Skip to Content

Intercambio

Intercambio con Francia-Estancia en Vilagarcía de Arousa

09/02/2014 15:00
Europe/Madrid

Este é o cuarto ano que se organiza un intercambio con Francia para alumnas e alumnos que cursan Francés en 4º da ESO e 1º de BACHARELATO.
O centro co que se realiza o intercambio chámase Lycée Oiselet (Web :http://lycee-oiselet.fr/.). Está nunha vila dos Alpes chamada  Bourgoin-Jallieu, entre Lyon e Grenoble.
 
O noso alumnado esará en Bourgoin do 2 ao 11 de abril e o próximo 21 de febreiro acolleremos nós ao alumnado francés (do 21 ao 28).

Para velo programa de actividades da visita preme Aquí

 


 

 
 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO CO UPPER DUBLIN HIGH SHOOL SECCIÓNS BILINGÜES DE INGLÉS

22/10/2013
Europe/Madrid

As Seccións Bilingües van alén do común ensino dunha lingua estranxeira. Procuran a normal formación do alumnado en cada materia, mais en inglés. Dende hai uns anos se estabreceu un intercambio lingüístico bianual co Upper Dublin High School de Fort Washington, Pensilvania (E.U.A.). Observar como aplican o aprendido fóra da aula, o ben que se desenvolven nun contorno novo, cunha familia de fala inglesa, nun instituto americano, resulta enormemente satisfactorio. Do seu proceder depende a continuidade do intercambio. O deste curso foi, por enteiro, un éxito. Dende aquí agradecemos a pais, nais e alumnado o valor que lle dan ao programa e o moito que se implican. Tamén queremos recoñecer a excelente acollida dispensada polos nosos compañeiros norteamericanos.

 

Os profesores da Sección Bilingüe de Inglés

Fotos da Viaxe

Intercambio con Francia

12/03/2013 23:17
Etc/GMT+1

Estancia en PARÍS e BOURGOIN-JALLIEU 

 


O alumnado de 4º da ESO e de 1º de Bacharelato participante no Intercambio a Francia vai estar fora do centro educativo dende o día 15 ao 23 de marzo. Preme aquí para ver a información detallada da viaxe. 

Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut