Skip to Content

SAÚDO DO DIRECTOR

 

 

 

Benvidos á PÁXINA WEB do I.E.S. “Castro Alobre”:

 

 

Todo centro educativo que queira incorporarse á sociedade do coñecemento dixital e aposte polas novas tecnoloxías debe ofrecer á súa comunidade solucións actuais acordes á demanda dos seus integrantes.

 

No curso 2007/2008 inicia a súa andadura a nosa Páxina Web. Para lograr que se convirta nun servizo máis útil e dinámico é preciso que o alumnado, as familias, o profesorado e o persoal non docente fagan suxerencias, aporten ideas e colaboren en maior ou menor medida na súa mellora.

 

Por suposto, este “portal educativo” tamén será  unha maneira de darnos a coñecer como instituto público de ensino secundario entre aquelas persoas que, non sendo membros da nosa comunidade educativa, desexen saber do funcionamento e quefacer diario do I.E.S. “Castro Alobre”.

 

 

O Director

Contador de visitas



page | by Dr. Radut