Skip to Content

Actividades

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, data escollida pola UNESCO dende 1999 para, entre outros obxectivos, honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e a ensinanza da poesía. Dende a Biblioteca do noso centro queremos contribuír a este día cunha pequena escolma de textos en catro linguas diferentes, que podes ollar na imaxe ou no ficheiro adxunto a esta nova.

Día Mundial da Poesía  2021
 

Logo gañador do concurso "escolla logo da Biblioteca"

Logo gañador da Biblioteca

Xa temos o logo gañador para a Biblioteca do noso centro. Cun total de 36 votos, a imaxe que acompaña esta nova, é a ilustración gañadora do concurso que se mantivo aberto durante todo  o mes de febreiro. A alumna Rosalía Muíño Cotón de 3º ESO A foi a gañadora e será obsequiada cun vale por valor 30 euros para consumir na nosa cafetaría. Noraboa á gañadora e grazas a todo o alumnado que participou neste concurso.

Tamén queremos recordar que o venres 5 de marzo acaba o prazo para presentar as fotografías ao concurso “Nós, as mulleres”. No ficheiro anexado a esta nova pódense consultar as bases deste concurso.

 

Escolla do logo da Biblioteca

Logo novo Biblioteca

A Biblioteca, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, convoca un concurso para elixir o novo logo da Biblioteca do noso centro.

Os usuarios da aula virtual do centro poden votar xa polo seu logo preferido. Para facelo teñen que ir á aula virtual da Biblioteca, entrar no apartado "Escolla do logo da Biblioteca", mirar os traballos finalistas e votar polo que máis lles guste.

O prazo para votar remata o 28 de febreiro ás 14:30 horas.

O autor ou autora do logo gañador será obsequiado cun vale por valor 30 euros para consumir na nosa cafetaría.

Logo novo Biblioteca

 

 

30 de xaneiro: Dia Escolar da Non Violencia e a Paz

30 de xaneiro: Dia Escolar da Non Violencia e a Paz         
   

Charla de Belén Senín co alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato con Belén Senín Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato con Belén Senín O martes 27 de febreiro, o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de Letras tivo un encontro literario, na Biblioteca do noso Centro, con Belén Senín, exalumna do IES Valga, que recén comezados os seus estudos universitarios de Filoloxía Galega, vén de gañar un importante premio de poesía.
Distribuir contido


by Dr. Radut