Skip to Content

Actividades

Torneo de Xadrez 2015-2016

Javier Martínez de 4º ESO A, gañador do Torneo de Xadrez do IES Valga 2015-2016             Partida do Torneo de Xadrez 2015-2016 na Biblioteca do IES Valga        

O Torneo de Xadrez chegou ao seu final coas partidas pendentes celebradas este luns 7 de marzo. Despois de cinco rondas, o vencedor do Torneo foi o alumno de 4º ESO A, Javier  Martínez Bello coa puntuación final de 4,5, seguido de Francisco Otero Lobato de 4º ESO C e Mª Victoria Luna Magariños de 3º ESO C con 4 puntos. Se picas aquí podes ver a clasificación final. Noraboa a todos os participantes e ao gañador en particular. En vindeiras datas celebrarase a entrega de permios.

 

Torneo de Xadrez 2015-2016. 5ª Ronda da competición

O torneo de Xadrez entra na súa 5ª e última ronda, nesta semana do 1 ao 4 de marzo. Se picas aquí verás o calendario de partidas previstas para esta decisiva ronda. A clasificación despois de catro rondas está encabezada por Xabier Martínez de 4º ESO A e  Pablo De Jesús de 2º ESO B. Está é a clasificación provisional con puntuacións e partticipantes do Torneo.  

Torneo de Xadrez 2015-2016. 4ª Ronda da competición

Torneo de Xadrez 2015-2016 O Torneo de Xadrez segue o calendario previsto durante os recreos semanais. Esta semana toca celebrar a 4ª Ronda. Se picas aquí verás o calendario de partidas previstas. Finalizada a 3ª Ronda , a clasificación tivo algúns cambios; esta é a clasificación provisional con puntuacións e participantes do Torneo.

"Ler por Ler" na Biblioteca do IES Valga con "El avaro" de Molière

"Ler por Ler" na Biblioteca do IES Valga con "El avaro" de Molière              "Ler por Ler" na Biblioteca do IES Valga con "El avaro" de Molière

O venres 19 de febreiro, tivo lugar unha nova sesión da actividade “Ler por Ler” na Biblioteca do noso Centro. Esta vez foi parte do alumnado de 1º Bacharelato e baixo a dirección da profesora de Lingua Castelá e Literatura, Carmen Pedreira, quen realizou unha representación da obra “El avaro” do escritor francés Molière. Durante aproximadamente vinte minutos, estes alumnos e alumnas entreteron ao alumnado e profesorado que, durante o segundo recreo, se acercaron ata a Biblioteca.

Torneo de Xadrez na Biblioteca

Torneo de Xadrez 2015-16 na Biblioteca do IES Valga           Torneo de Xadrez 2015-16 na Biblioteca do IES Valga

Segue desenvolvédonse, durante os recreos, o Torneo de Xadrez 2015-2016 na Biblioteca do noso Centro. Esta semana celébrase a 3ª ronda, faltando por xogar dúas máis. A clasificación despois da 2ª ronda está encabezada polo alumnado de 4º, 2º e 1º da ESO: Otero Lobato, Francisco; Blanco Rodríguez, Santiago A., Martínez Bello, Javier; Touceda García, Adrián, De Jesús Fieiro, Pablo; e García Rey, Diego. Todos eles con dous puntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut