Skip to Content

Actividades

Comezo das actividades do Clube de Lectura

Este xoves, 20 de outubro comezan as actividades deste curso 2016-2017, dentro do Clube de Lectura da Biblioteca do IES de Valga. Será a partir das 16:30 horas cando se manteña un encontro co escritor Manuel Iglesias Turnes e a súa obra "Que non te aten". Esperamos a vosa presenza.   
   

Exposición "Traballos de 1º e 3º ESO de Educación Plástica" na Biblioteca IES Valga

                                                                                                                                

O alumnado de 1º e 3º ESO do curso académico 2015-2016 realizou na materia de Educación Plástica unha serie de traballos que se expoñen na Biblioteca do noso Centro.

Os traballos de 1º ESO son retratos escultóricos á maneira cubista. Traballaron as formas xeométricas e tamén o baleiro como parte da figura. Aplicado todo ao retrato fai que teñamos auténticas obras de arte.

No caso dos traballos de 3º de ESO, son ilustracións mediante Pop-up; cada traballo conta unha pequena historia que, ao mesmo tempo, é un anaco de canción, poema, etc.

Podedes apreciar estes traballos na Biblioteca do IES Valga.

Alumnado dos clubes de lectura en A Coruña

Alumnado dos clubes de lectura en A Coruña    O pasado 22 de xuño, alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO dos diferentes clubes de lectura da Biblioteca do noso Centro, realizou unha saída extraescolar á cidade de A Coruña. Visitaron  as diferentes salas do MUNCYT, a Torre de Hércules e despois de xantar no Centro Comercial Marineda, tiveron ocasión de disfrutar dun tempo libre na praia de Riazor. Foi o lúdico final a un ano de intercambio de pareceres sobre diferentes libros que estes rapaces e rapazas foron lendo ao longo deste curso académico e que coordinou un ano máis con acerto o profesor Miguel Fernández.

Presentación vídeo multilingüe sobre o concello de Valga

Presentación do vídeo multilingüe do concello de Valga por 1º ESO C   Presentación do vídeo multilingüe do concello de Valga por 1º ESO C

O pasado 9 de xuño tivo lugar na Biblioteca do noso Centro a presentación, por parte do alumnado de 1º ESO C, do vídeo multilingüe sobre o concello de Valga que elaboraron dento do proxecto titulado "Outono gastronómico" e dentro do Plan Proxecta. Foi un traballo realizado ao longo do curso e onde se implicaron os alumnos e alumnas desta aula xunto guiados por profesorado de diferentes materias. No vídeo promociónanse os lugares máis destacados do patrimonio artístico e natural do concello. 

Ler por Ler: reivindicando a Manuel María por 4º ESO C

Premiados polas ilustracións sobre o IV Centenario da morte de Cervantes O pasado venres 27 de maio, tivo lugar na Bilioteca do noso Centro unha nova sesión da actividade "Ler por Ler". Nesta ocasión o alumnado de 4º ESO C recitou poemas do escritor homenaxeado este ano con ocasión do Día das Letras Galegas, Manuel María. Ademais aproveitouse o acto para a entrega de premios polo concurso sobre ilustracións relacionado co IV Centenario da morte do escritor Miguel de Cervantes. Os premiados foron Ana Belén Aboy de 4º ESO C e Óscar Ferreiro de 1º ESO C.
 
Distribuir contido


by Dr. Radut