Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2017-2018

Chocolate para os alumnos de 1ºD que gañaron o concurso de Nadal 2017 de 1º de ESO

Desfrutando da chocolatada acoompañados do seu titor David Vieito e da directora Isabel Ruso. Noraboa aos gañadores!

30 de xaneiro: Día Escolar da non Violencia e da Paz

Os alumnos de 4º de ESO celebraron o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

(facer clic na imaxe para ir ao Faro de Sofía)

Charla-coloquio con exparlamentarios

Os alumnos de Oratoria de 1º de Bacharelato tiveron un encontro cos exparlamentarios Ángel R. Mesa, Mª Esther D. Fontán e Ana L. Bouza, nunha actividade coordinada polo Departamento de Lingua Galega.

(La Opinión A Coruña, 30 de xaneiro de 2017)

 

Primeira actividade do Club de Ciencia do Eusebio

O pasado 23 de xaneiro os membros do Club de Ciencia do Eusebio reuníronse para investigar nos planetas do Sistema Solar e facer unha actividade en torno ao Venus. Como se foran científicos, as seis rapazas e dous rapaces xunto aos profesores Minia Prego, Luis J. Rodríguez e Mario S. García mediron parámetros en varias fotografías co fin de atopar o diámetro do planeta. Aínda máis, compararon as distintas fases que amosa en relación coa distancia á Terra.

Hai que agradecer a laboura que científicos do Instituto Astrofísico de Canarias desenvolven para axudar á comunidade escolar. 

 

Participación na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA

Os alumnos de 1º de Bacharelato, Guillermo Alonso-Jáudenes Paz, Alfredo Chavert Sancho, Sabela Tembrás López, e de 4º ESO, Ángela Martínez Loureiro participaron na OLIMPIADA MATEMÁTICA GALEGA (1ª FASE DA LIV OLIMPIADA MATEMÁTICA ESPAÑOLA, a instancia do Profesor Luis Javier Rodríguez González do Departamento de Matemáticas, promovido pola RSME (Real Sociedad Matemática Española) e que tivo lugar o venres 19 de Xaneiro de 2018 na Facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela.

Cabe resaltar o esforzo realizado na preparación e na realización da proba xa que competiron con alumnado doutros centros e de cursos de 2º de bacharelato e, en moitos casos, con alumnado pertencente ao programa ESTALMAT (programa de estimulación do talento matemático da Facultade de Matemáticas da USC).

Merece especial mención a alumna de 4ª de ESO Ángela Martínez que obtivo unha puntuación de 30 puntos sobre 42 do total da proba.

 

Premios EDUCA ABANCA 2017. Mejor Docente de España.

Este Instituto recibiu unha Mención Especial ao fomento do programa de Educación Financieira ABANCA Obra Social, por unha actividade desenvolvida polos alumnos de 4º de ESO de Economía dirixida pola profesora Ana Rey. Noraboa aos alumnos e á profesora!

Chocolate para os alumnos de 2ºD que gañaron o concurso de Nadal 2017 de 2º de ESO

Velaiquí a foto dos gañadores, acompañados pola súa titora, Minia Prego, e pola directora do centro, Isabel Ruso de Lago. Parabéns!

 

Charla presentación dos estudos de ESADE

Ana Isabel Fernández presentou os estudos de ESADE nunha charla dirixida ao alumnado de Economía de Bacharelato.

Exposición fotográfica da asociación A.I.R.E.

A Asociación Integral de Rescate en Emergencias (A.I.R.E.) desenvolve un proxecto de concienciación social sobre as migracións forzosas e as persoas refuxiadas, cunha exposición fotográfica de Irisi Durán e Muhammad Ali.

 

Patinaxe de alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO

Unha actividade organizada todos os cursos polo Departamento de Educación Física.

Visita de alumnos de ciencias de 4º de ESO ao CICA

Os alumnos de ciencias de 4º de ESO visitaron e fixeron prácticas no Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña.

Vídeo:

Fotos feitas polo CICA

Kaito Tenreiro, alumno de 1º de ESO, premiado nun concurso de viñetas

Kaito, acompañado pola súa profesora Ana Rey, foi premiado cun accésit na VII edición do concurso de viñetas "Sen adicións... un bo plan" promovido pola Concellería de Xustiza Social e Coidados do Concello da Coruña.

 

Colaboración coa ONG Mozambique Sur

Recollida de material de limpeza para a Casa do Gaiato, que acolle a 150 nenos de Mozambique.

Visita e actividades en orto ecolóxico

Actividade de alumnos de Relixión.

Un sono feito realidade: O párroco de Cabrui e a asociación Raiña Paraiso poñen en marcha un proxecto de agricultura ecolóxica. Solidariedade, interculturalidade e aprendizaxe van da man.

A historia do noso Universo, contada nun día

"A historia do Universo como si pasara en un só día" foi o título dunha interesante charla do profesor deste Instituto Mario Simón García aos alumnos de 3º de ESO.

Concurso de postais de Nadal

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

 

PRIMEIRO PREMIO 2º ESO

Laura Villa Latas   2ºA

 

Accésits

Mª Eugenia Roca Capdevila   2ºA

Sara Oanes Romero   2ºA

Kem Arambillet Salvador  2ºB

 

PRIMEIRO PREMIO 1º ESO

Brigitte Dextre Arce   1ºC

 

Accésits

Pablo Alonso-Jáudenes Paz   1ºA

Natalia Pérez   1ºA

Carla Dopazo Pavón   1ºA

Ana Pérez Santos   1ºB

Ana Merayo Cubeiro   1ºC

Lucía Sánchez Roquer   1ºC

Andrea Hermida Vázquez   1ºD

 

Visita de 2º Bacharelato á Feira das Universidades

O evento UNITOUR é unha grande oportunidade para os alumnos, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións.

Antes de partir ao evento, posaron para o recordo:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut