Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Taboleiro

Unha medalla de bronce a nivel nacional en Matemáticas

Si fai uns meses dábamos conta con grande ledicia que Gonzalo Cao Labora, alumno de 3º de ESO do noso instituto, conseguira unha medalla de ouro na fase galega da Olimpiada Matemática, agora encheunos de orgullo ao quedar no terceiro posto, medalla de bronce, na olimpiada española de Matemáticas.

Parabéns!

Actualización 29 Abril: Engadimos fotos da entrega do diploma da fase galega.


Viaxe á rexión de Midi-Pyrénées

Dende o día 23 ata o 29 de abril, un grupiño de 11 alumnos de 3º e 4º  da ESO desprazaranse a Francia acompañados pola profesora de francés Mª Jesús Quintáns Rodríguez. Durante a súa estadía no país veciño serán acollidos no collège de Fontenilles, localidade situada a 25 km. de Toulouse. A viaxe ten dous obxectivos principais: lingüístico (facer progresar aos alumnos e suscitar o interese pola lingua e a cultura francesas) e social (descubrir a rexión mediante a inmersión familiar e escolar).

Ademáis das actividades realizadas no collège, o grupo  visitará as cidades de Toulouse e Carcasonne.

O traballo en común co collège de Fontenilles vense dando dende o curso 2010-11 mediante a correspondencia epistolar dos alumnos que continúa no presente curso. Mediante esta viaxe que agora se leva a cabo, é intención do departamento de francés sentar as bases para poder efectuar un intercambio de alumnos nos vindeiros anos.


Conferencia do Presidente da Asociación de Xoves Empresarios de Galicia

O alumnado de 3º da ESO e 1º de Bacharelato non tiveron reparo en posar co empresario coruñés tras a súa charla do venres 30 de marzo. Pola súa participación no turno de preguntas e polo interese que amosaron polas experiencias que Daniel Ramos contaba, sen dúbida que a actividade resultou moi instructiva para todos.

Un exalumno do instituto representa aos premios extraodinarios de Bacharelato e Formación Profesional

O pasado mes de febreiro o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presidiu un acto no que gabou o esforzo dos 38 estudantes galardoados cos premios extraordinarios de Bacharelato correspondentes ao curso 2010/2011, e os premios extraordinarios de Formación Profesional específica de grao superior correspondentes ao curso 2009/2010. Alí estaba o noso exalumno Alejandro Roura Blanco, que ademais representou a todos os seus compañeiros lendo un discurso de agradecemento. Aquí está o video coas súas verbas. Desculpade que a imaxe non sexa boa. [máis info...]


Visita ao centro penitenciario de Teixeiro

 

Este martes 6 de marzo unha trintena de alumnos de 3º da ESO, en compaña de tres profesores do centro, foi ao centro penitenciario de Teixeiro devolvendo así a visita que un grupo de internos e educadores da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) ‘Concepción Arenal’ realizara ao noso instituto. A experiencia podemos cualificala de profundamente humana e educativa. Participamos nunha especie de comuñón das súas vivencias. O traballo destes internos e destes funcionarios permeables á esperanza, abre un espazo novo, rico, un espazo que debe ser coñecido e socialmente estimado.

Teñen un blog: “di-k-non.blogspot.com”, e contan coa inestimable cooperación económica da coruñesa Fundación Barrié.

Desde aquí, desde o instituto, valoramos a iniciativa e mandamos un saúdo fraternal e estes homes, educadores e mais internos, que están vivindo unha experiencia de futuro.

(Este texto foi elaborado polos profesores acompañantes)

Acadamos un segundo posto a nivel nacional

Queremos lembrar os alumnos de 1º da ESO do curso pasado K. Minota, C. Román, E. Ruano, I.C. Silva, M. Tasende, P. Valdés, A. Vidal, C. Vidal, J.R. Viñas, S. Zapata e A. Zas. Acadaron o segundo posto de toda España no concurso de Blog-Francés.

Se aínda non viches o blog que construiron, esta é unha boa ocasión.


Parabéns aos nosos alumnos e parabéns aos seus profesores!

Reunión do equipo de EusebioTV

O equipo de EusebioTV.

Resultado da campaña feita por EusebioTV:

A web de EusebioTV, cada día con máis visitas:

Taller Di Ke Non, 27 de febreiro

O pasado martes 27 de febreiro visitáronos varios internos do Centro Penitenciario de Teixeiro que participan na UTE (Unidade Terapéutica Educativa “Concepción Arenal”, cuxo lema é a reinserción é posible). Levaron a cabo unha representación teatral, dous deles tocaron a guitarra e cantaron… Tamén nos relataron dúas experiencias persoais con sinceridade por veces crúa… Cantando reflexionaban sobre o concepto do valor. Eles son valerosos. Son poucos, a participación no programa é voluntaria. Pero o labor que fan é unha porta aberta á esperanza. O próximo 6 de marzo un grupo de alumnos de 3º da ESO devolveralles a visita. Ánimo e a seguir!

 

Un recordo da sua visita

Campaña de Cáritas "Ráscate el bolsillo"

Un grupo de animadores/as, digna representación deste centro nun amplo abanico de tarefas e de actividades (animación á lectura, Eusebio TV,…), puxeron en marcha unha campaña solidaria cun spot publicitario en Eusebio TV,Ráscate el bolsillo”.

A campaña iba encamiñada ao recabamento de fondos e de roupa para os máis desfavorecidos.

O pasado 30 de xaneiro, tivo lugar un encontro con responsables de Cáritas Interparroquial da Coruña (Vicente Iglesias, Director e Rafael Pillado, Responsable do Voluntariado) co fin de entregar a recaudación e a roupa. Os responsables de Cáritas quixeron agradecer o esforzo e a laboura dos colaboradores/as nunha sociedade cada vez máis individualista, intentando transmitir unha escala de valores nun mundo no que a globalización vai a máis. Fixeron fincapé na problemática que leva a moita xente á rúa, á albergues e a facer uso de institucións benéfico-sociais, problemática que abrangue dende o económico ata o familiar e a exclusión social, nun contexto de crise que non deixe a ninguén indiferente.

Finalmente resaltaron a importancia destas tarefas de voluntariado e do noso centro por dar acollida a este tipo de iniciativas.

Premio do concurso de Monólogos para tres das nosas alumnas

A Concellería de Educación, Deportes e Xuventude do noso concello organizou un primeiro Concurso de Monólogos o día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro. As  alumnas de 1º A , Paloma Bonilla, Carolina Fernández e Fátima Lousada (aí as tedes ás tres, bonitas coma berenguelas) obtiveron o segundo premio no nivel de bacharelato, cun entretido monólogo sobre as redes sociais.  Un monólogo que, ademais, resultou moi ben falado. Parabéns!


Fotografía das gañadoras do monólogo

A visita dun representante da Fundación Vicente Ferrer

No último trimestre de 2011, a ONG Vicente Ferrer púxose en contacto connosco para impartir unha conferencia no noso centro e dar así a coñecer o labor en India desa ONG (un labor que se centra basicamente en escolarizar a rapaces que doutro xeito dificilmente o lograrían, e intentar desterrar os prexuízos e as diferenzas absurdas provocadas pola división dos seres humanos en castes, e en igualar en oportunidades a uns e a outros con independencia do sexo). A autora da foto é Yolanda Ferrer, e o fotografado é o conferenciante, fillo adoptivo do propio Vicente Ferrer. Hai que dicir que fascinou os alumnos e que non perderon detalle das súas verbas. E, como se ve na foto, o día era de moita chuvia.

EusebioTV supera as 10.000 visitas

EusebioTV, a aposta dun grupo de alumnos do Instituto, vén de cumprir unha cifra de visitas que nunca pensaron acadar: 10.000 e subindo. O extraordinario labor destes alumnos segue medrando día a día: Mesmo dan conta das súas novidades a través dunha conta en Twitter (@EusebioTV), que fan de reporteiros no acto de Homenaxe a Picasso e o editan e publican antes que os periódicos locais... Axiña poñerán á nosa disposición un novo traballo: "Por terra, mar e aire". Agardamos con ansia, rapaces!Páxina web de EusebioTV

Xustificación de ausencias e retrasos

Modelos para xustificar ausencias e retrasos: alumnado diurno e adultos

 

                                                                                                                                                                                     

Distribuir contido


by Dr. Radut