Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Charla Obradoiro de Banda Deseñada de Inés Vázquez Ramallal

Para acceder a todas as imaxes pinchar no enlace

Un alumnado moi COMICo

Na véspera do Día das Letras Galegas tivemos a honra de recibir a visita dunha das figuras máis importantes da Banda deseñada en Galicia e fóra da nosa terra: a escritora Inés Vázquez Ramallal, autora do libro Aldara. A lenda do cervo branco (Demo Editorial), proposta polas profesoras Carmen Edreira e Teresa Pastor Novo para o seu alumnado de 1o ESO. O dito volume foi galardoado nos Premios Follas Novas do libro galego, na categoría de banda deseñada. E non foi casual escoller esta data, por varias razóns: a principal, polo seu compromiso coa lingua propia, ao levar o galego ao eido da banda deseñada. 

Tamén cómpre salientar o feito de que a obra recende á nosa terra por cada recuncho xa que, como a propia autora manifestou, situou a acción da obra no leste da provincia de Lugo, por terras dos Ancares, indo a documentarse in situ sobre costumes, vivendas tradicionais, carácter das xentes, ... E, como boa galega, concretamente do concello de Carral, inseriu na historia elementos fantásticos e do mundo do Alén, ao puro estilo de Ánxel Fole.

Sen dúbida a rapazada gozou da maxia de ter diante dos seus ollos a persoa que ideou esa historia e quedou abraiada non só pola explicación de como creou esta obra, senón tamén pola magnífica clase maxistral que deu asemade, cun pequeno obradoiro que impartiu sobre os elementos da banda deseñada. Ademais, o alumnado tivo o privilexio de ter nas súas mans os bosquexos dos debuxos do libro, feitos a lapis, e que autora non dubidou en mostrar con sumo pracer.

Por último, os rapaces e rapazas marcharon felices coas súas dedicatorias personalizadas en cadanseus libros, que lles asinou a escritora, todo isto decorado cos traballos de banda deseñada que o alumnado elaborou, baixo a supervisión do seu profesor de Plástica Carlos Montes Pedreira.

Teresa Pastor Novo (Profesora de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do EDLG)

LUÍSA VILLALTA, O OLLAR CALMO DAS PALABRAS

O pasado luns 8 de maio ás 16:15 h tivo lugar no Salón de Actos do IES P. Eusebio da Guarda un acto de homenaxe á escritora e violinista coruñesa Luísa Villalta Gómez. Baixo o título “O ollar calmo das palabras” a organizadora deste acto, a profesora de Lingua Galega e Literatura e coordinadora do EDLG, Teresa Pastor Novo, quixo renderlle un merecidísimo e persoal tributo a unha das voces máis importantes da literatura galega das últimas décadas.

Malia que foi no campo da poesía onde desenvolveu a súa faceta máis prolífica, cultivou de xeito maxistral outros xéneros, o que lle valeu o recoñecemento en diversos certames. Atendendo á súa terra natal, A Coruña, a homenaxe  foi  deseñada  como a  singradura  dun barco, recalando en diferentes portos, entre os que destacaron: o coruñesismo: a simbiose de Luísa coa súa terra, coa súa Matria; o papel da música, o seu nó indisoluble coa súa gorentosa creación literaria; a docencia e a poesía: o ollar calmo das palabras; o seu compromiso coa lingua, como principal sinal identitario; o seu legado, o respecto pola súa memoria; e, finalmente, unhas sentidas verbas finais, onde se resalta¡ou a misión nosa: a de transmitir xeración tras xeración as verbas inmorredoiras da esgrevia autora coruñesa.

O emotivo acto, que contou coa asistencia da irmá e mais da nai da homenaxeada, así como diversas autoridades e expertos na súa obra, supuxo unha combinación da súa dimensión como escritora e mais como virtuosa do violín. Por este motivo, a música cobrou un papel moi destacado, coa actuación do alumnado do centro quen, baixo a coordinación da súa profesora de Música Rosa Mª Rodríguez Rivas, interpretou distintas pezas moi significativas para a autora, orgullosa do seu berce na cidade herculina. Pola súa infinda capacidade creativa e fondura de pensamento, manifesto claramente que esta dama da Cidade Alta é máis que merecente de ter, máis cedo que tarde, un oco de seu no Día das Letras Galegas.

Para rematar, sempre gardarei nas miñas fermosas lembranzas da docencia unha fermosa tarde do mes das flores, dun maio, maíño do ano 2023, onde todas as persoas presentes nesta homenaxe contribuímos para facerlle a Luísa Villalta Gómez un humilde recoñecemento, pero cunha manchea de corazóns.

Teresa Pastor Novo

(Profesora de Lengua e Literatura Galega, Coordinadora do EDLG)

Acceso ao artigo publicado na Opinión. Pinchar no enlace

Acceso ao tríptico da actividade. Pinchar no enlace

Acceso ás fotos da actividade. Pinchar no enlace

Xeración mampara, Gradación Eusebio 22-23

Para acceder ao artigo publicado en prensa pinchar no enlace

Para acceder a todas as fotos do acto pinchar no enlace

Día das Letras Galegas 2023

 

Un 17 de Maio especial

 

Para acceder ás imaxes relacionadas pinchar no enlace

En 1960, Francisco Fernández del Riego ingresou como membro numerario na Academia Galega e tres anos despois, a proposta súa, a Academia acordou celebrar cada 17 de maio  o Día das Letras Galegas. Del Riego pensaba que se hai un día dedicado á literatura española, con Cervantes como referencia,nós deberiamos ter un día dedicado á literatura galega relacionado con Rosalía de Castro e co libro Cantares Gallegos, o primeiro que escribiu na fala popular. Del Riego non coñecía a data da edición, pero na dedicatoria que a autora fixo á escritora Fernán Caballero figura a do 17 de maio de 1863 e elixiuna ante a proximidade do centenario. A celebración de 2023 é especial por ser o homenaxeado impulsor da iniciativa.

Siro (La Voz de Galicia)

Francisco Fernández del Riego (1913-2010)foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura, durante unha gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista.

A data do 25 de xullo de 1950 pasou á historia como a da fundación da editorial Galaxia, o máis emblemático fito do “segundo rexurdimento” da cultura galega tras a Guerra Civil. Os tres grandes artífices do proxecto foron: Ramón Piñeiro, Xaime Isla Couto e Francisco Fernández del Riego. Galaxia veu a luz para converterse no buque insignia da cultura do país, e pese ás dificultades foi o gran referente cultural da Galicia da época.

Non esquecemos outras aportacións do homenaxeado como as publicacións da revista Grial (1951) que “servía de canle para dar a coñecer a produción cultural galega e tamén para erixirse como un espazo de comunicación entre a cultura galega e as culturas do mundo”. E tamén a Revista de Economía de Galicia (1958) para analizar a realidade económica e social do noso territorio. 

Del Riego foi un dos xenerosos, sempre entusiasta e vital; son varias as xeracións vinculadas á intelectualidade que tiveron no maxisterio do homenaxeado nas Letras Galegas 2023 unha porta sempre aberta para satisfacer a curiosidade e ampliar o coñecemento.

Grazas Don Paco!

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS a toda a comunidade educativa do Eusebio da Guarda!

Beni Vidal, xefa do Departamento de Lingua Galega e Literatura

 

Festival da Francophonie

O alumnado de francés volveu participar no Festival de la Francophonie, celebrado este 9 de maio en Vilanova de Arousa. Mozos e mozas de diferentes centros de toda Galicia xuntáronse para pasar unha xornada dedicada á música francesa. O noso centro quedou moi ben representado por tres grupos, de 1º, 2º e 3º de ESO. Os mais pequenos interpretaron dous clásicos da “chanson française”, Les Champs Élysées de Joe Dassin e En chantant de Michel Sardou mentres que  o grupo de 3º escolleu un tema máis recente, Donnez-moi de Les Frangines, acompañados á guitarra polo seu profesor Juan Carlos Méndez Ávila. O bo tempo permitiunos comer e pasear pola praias da vila. Estamos xa desexando preparar novas cancións para un festival que permite coñecer, apreciar e valorar críticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas, e utilizalas como fonte de enriquecemento e aprendizaxe da lingua estranxeira.   

Pinchar nos enlaces ás actuacións  de 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO FOTOS do festival

 

Premios extraordinarios ESO e Bacharelato

Lidia García Veiga, Sofía Martínez Diz-Lois, Marta Rodríguez González e Sergio Sánchez Presedo recolleron os premios extraodinarios de Bacharelato e da ESO dos dous cursos pasados.

Para acceder a todas as fotos do acto pinchar no enlace

Homenaxe a Luisa Villalta

Para acceder a todas a fotos do acto celebrado o pasado luns 8 de maio, pinchar no enlace

Visita a exposición Picasso

Un grupo de alumnos/as de *1º *Bach* visitaron acompañados pola Directora Isabel Ruso e a profesora Mª José Rivas á exposición “PICASSO” no Museo de Belas Artes da Coruña.

A mostrar reúne 120 obras procedentes de museos, institución, coleccións privadas e da propia familia Picasso. stá exposición enmárcase na programación do 50º Aniversario do pasamento do pintor e coincide co 160º Aniversario do ÍES Eusébio da Guarda, onde Picasso estudou durante tres cursos. 

Nesta exposición o noso alumnado puido ver tamén a relación do artista co noso Instituto a través da recreación con fotografías inéditas dos corredores e da propia fachada do noso centro.

Luca Riola e Lara Solsona campións do XXXIII Tríatlon Concello de Oleiros

Lara é alumna de 4ºESO B

O Eusebio participa no Día da Ciencia na Rúa

Este sábado 6 de maio celebramos o Día da Ciencia na rúa no Parque de Santa Margarita. Dende o Club de Ciencia agradecemos a todos os rapaces a súa participación na difusión científica.

Moitas grazas tamén a todos os profesores que participaron na organización e estiveron alí a tempo completo: Laura, Daniel, Loli, Elena, Manuel V., Beatriz S. e Minia, grazas a vós foi posible que todo saíra ben.

Para acceder a todas as fotos pinchar no seguinte enlace

Lectura continuada solidaria no Eusebio da Guarda

Toda a infmación sobre a actividade Lectura Continuada solidaria no seguinte enlace

Entre 15000 alumnos só Nicolás, do Eusebio, acertou todo

Para acceder ao artigo publicado en prensa pinchar no enlace

Homenaxe no noso centro a Luisa Villalta o 8 de maio

Un alumno do centro gañador do XXVIII Concurso Canguro Matemático

O alumno de 2º ESO Nicolás Alonso Álvarez levou o primeiro premio no XXVIII Concurso Canguro Matemático. O concurso Canguro Matemático está organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) dentro da convocatoria que a nivel internacional realiza a Asociación Kanmgorou Sans Frontières (AKSF). Nicolás competiu con máis de 3500 estudantes de 2º ESO de toda España e conseguiu o primeiro  posto.

Noraboa ao alumno, aos seus familiares e ao profesorado. A entrega de premios será o 27 de maio ás 10:30 horas na Facultade de Dereito da Universidade de Valladolid

https://canguromat.es/resultados-y-premios/

Olimpiada Matemática Galega para 2º ESO. Edición 2023

O Instituto Eusebio da Guarda tomou parte na Olimpíada Matemática que se celebrou na Facultade de Ciencias da Educación da UDC o 27 de abril de 2023. Participaron as seguintes alumnas e alumnos de 2º de ESO: Nicolás Alonso Álvarez, Flavia Cámara Neira, Antonio Escolante Segret, Mar Fraga Estrada, Rosalía Franco Tarrío, Miguel Quesada Paz, Marta Vilela Chacón, Mar Vázquez Suárez. Foron acompañados polas profesoras de Matemáticas Aurora Labora Castro e Beatriz Sixto Rodríguez.

Para acceder a toda a información e fotos pinchar no enlace

Picasso na Coruña , coa colaboración da directora Isabel Ruso

Enlaces aos podcast: na Cadena Ser e en Spotify

Premios fotografía Xurxo Lobato 2023

Ángel González Casado, Enma Arango Branco e Leila García López alumnado do noso centro foron agasallados no 18º premio Xurxo Lobato de fotografía, correspondente ao corrente ano 2023. O xurado, nomeado para o efecto pola Xunta Directiva da Asociación de Amigos do Instituto Monelos, estivo integrado por Xosé Antón Fraga (Presidente), Xurxo Lobato, Marcos Sanchez, Lucía Patiño, Xosé Díaz e Xoán Antón Pérez-Lema (Secretario).

  • Ángel González Casado do IES Eusebio da Guarda da Coruña: "UNHA SO"
  •  Enma Arango do IES Eusebio da Guarda  da Coruña :  “PORTA ABERTA A LUZ”
  • Leila García López. Título da foto: " DALLE A VOLTA”

Xurxo Lobato cos agasallados, o seu profesorado Eva Vérez e Oscar Rodríguez de Dios e a directora Isabel Ruso

ACCIÓN

Para acceder a todas as fotos pinchar no enlace

Onte o noso alumnado de 4ºESO de filosofía e Ed Plástica Visual e Audiovisual e o alumnado de Debuxo e Antropoloxía de 1º de bacharelato visitaron a exposición de Meissel organizada pola Fundación Marta Ortega, na nave do peirao de Batería do porto da Coruña.

Esta visita forma parte dun proxecto en colaboración co Grupo de Investigación Arte-Facto da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña que ten por obxectivo que o alumnado se familiarice coa linguaxe cinematográfica e aprenda a ler e interpretar a imaxe visual.

Levouse a cavo coa colaboración do profesorado do centro Lucía Sesto ,Oscar Rodriguez De Dios, Eva Vérez Cotelo e a artista audiovisual, Belén Montero.

Alumnas do instituto leron un poema na Casa Museo Picasso

Co gallo do Día mundial da poesía e como participación á Celebración Picasso 1973.2023, as alumnas Iria Quilón, Marta Rodríguez González e Irene Pérez Lis, de 1º Bacharelato F, leron  na Casa Museo un poema de Paul Eluard, en francés e en galego, adicado a Pablo Picasso, e traducido por François Davo. Santiago Vilas encargouse de presentar e filmar. Publicamos un vídeo, froito da colaboración entre dúas entidades ligadas á historia da presenza do pintor na nosa cidade.

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO NO EUSEBIO DA GUARDA

23 de abril de 1926

23 de abril de 2023    

Celebración da Primeira Festa do Libro no paraninfo do Instituto Eusebio da Guarda.

O 6 de febreiro de 1926 Afonso XIII asinaba o Real Decreto do Día do Libro. En 1930 decídese que a celebración sexa cada ano o 23 de abril coincidindo co aniversario da morte de Miguel de Cervantes.

Case cen anos despois celebramos o Día de Libro de 2023 no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda cunha mostra de libros sobre Picasso como homenaxe ao pintor, estudante no noso centro na súa estadía na Coruña, no seu 50 cabodano.

Feliz Día do libro!

Acceso a todas as fotos no seguinte enlace

Distribuir contido


by Dr. Radut