Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Educación Plástica e Visual

PROXECTO ARTÍSTICO do profesorado e alumnado de Plástica a través da exposición fotográfica Peter Lindbergh, Untold Stories

9 de febreiro de 2022

O Departamento de Artes Plásticas organizou, en colaboración co grupo de investigación Arte-Facto, dirixido polo profesor da UDC doutor José María Mesías Lema, un PROXECTO ARTÍSTICO a través da exposición fotográfica Peter Lindbergh, Untold Stories.

Neste obradoiro participou o alumnado de 1ºBach de Debuxo Técnico e Debuxo artístico e 4ª ESO Ed Plástica Visual e Audiovisual.

Logo da presentación do proxecto nas aulas, polas profesora Eva Vérez e Lucía Sesto, o artista plástico, Marco Moreira fixo a proposta do obradoiro A mecánica do debuxo cunha presentación na aula Picasso do noso centro. Pensamos no debuxo como un acto vivido e experimentado que crea unha actividade poética interactiva. Para suscitar esta reflexión, convídamos ao alumnado a crear grupos de traballo crear, planificar e desenvolver un mecanismo de debuxo interactivo.

Por último, visitamos a exposición. A proposta xirou arredor da idea desas historias non contadas que cada alumno interpreta subxectivamente a partir das fotografías de Peter Lindbergh . O alumnado fixo un percorrido guiado pola exposición e presentou os seus mecanismos de debuxo.

Actividades dos alumnos de Plástica

Os alumnos de Plástica, coa súa profesora de Plástica Mª do Carme Pardiño, montaron unha cúpula autoportante de Leonardo da Vinci. Estas cúpulas baséanse no deseño inicial de Leonardo, sendo estruturas que se manteñen en pe grazas ao seu propio peso. A súa construción esixe un traballo colaborativo, de imaxinación espacial e de seguimento dun patrón.

Vídeos de 3º de ESO (profesora: Mónica Bacelos):

Vídeo 1   Vídeo 2

 

Visita ao Museo de Belas Artes (1º ESO)

 

 

Durante os pasados meses de febreiro e marzo, o alumnado de 1º ESO a través do departamento de EPV e dos seus titores, acudiron en dúas ocasións ao Museo de Belas Artes da Coruña. A primeira visita serviu para coñecer as diferentes salas do Museo a través da actividade  “Enigma no Museo”, pequeño xogo de pistas. A segunda visita foi para realziar a visita “O primeiro Picasso”, onde se atoparon con algunas dasobras creadas por Pablo Picasso durante a súa estancia na cidade da Coruña, e máis en concreto, durante os seus estudos de Artes no noso instituto.

 

 

 

 

 

(Fotos de Roberto Zuluaga)

Premio Picasso coruñés ao mellor periódico

 

A entrega dos premios será o vindeiro martes 14 de abril a partir das seis da tarde, no salón de actos do Instituto.

Parabéns!


 

Dúas alumnas seleccionadas para o Festival Internacional Mundos Digitales

As alumnas Andrea Tubio Rey e Iria Amigo Barreiro, ámbalas dúas de 4º ESO, foron seleccionadas para realizar o Obradoiro de Creación de Personaxes a cargo do diseñador Carlos Grangel que terá lugar dentro do "Festival Internacional Mundos Digitales" a primeira semana de xulio.

Participaron no concurso de creación de dous personaxes de animación chamados Noah e Halo, partindo dun pequeno guión. Durante o obradoiro poderán desenvolver por completo os seus dous personaxes.

Gañadores do concurso de postais navideñas 2011

Primer premio: Alicia_P_LPrimeiro premio: Alicia P.L. 2º ESO2º Premio:Marta_RB

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Segundo Premio: Marta R.B. 1º de ESO

2º Premio:Marta_RB_2 

 

Terceiro premio: Carmen C.M. 1º de ESO3ºPremio:Carmen_CM3ºPremio:Carmen_CM_2

 

Distribuir contido


by Dr. Radut