Skip to Content

Actividades

Excursión á Coruña do alumnado colaborador da biblioteca

Os rapaces e rapazas que axudaron voluntariamente na Biblioteca do IES Valga este curso 2011-12 disfrutaron dun bo premio: unha saída á cidade da Coruña no derradeiro día lectivo cos profes Miguel Fernández e Juan Carlos Montejano. Acompañados tamén polos alumnos membros do Clube de Lectura e os gañadores do concurso de bibliotecas de aula, os excursionistas visitaron entre outros sitios a Torre de Hércules e a nova sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia y Tecnología. Alí gustoulles especialmente ver por dentro unha cabina de avión verdadeira.  

Para ampliar foto prema a imaxe

A biblioteca do IES Valga acolle unha exposición de pinturas de alumnas, alumnos e profes






Quen visite a biblioteca do IES Valga estes días poderá disfrutar dunha exposición que amosa a creatividade das alumnas e dos alumnos do instituto e mais dos seus profesores e profesoras. A mostra inclúe cadros pintados por rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e os profesores Blanca Barrio, Raúl Gómez Pato, Natalia López e Baldo Ramos. Aínda vanse sumar máis pinturas nos vindeiros días, segundo o profesor de Ciencias Sociais Juan Carlos Montejano, organizador da exposición. 


Para ampliar foto prema na imaxe


Exposición montada na biblioteca, co gallo do centenario do nacemento de Cunqueiro.

Simpática exposición montada na biblioteca, co gallo do centenario do nacemento de Cunqueiro.

Distribuir contido


by Dr. Radut