounos á sala de vistas onde nos fixo unha introducción xeral ao funcionamento da xustiza representada alí por: unha xuíza, a fiscal e el mesmo. Ademáis explicounos que alí se atenden non só asuntos civís senón tamén penais.

A continuación presenciamos dous xuízos de faltas. O primeiro deles se trataba de dous cidadáns dos que ún denuncia por agresión que se deu debido ás inxurias que se propiciaban entre ambos. Na súa declaración o acusado admitiu os feitos. O denuciante non pediu unha indemnización polos danos pero a fiscal solicitou impoñer unha multa de cinco euros diarios durante un mes, des pois de preguntarlle polos seus ingresos( xa que iso inflúe na cantidade solicitada). Ese diñeiro é para o Estado como pagamento pola mala conducta. Ao rematar firmaron un acta. Como anécdota hai que decir que posteriormente foron vistos xuntos por unha compañeira do grupo.

No segundo caso presentáronse, un pai co seu fillo menor que denuncia ao seu veciño pola mordedura ao menor do can deste. O denunciante afirmou que ese can xa atacara a un membro desta familia. O acusado recoñeceu os feitos. O demandante só reclamou os gastos médicos. A fiscal pregunta ao acusado a súa situacion laboral e impuxo a mesma multa que no primeiro caso ao estar o acusado desempregado.


Despois dos xuizos, no coloquio, en relación con aspectos morais afirmaban, os membros do tribunal, a súa imparcialidade porque só aplican a lei,aínda que si recoñeceron que un día malo pode influir algo . Insistironnos moito de que a xustiza non pode solucionar problemas morais, soamente aplicanse penas en función das leis aprobadas no Congreso e é o último recurso ao que se pode acudir.

Nos explicaron en que consistía a carreira de Dereito, que non é só chapatoria, que é máis práctica do que a xente se imaxina. Animáronnos a facela por que din que ten moitas saídas profesionais. Admiten que o traballo non se fai monótono debido a diversidade de persoas que acuden cada día aos xuzgados.

Antes de recurrir a xustiza é mellor chegar a un acordo ou mediar, pola incomodidade dun xuizo e a lentitude da xustiza interrumpida por casos , que segundo consideraban os membros do tribunal, non resolven nada importante.

Nos xuzgados de Vilagarcía non hai confrontacións fisicas ou verbais entre as partes ou as autoridades. A pesares desto a fiscal contounos casos que vivira en outras cidades que a asustaron.

David: Foi unha visita interesante e produtiva, xa que pola miña parte e pola de todo o grupo aprendemos como se desenvolve por dentro un xuizo e o que hai nos xulgados.A idea que tiña eu dos xuíces antes de ir á visita era moi distinta a cando fun,vin doutra maneira xa que as persoas que traballan alí son moito mais amables do que esperaba,eu pensaba que o xuiz era un home/muller maoir e en cambio era unha muller xoven.Por otra banda tamén aprendín como se desenvolve un xuizo,estos coñecementos son cultura xeral , e pódense adaptar a calquera ámbito da vida diaria .En conclusión gustoume moito a visita ,e gustariame volver.

Laura: Visitar os xulgados enriqueceume persoalmente ademáis de aprender dende un punto de vista diferente o que significan as leis e a forma de xulgar . A maioria dos que fomos, nun principio criamos que acusar a alguén non poderia ocasionarche ningunha consecuencia pero tras a visita sabemos que a xustiza é moito mais complexa que unha seria de denuncias e castigos, cando entras nos xulgados sexa como acusado ou como denunciante estás exposto ante calquera castigo posible. En canto ás persoas que nos atenderon foron máis que amables, contenstaronnos con moito detalle todas as nosas dudas ademáis de facernos unha breve introduccion explicando o que alí se facía e o que significaba a grandes rasgos a “xustiza”. Sen duda repetiría a experiencia.


Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut