Skip to Content

Inglés

SECCIÓNS BILINGÜES

01/01/2019
Europe/Madrid

No presente curso 2020-21 contamos con seis seccións bilingües en inglés:

 

Educación Plástica e Visual 1ºESO

Educación Plástica e Visual 3ºESO

Educación Física 1º ESO

Educación Física 2º ESO

Educación Física 3º ESO

Educación Física 4º ESO

 

O coordinador do programa é o xefe do departamento de inglés, Benedicto Pérez Fariña, e os profesores que imparten as seccións bilingües son Pablo Villanueva Otero (Educación Plástica e Visual) e Margarita Bandera Rodríguez e Yasodhara Pena (Educación Física).

CONTIDOS MÍNIMOS

00/00/
Array

Aquí podedes atopar os Contidos Mínimos esixibles para o curso actual para tódolos cursos da ESO e Bacharelato.

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

A continuación podedes ver información sobre algunhas actividades realizadas nos últimos anos.   

REPRESENTACIÓN TEATRAL

A obra, titulada Food for Thought, foi representada pola compañía Moving On, que fomenta a participación activa e positiva do público para que falen, canten e desenvolvan o seu humor no escenario e en inglés. A representación tivo lugar no salón de actos do centro no primeiro trimestre para todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de E.S.O. que cursa inglés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira.   

 

Consulta a foto de grupo no arquivo adxunto.

CONTACONTOS EN INGLÉS E GALEGO

A actividade, a cargo de Tim Bowley e Charo Pita,  tivo lugar no salón de actos do centro no primeiro trimestre. Houbo tres sesións consecutivas de 50 minutos: unha para o alumnado de 4º de ESO, outra para 1º de bacharelato e a última para 2º de bacharelato. 

 

Consulta o cartel informativo nos arquivos adxuntos.

PARTICIPACIÓN  NUN  PROXECTO  MULTILATERAL  COMENIUS  

Nos cursos 09-10 e 10-11 o noso centro participou como socio nun proxecto multilateral Comenius coordinado por un centro alemán, Walter Mohr Realschule, situado en Traunreut, na Alta Baviera. Tamén participou como socio un instituto de secundaria holandés,Etty Hillesum LyceumO título do proxecto foi Enjoy yourselves and respect our natural environment. Foi un proxecto bianual que tiña como obxectivo principal redactar unha guía ecoturística para xóvenes (en inglés). Traballamos, baixo a coordinación do profesor de Educación Plástica e Visual Pablo Villanueva, con alumnado de 1º  e 2º de ESO. 

 

“LETRAS NO ALOBRE” 

Este departamento está a colaborar na organización de actividades para a celebración de “Letras no Alobre”.   

INMERSIÓN LINGÜÍSTICA 

Estamos a informar e animar ao alumnado sobre a solicitude de becas e axudas que ofrece a Xunta de Galicia para facilitar a inmersión lingúística mediante viaxes ao estranxeiro no período de verán.

PROBA DE ACCESO A UNIVERSIDADE

00/00/
Array

Se queres obter información sobre a Proba de Selectividade de Inglés, preme aquí.

ROLE PLAY

ROLE PLAY 4º E.S.O. 2007

ROLE PLAY
Distribuir contido

Contador de visitas



by Dr. Radut