Skip to Content

Roteiro Castelao (4º ESO)

O xoves 9 de abril, os alumnos de 4º ESO enchemos un autobús para pasar a mañá en Pontevedra.  Primeiramente, o guía Roberto cansounos ben cun paseo dunha hora por toda a parte vella da cidade. Con moitas anécdotas polo medio, foinos indicando os lugares da cidade relacionados con Castelao. Ademais foi facendo un percorrido polas diferentes etapas históricas da urbe. Así, puidemos imaxinar os canteiros martelando incansablemente na praza da Pedreira, daquela cando as rúas estaban estruturadas de maneira gremial. Por suposto, tamén pasamos por onde comerciaban coa leña, coa verdura, etc. Recordounos tamén a vella pegada mariñeira, que deixou marabillas como a igrexa de Santa María, a importancia comercial do viño do Ribeiro, a historia de varios monumentos… En fin, xa sabemos un pouco máis da cidade.

A continuación, fomos ao Museo (enorme, por certo), onde visitamos a sala de Castelao e estivemos cubrindo unha ficha que nos obrigou a fixarnos moito en toda a obra exposta (pintura, gravado…), revistas en que participou, etc . Finalmente puidemos contrastar as nosas respostas coas guías, que foron moi amables e colaborativas.
 

Contador de visitas



page | by Dr. Radut