Skip to Content

Actividades

Alumnado de FP Básica de Soldadura e Caldeirería prepara o Nadal para a Biblioteca

Alumnado de 1º FP Básica fabricando a estrela

O alumnado de 1º e 2º FP Básica en colaboración co equipo da Biblioteca participou na decoración de Nadal do espazo da Biblioteca que este ano conta cunha árbore particular...

Alumnado de 2º FP Básica construíndo á arbore de Nadal

...e o resultado foi esta obra de arte de Nadal:

Árbore de Nadal da Biblioteca 2021

Celebramos o Samaín na Biblioteca

Alumnado 3º ESO A celebrando o Samaín na Biblioteca

O venres 29 de outubro, conmemoramos na Biblioteca o día do Samaín. Para esta ocasión, e debidamente ataviados, o alumnado de 3º ESO A leu o conto “Sobre da morte de Bieito”  dentro dos relatos do libro de Rafael Dieste “Dos arquivos do trasno”, mentres que alumnas de 1º ESO C fixo  o propio co relato “El almohadón de plumas” de Horacio Quiroga. Hai que mencionar que durante toda esta semana estívose ambientado a Biblioteca para esta celebración.
A actividade foi organizada pola Biblioteca en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual.

Alumnas 1º ESO C celebrando o Samaín na Biblioteca

Concurso para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero

O vindeiro 25 de novembro é o  "Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero" e a Biblioteca convoca II CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: "ÁRMATE DE VALOR”", dirixido ao alumnado do noso centro (ESO,Bacharelato e FP), ao profesorado, persoal docente, nais e pais, coa finalidade de crear conciencia en valores de igualdade e contra a violencia machista. Na imaxe que acompaña esta nova ou no ficheiro anexado podes consultar as bases e premios deste concurso.

 Concurso para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero

A Bilbioteca conmemora á escritora Emilia Pardo Bazán

Conmemoración centenario Emilia Pardo Bazán

A Bilbioteca do noso centro conmemorou o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, recordando a unha das grandes novelistas españolas do século XIX e principios do século XX.  Ademais de escritora, poeta, ensaista e periodista, loitou pola igualdade dos dereitos da muller. No seguinte enlace pódese acceder ao conto “El encaje roto“ da biblioteca virtual Cervantes:
http://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/cuentos-de-amor--0/html/fee33ed8-82b1-11df-acc7-002185ce6064_3.html#I_37_

Intercambio textual organizado pola Biblioteca

Intercambio textual 2021

Esta semana na que o venres 23 de abril se conmemora o Día do Libro, o equipo da Biblioteca organiza un "Intercambio textual", onde os membros da comunidade educativa poden traer un libro que lles gustase e intercambialo por outro achegado por outra persoa durante quince días. De luns a xoves recóllense os exemplares na Biblioteca. O vindeiro venres 23 poñeranse na carpa todas as achegas para que calquera persoa poida recoller un libro.

En palabras dun dos colaboradores da Bilbioteca, o profesor Víctor González: Co "Intercambio textual", intercambiase un obxecto material, pero o intercambio textual vai moito máis alá, intercambiase vida, a vida dos personaxes dos textos, intercámbianse ideas, filosofías... en fin, comunicación. Intercambio de almas; un xeito como outro calquera de facer amigos... ben, como outro calquera, non, o más axeitado. Esperámosvos na biblioteca

Distribuir contido


by Dr. Radut