Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2017-2018

Por 365 días contra a violencia de xénero

No marco do programa "Por 365 días contra a violencia de xénero", o alumnado do noso Instituto colaborou na campaña do Día internacional contra a violencia machista.

 

Visita dos alumnos de Química ao CiQUS e CiMUS

Os alumnos de Química de 2º Bacharelato visitaron o 21 de novembro, acompañados dos seus profesores de Química, a Facultade de Química de Santiago, o CiMUS e o CiQUS. Neste último realizaron ademáis experimentos de laboratorio. Completaron cunha visita guiada por Santiago a cargo do profesor Antonio Fondo.

Na seguinte foto temos unha parte dos alumnos:

A alumna María Rodríguez Cobo premio Diseña 2017 da Fundación Aquae

A alumna de 3º de ESO B María Rodríguez Cobo foi galardoada cun Accésit dotado con 500 € do Premio Diseña 2017 da Fundación Aquae pola elaboración dun cartel baixo o lema de “La Revolución de las Ideas: Visible vs. Invisible”.

Na III edición do Premio Diseña recibíronse case 400 carteis de lugares diversos como España, Colombia, Perú, México, Francia, Ecuador, China, Arxentina, Xapón, Taiwan, Costa Rica e Alemaña.

NORABOA!

 

Visita á exposición “A Arte no Cómic"

O día 20 de outubro, o alumnado de 3º V visitamos, en Afundación, a exposición "A arte no cómic". Gustounos bastante xa que se mostraban obras da pintura universal refeitas e transformadas en cómic. As obras que máis nos chamaron a atención foron a "Mona Lisa", coas súas múltiples reinterpretacións, "As Meninas", convertidas en "As Mendigas", ou "O Grito", na versión de crítica aos bombardeos. A que a visita resultanse interesante contribuiu, ademais, a guía, Laura, que soubo explicarnos todo de xeito claro e fíxonos sentir moi cómodos.

 

  Algúns de nós pensamos volver con máis calma, a exposición merece a pena.

 

 

 

Economía

O pasado día 27 de outubro Carlota Sánchez-Montaña Puga, Coordinadora da Área de Educación Superior de Abanca, impartiu unha charla de educación financeira con destino ó alumnado de 1º de bacharelato que cursa a matería de Economía.


A charla tiña como obxectivo acercar a educación financeira ós estudantes de bacharelato, e tocou temas como a evolución económica coa crise, a situación actual dos mercados, a responsabilidade na xestión do diñeiro e outros temas de interese.
A verdade é que resultou moi interesante, e os alumnos e alumnas tomaron boa nota dos consellos que nos deu Carlota.


Moitas grazas, e esperamos verte pronto de novo!!

Observación astronómica nocturna na terraza do Instituto

O pasado 25 de outubro tivo lugar unha xornada de divulgación astronómica para o profesorado do IES Eusebio da Guarda, realizada na azotea do edificio. 

Organizada polo profesor Luis Javier Rodríguez do Departamento de Matemáticas, foi impartida por Pedro Pablo Campo, investigador e divulgador do Observatorio Astronómico "Ramón María Aller" da USC e financiada pola Fundación Española de Ciencia y Tecnología (FECYT) do Ministerio de Economía, Industria e Competitividad.

Tras unha charla explicativa previa sobre os obxectos a observar, que tivo lugar no Salón de Actos ás 19:30 h., fíxose a observación na terraza do instituto nun lugar antigamente destinado á observación meteorolóxica.

Durante a mesma púidose ver Saturno cos seus aneles, a Lúa, unha estrela triple, unha nebulosa e un cúmulo de estrelas. 

 

Intercambio de Francés con Fontenilles

Os alumnos de Fontenilles xa están aquí:

 

Alumnos de 3º de ESO estiveron traballando duro para preparar os carteis da exposición para o intercambio con Fontenilles e que colgarán no Instituto:

(Pinchar na foto para vela máis grande e para ver máis)

Participación nunha actividade de sensibilización ambiental

O pasado xoves día 5 de Outubro os alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da E.S.O. do grupo A realizaron unha actividade de sensibilización ambiental na praia de Riazor xunto cos profesores Marta Vázquez e David Vieito

A actividade a organizaba a Asociación Mar de Fábula e consistía en buscar e recoller anacos e obxetos de plástico que trouxera o mar para logo realizar figuras e pezas artísticas con eles. Para elo contaron coa axuda dos artistas noruegos Prestgaard e Andersen. Nas súas redes sociais pódense ver varias pezas dos nosos alumnos:
 
 
 
 

Visita de alumnos ao CITEEC da Escola de Caminos, Canais e Portos

O pasado día 10 de outubro, un grupo de alumnos de segundo de bacharelato da asignatura Tecnoloxía Industrial, acompañados pola profesora Rosa Fernández Salmonte e o profesor Mario S. García, tiveron a oportunidade de coñecer varios laboratorios que a Escola de Camiños, Canais e Portos  (CITEEC) ten para investigación. Como en ocasións anteriores, poideron desfrutar das explicacións que os anfitrións lles deron sobre hidráulica, dinámica de fluidos e probas de materiais entre outras, incluindo un espectacular ensaio sobre unha barra de aceiro (ver foto).

 

 

(Fotos: Mario S. García)

 

Segunda visita ao CERN

 

O pasado venres 22 de setembro, e ata o 26, os alumnos de Física de segundo de bacharelato viaxaron Xenebra para visitar o Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN). Foron acompañados polas profesoras Mª Carmen Díaz Cabanas e Teresa Fraga. A viaxe foi unha experiencia inesquecible tanto desde o punto de vista dos alumnos como das acompañantes. Pódense ver as fotos neste enlace.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut