Skip to Content

Charlas

ENCONTROS DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA

 

 

Outro ano máis, os "Encontros de centros para unha convivencia positiva" resultaron unha magnífica e enriquecedora experiencia. Aprendizaxes, postas en común, reflexións, xogos, vivencias e con-+vivencias. 

Alí, reencontrámonos cunha persoa moi querida no Castro Alobre, Carme Moure.  

Grazas Marín e grazas IES Mestre Landín pola acollida e pola organización.

#unmarderedes

 

              

 

                        

 

 

         

V Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva

Un ano máis, o IES Castro Alobre participa nos  Encontros de Centros para unha Convivencia Positiva. E xa van cinco edicións. Serán no IES Carlos Casares, en Viana do Bolo,  os días 2 e 3 de xuño. Participará alumnado de 2º ESO e será acompañado por Sira Vidal e Carme Moure.

III ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA NO IES CASTRO ALOBRE

 

EXITOSO III ENCONTRO DE CENTROS PARA UNHA CONVIVENCIA POSITIVA NO IES CASTRO ALOBRE

A pasada fin de semana, venres 17 e sábado 18 de abril, tivo lugar no noso centro o III Encontro de Centros para unha Convivencia Positiva, que este ano se centrou na COEDUCACIÓN. Nel participaron máis de 20 centros de ensino de toda Galicia. Entre alumnado, profesorado e familias, foron 160 persoas as que pasaron polo noso centro para asistir a obradoiros, charlas ou dinámicas como un Open Space ou un World Café.

Gustarianos agradecer ao alumnado mediador, ao profesorado do grupo de convivencia, ao persoal non docente e ao equipo directivo todo o traballo desenvolvido para a realización deste III Encontro. Sen o seu apoio e colaboración, non se tería acadado o éxito recoñecido polos centros asistentes.

Pincha sobre a foto para acceder á galería de imaxes


 

 


 

III Encontro para unha Convivencia Positiva

III Encontro para unha Convivencia Positiva

III Encontro para unha Convivencia Positiva

CHARLA

II Encontros de centros para unha convivencia positiva

 

 

 

 

O noso centro educativo vai participar no "II Encontro de centros para unha convivencia positiva" co programa indicado nos carteis adxuntos. A actividade vai ter lugar o xoves 24 e o venres 25 de abril.

 

 

 

A iniciativa foi organizada polos IES Antonio Fraguas (Santiago de Compostela), Xulián Magariños (Negreira) e Fin do Camiño (Fisterra); e conta tamén coa participación dos IES Carlos Casares (Viana do Bolo), de Brión, Fontexería (Muros), Pobra do Caramiñal, Isidro Parga Pondal (Carballo), Elviña (A Coruña), Nº 1 (Ribeira), Castro Alobre (Vilagarcía), de Rodeira (Cangas de Morrazo), Mestre Landín (Marín), Maximino Romero de Lema (Zas), Fragas do Eume (Pontedeume), Neira Vilas (Oleiros), Leliadoura (Ribeira), Alfonso X O Sabio (Cambre) e do Centro Residencial Docente da Coruña.

Xornadas de convivencia

Facendo clic na imaxe, pódese acceder a noticia publicada na prensa sobre as Xornadas de mediación, celebradas o 9/4/14, na sala de conferencias do Auditorio Municipal de Vilagarcía, nas que participaron o equipo de mediación do IES Castro Alobre, así como educadores doutros centros do municipio.

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut