Skip to Content

Bacharelato

ALTERNATIVAS AO FINALIZAR O BACHARELATO 2021

Rematar o Bacharelato, con éxito ou sen el, supón tomar decisións sobre o teu futuro académico e profesional, decisións complexas que requiren ter ao teu alcance a información necesaria sobre as diferentes alternativas, para atopar aquela que se axuste máis ás túas características persoais, necesidades, intereses, preferencias,....

 

Presentámosche unha breve guía co obxecto de facilitarche esa información. Podes visualizada premendo na imaxe ou descargando o arquivo. Presta atención!!!

 

 

 

 

 

 

 

Tamén podedes empregar o Buscador de La Voz de Galicia para descubrir o que podedes cursar ó rematar Bacharelato.

 

INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS ABAU 2021

 

Na ligazón da CIUG podedes acceder a toda a información sobre as ABAU.

 

- DATAS

Convocatorias:

  • Ordinaria: 8-9-10 xuño
  • Extraordinaria: 13-14-15 xullo

 

- CALENDARIO COMPLETO

 

PROTOCOLO PARA A REALIZACIÓN DAS ABAU NO 2021 

 

Polo que, dende o Departamento de Orientación achegamos esta información de interese para o alumnado de 2º de Bacharelato e conforme a CIUG vaia publicando nova información irase publicando nesta web.

 

Tamén é do voso interese o apartado preguntas frecuentes sobre a ABAU, a táboa de ponderacións da parte voluntaria do curso 2021, os modelos de exame para a ABAU 2021 e o vídeo que a CIUG vén de publicar sobre o desenvolvemento das probas:

 

 

 

 

Información para o alumnado de 1º de Bacharelato

Estas a piques de rematar 1º de Baharelato e  poida que che xurdan dúbidas sobre as materias de 2º e sobre o proceso de matrícula que se realizará en prazo ordinario entre o 1 e o 10 de xullo e en prazo extraordinario entre o 1 e 10 de setembro.

 

Desde o Departamento de Orientación queremos ofrecerche a nosa colaboración, e para iso elaboramos unha breve guía para recordarche as materias, modalidades e itinerarios de 2º de Bach.

Inda que a situación que estamos a vivir sexa atípica, non dubides en solicitar o noso apoio e asesoramento.

 

Podes acceder á información premendo AQUÍ ou descargando o arquivo

NOVIDADE instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021.

Novas instrucións relativas á avaliación do Bacharlato para o acceso á universidade (ABAU)

DATA:  posponse a data de celebración das mesmas e establécese a data mínima e máxima de realización daquelas, e na convocatoria extraordinaria establécese que a data límite de finalización das probas será no mes de setembro.

 

CARACTERÍSTICAS DAS PROBAS

- Realizarase unha proba por cada unha das materias obxecto de avaliación.

- O exercicio de cada materia será único e determinado por sorteo público pola CiUG a partir de, cando menos, 4 propostas presentadas por cada director ou directora do grupo de traballo da materia correspondente. Non haberá anulación da proba como primeira resolución, senón suspensión e/ou aprazamento dun determinado exercicio, sempre que se dea o caso.

- En cada proba, o alumnado dispoñerá dunha única proposta de exame con varias preguntas. 

-Na elaboración da proba terase en conta que o número de preguntas que deba desenvolver o alumno ou alumna se adapte ao tempo máximo de realización da proba, incluíndo o tempo de lectura desta. O alumno ou alumna terá que responder, á súa elección, a un número de preguntas determinado previamente. O citado número de preguntas fixarase de forma que permita a todos os alumnos alcanzar a máxima puntuación na proba, con independencia das circunstancias nas que este puidese ter acceso ao ensino e a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva presencial. Para realizar o número máximo de preguntas fixado todas as preguntas deberán ser susceptibles de ser elixidas.

 

-  En cada unha das probas procurarase considerar polo menos un elemento curricular de cada un dos bloques de contido, ou agrupacións destes, que figuran na matriz de especificacións da materia correspondente. Polo menos o 70 % da cualificación de cada proba deberá obterse avaliando estándares de aprendizaxe seleccionados entre os definidos na matriz de especificacións da materia correspondente.

 

ACTUALIZACIÓN PROBAS ABAU

Podes consultar todas as actualizacións das ABAU na ligazón da CIUG, onde están actualizando continuamente a información sobre as "particulares" probas de este curso.

Non perdades nin un detalle e estade sempre pendentes das novidades

Acaban de publicar os modelos de exame, para velos preme AQUÍ

E se precisas contactar co Departamento de Orientación podes facelo nos correos

jsegura@edu.xunta.gal

marianrego@edu.xunta.gal

PREMATRICULAS 1º e 2º DE BACHARELATO

13/04/2018 12:56
Europe/Madrid

Adxuntamos presentación coa información necesaria para realizar as prematrículas:

 

 

UNIVERSIDADE

13/01/2018 11:41
Europe/Madrid

 

PÁXINAS DAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Universidade Santiago de Compostela: http://www.usc.es/

Universidade da Coruña: https://www.udc.es/

Universidade de Vigo: https://uvigo.gal/ 

 

 BUSCADOR UNIVERSIDADES ESTATAIS:

https://www.educacion.gob.es/notasdecorte/compBdDo

 

 

 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut