Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2021-2022

LANZAMENTO DE SATÉLITES CONTRA DOS INCENDIOS FORESTAIS

30 de marzo de 2022

LANZAMENTO DE SATÉLITES CONTRA DOS INCENDIOS FORESTAIS

Os alumnos de 1º e 2º ESO do Eusebio da Guarda participaron nunha actividade organizada polo grupo Satcor, que forma parte dun proxecto da Axencia Espacial Europea.

 Con motivo do día dos bosques celebrado esta semana, os máis xoves do instituto tiveron a oportunidade de crear un satélite cunha botella, unha bolsa de plástico e fíos para, posteriormente, propursalo ao patio. Dentro da botella, que servía de base, cada un dos participantes escribiu unha mesaxe en favor dos bosques. Decidiuse reivindicar a saúde forestal porque, no satélite que está a crear o grupo Satcor, incorpórase un sistema de detección preventiva de incendios. Así, puidose explicar o proxecto aos compañeiros ao mesmo tempo que se celebraba un acto de sensibilización medioambiental polo que todos amosaron interese. As mesaxes serán incluidas nun mural nos vindeiros días. Ademáis, as botellas e bolsas empregadas foron recicladas.


O Instituto Eusebio participou na XXXIX OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA

actualizado o 30 de marzo de 2022

Gañou na fase locaL ALEJANDRO PRIETO JUANEDA.  PARABENS!!!

18 de marzo de 2022

XXXIX OLIMPÍADA GALEGA DE QUÍMICA

O Instituto Eusebio da Guarda participou nesta Olimpíada que se celebrou na Facultade de Ciencias da UDC o 18 de marzo de 2022. Participou alumnado de 2º de Bacharelato: Alberto Álvarez Catrufo, Roy Casero Soler, Alba Codesal García, Franco Julius del Villar Dufour, Paula Martínez Gómez, María Moreira Gándara, Daniela Neira Prada, Julia Núñez Ferreño, Antonio Pena Macho, Óscar Pillado Villaverde, Alejandro Prieto Juaneda, Andrea Quesada Paz, Víctor Ramos Martínez, Nicolás Sánchez Fernández, Ainara Sánchez Gómez, Jorge Sanz Sánchez Harguindey e Noa Vázquez Recouso.

A cargo da súa preparación estiveron os profesores de Física e Química Laura Horta Romarís, Minia Prego Cabeza, Pedro Rodríguez Porca e Jesús Serna Arnaiz.

SCAPE ROOM NO CLUB DE CIENCIAS

30 de marzo de 2022

SCAPE ROOM NO CLUB DE CIENCIAS

O Club de Ciencias organizou este mércores unha actividade dinámica para todos os seus participantes. Os alumnos elaboraron telégrafos cos que se comunicaron mediante o código morse, baixo a supervisión de Serxio Gómez e Adrián Vérez. Empregaron o formato dunha “scape room” no que tiñan que liberarse o antes posible.

Saída “AS CASAS CONSISTORIAIS DA CORUÑA”

21 de marzo de 2022

Saída “AS CASAS CONSISTORIAIS DA CORUÑA”

O pasado luns, día 21, o alumnado de 3º da ESO realizou unha ruta para coñecer mellor a historia da súa vila. Na ruta, descubrimos onde estaban situadas as diferentes Casas Consistoriais da Coruña ao longo da historia.

Comezamos polo atrio da igrexa de Santiago onde no século XII xa se realizaban os “Concellos abertos”, para ir desvelando, a medida que percorriamos a vila, as diferentes ubicacións; desde a Praza da Fariña, ate a vivenda da rúa da Franxa 23, onde se atopa actualmente o Conservatorio de Danza da Deputación, pasando polo mosteiro dos Agostiños e rematando o noso percorrido no actual Salón de Plenos de María Pita.

E como mostra do ben que o pasamos, amosámosvos o “ No noso documento histórico-gráfico” do día.

Entrevista da exprofesora Mª Rosario Soto ao alumno César de la Fuente

20 de marzo 2022

Entrevista da exprofesora Mª Rosario Soto ao alumno César de la Fuente.

 

Encontros con… ANDREA MACEIRAS, autora de Europa Express

18 de marzo de 2022

Encontros con… ANDREA MACEIRAS, autora de Europa Express

A escritora galardoada co XIX Premio Anaya de literatura infantil e xuvenil 2022, tivo unha charla co alumnado de 3º ESO A, C e V e posteriormente asinoulles os libros que leron.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Olimpiada de Física

4 de marzo de 2022

Olimpiada de Física

O venres 4 de marzo, celebrouse na Facultade de Ciencias da UdC a XXXII Olimpiada Española de Física (fase local das universidades galegas).  Os  alumnos que se presentaron á dita proba foron Alba Codesal, Nuria Hermida e Claudia López de 2º A de bacharelato e Noelia Martínez, Daniela Neira, Alejandro Prieto e Cristóbal Santos de 2º C de bacharelato. Todos este alumnos cursan a materia de Física en 2º de Bacharelato e foron preparados polos profesores Minia Prego Cabeza, Daniel Varela Varela e Mª Dolores Blanco Vieites

Nuria Hermida foi seleccionada. PARABENS!

PREMIO DE EXCELENCIA DA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN NOS GRAOS CURSO 2021/22 a CARLOTA DANS PÉREZ

10 de marzo de 2022

PREMIO DE EXCELENCIA DA UDC Á MELLOR NOTA DE ADMISIÓN NOS GRAOS CURSO 2021/22 a CARLOTA DANS PÉREZ. PARABENS!

Olimpiada de Xeografía

9 de marzoo de 2022

Olimpiada de Xeografía

 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA Trinity 2021-22


 

PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUA INGLESA CURSO 2021-22

 

READING  AND WRITING

LUGAR: IES EUSEBIO DA GUARDA

DATA: MÉRCORES 9 DE MARZO DE 2022

PRESENTACIÓN: 15:00

HORA DO EXAME: 16:00-18:00

SPEAKING AND LISTENING

LUGAR: IES EUSEBIO DA GUARDA

DATAS: Entre o 7 e o 15 de marzo en horario que se especificará a cada alumno.

 

GENERAL INFORMATION ON ISE EXAMS

 

SPECIFIC INFORMATION ON ISE I (B1)

 

SPECIFIC INFORMATION ON ISE II (B2)

 

SPECIFIC INFORMATION ON ISE III (C1)

 

Recursos de Formación.

 Enlace al apartado de ISE de nuestra página web https://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/ISE

 Enlace sobre los niveles y recursos gratuitos ISE https://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/ISE/ISE-levels

 Enlace sobre publicaciones de editoriales para preparar ISEhttps://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/publisher-resources

 Enlace para recursos gratuitos e información para el alumnado https://www.trinitycollege.com/qualifications/english-language/ISE/ISE-student-information

 

Rosalía Martínez-Risco e Sol Davó en Radio Voz

 

8 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. PROXECTO CANSAT

Rosalía Martínez-Risco Pérez e Sol Davó Fernández, alumnas do profesor de Tecnoloxía Serxio Gómez, son entrevistadas en RadioVoz.

PRESENTACIÓN DO VII CONCURSO DE DEBUXO PICASSO

PRESENTACIÓN DO VII CONCURSO DE DEBUXO PICASSO

Luns, 07 de marzo de 2022

Interveñen:

  • D. María Isabel Ruso de Lago, directora do IES Eusebio da Guarda.
  • D. Gonzalo Trenor, delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña.
  • Dª. Doda Vázquez, presidenta da Asociación da Prensa da Coruña (APC).
  • D. Anxo M. Lorenzo, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Asisten:

  • D. Rubén Ventureira.
  • D. Juan Carlos Varela Vázquez, concelleiro do Grupo municipal do Partido Popular.

 

A lección dun mestre: o Entroido de Laza

4 de marzo de 2022

A lección dun mestre: o Entroido de Laza

Hoxe tivemos a sorte de poder escoitar a explicación dun dos entroidos máis antigos de Galicia e, disque tamén, un dos dez máis ancestrais do planeta: o Entroido do concello ourensán de Laza. Pero, ademais, non contamos cun relator calquera, senón que a explicación correu a cargo dun auténtico peliqueiro: o alumno de 1º ESO D Colman Balliet Diz, quen lles explicou aos seus compañeiros a función deste personaxe típico do seu entroido e mais as curiosas características do seu traxe. Como mostra, trouxo a súa zamarra ou fusta, coa que azoutan a todo aquel que non respecte o propio peliqueiro ou se interpoña no seu camiño; e tamén seis chocas de seu, suxeitas a un cinto de pel, que carga o peso. Segundo Colman, con elas avisan da súa presenza e poden chegar a pesar 1,5 kg, pero  …... aumentan o tamaño segundo avanza a idade do peliqueiro!!!!!!!!

Foi realmente unha verdadeira lección dun mestre que, malia a súa xuventude, soubo engaiolarnos coas súas verbas e co movemento desas chocas. Á parte disto, tivo a xentileza de cedernos unhas fotos súas co disfraz e uns videos moi interesantes dos peliqueiros en acción polas rúas de Laza  (obviamente el é un dos protagonistas dos mesmos) e o ritual da vestimenta do traxe, dun curmán seu. Moitísimas grazas, Colman e , como di a cantiga popular: “Catro cousas hai en Laza,/ non as hai en toda a terra:/ Peliqueiros, Maragatos,/ as formigas e a Morena”. Viva o Entroido galego!!! Teresa Pastor Novo, profesora de Lingua Galega e Literatura.

Encontros no Campus da USC

3 de marzo de 2022

Encontros no Campus da USC

O alumnado de 2º de Bacharelato asitiú, xunto cos seus titores e a Coordinadora de Bacharelato, ás charlas da USC e visitou a catedral e a Cidade da Cultura.

ENFRONTAMENTO ENTRE CAMPESIÑ@ E GANDEIR@ DA MESTA

Na Unidade Didáctica 7, o alumnado de 2º da ESO estudou a economía castelá durante a Plena Idade Media e, dentro dela, a transhumancia das ovellas meiriñas organizada dúas veces ao ano polos gandeiros.

Consciente da importancia da gandaría para a economía do Reino de Castela, o rei Afonso X O Sabio creou en 1273 o Honrado Concejo de la Mesta, que defendía os intereses dos gandeiros e tiña como obxectivo evitar os conflitos entre agricultores e gandeiros, como os que escenifican os nosos estudantes nos seguintes vídeos.

A actividade está organizada pola profesora de Xeografía e Historia Paula Cadaveira López.

Visita ao CERN

24 febreiro 2022

Visita ao CERN

Primeiro Módulo do Proxecto TAEUS

25 febreiro 2022

Primer Módulo del Proyecto TAEUS

Os nosos 18 Embaixadores Junior de 4º ESO realizaron hoxe o primeiro Módulo de formación do Proxecto TAEUS sobre a política de Cohesión sobre a qué van investigar. 

Moito ánimo a tod@d!!

Convócase o XVII Concurso Literario Rita Suárez Amado

Xaneiro 2022

Convócase o XVII Concurso Literario Rita Suárez Amado

Probas de acceso a Ciclos 2022

Publicación da convocatoria para as probas de acceso a ciclos 2022


O prazos de presentación de solicitudes para as probas de acceso a ciclos formativos en Galica Convocatoria 2022 son:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.

Toda a información relativa as probas está no seguinte enlace e nos incluidos neste.
http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-acceso-ciclos-grao-medio-superior-orde-convocatoria-2022

23 de febreiro: un día para celebrar a Rosalía

22 febreiro 2022

23 de febreiro: un día para celebrar a Rosalía

O Día de Rosalía de Castro pasará a celebrarse o 23 de febreiro, auténtica data de nacemento da poeta

En outubro do pasado ano, a investigadora Sagrario Abelleira fixo público o achado duns documentos que alteraban o que sabiamos sobre Rosalía de Castro: a data de nacemento da escritora situábase grazas a súa pescuda no día 23 de febreiro de 1837, e non no día 24, como até ese momento se pensaba. O expediente matrimonial de Rosalía de Castro con Manuel Murguía, atopado no Arquivo Diocesano de Madrid, mostrábase como "un documento incontestábel" que permitía fixar definitivamente o día en que naceu Rosalía e que aclara moitas das dúbidas "que até o de agora pairaban sobre a súa biografía".

Cando se fixeron públicos os documentos que demostraban que Rosalía nacera o día 23 de febreiro de 1837 xa se formulara o proxecto deste cambio de data que hoxe se materializa, aínda que existían certos receos sobre a aceptación da mudanza, ao terse convertido o 24 de febreiro nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego. "Era o lóxico", opina o presidente da Fundación Rosalía, e ese pequeno cambio carece de importancia diante da proxección da súa obra sobre o

pobo galego. O importante é que houbo acordo entre todas as institucións, que non existiron disparidades e que Rosalía segue sendo un elemento de unidade entre todos os estamentos da sociedade galega".

Unha "nova" data que os estudosos daban como plausíbel. Até o de agora, coñecíase unicamente a partida bautismal de Rosalía, do 24 de febreiro de 1837, e ao ser esta a única proba documental acreditada, dábase por boa esta data para lla asignar ao nacemento da autora. Non obstante xa existían moitos indicios que apuntaban ao día 23 de febreiro como a data real do nacemento da autora. Manuel Murguía, por exemplo, no Diccionario de escritores gallegos, escribe que Rosalía naceu en Santiago o 23 de febreiro de 1837.

Tampouco parecía moi normal que, sendo bautizada o día 24 de madrugada, a data de nacemento fose dese mesmo día.

A nova información biográfica sobre Rosalía quedou recollida na publicación Rosalía e Murguía: datos, datas e documentos (1851-1858), de Sagrario Abelleira.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Un día para celebrar a Rosalía

A Xunta de Galicia e as institucións vencelladas á autora deciden cambiar a efeméride tras a aparición de nova documentación que desvela a súa data real de nacemento

O Día de Rosalía converteuse nos últimos anos nunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego e, por primeira vez, o curso escolar 2021/2022 inclúe a celebración desta efeméride na súa programación. Unha data que ata o de agora, e ante o descoñecemento do día exacto do nacemento da poeta, se celebraba o 24 de febreiro, día en que recibiu o bautismo.

Logo deste acordo, que traslada a celebración ao día 23, a Xunta, a Fundación Rosalía de Castro e demais institucións e asociacións vinculadas á figura da poeta convidan á sociedade a renderlle homenaxe a Rosalía no seu día e en todos os demais lendo e poñendo en valor a súa obra.

Convidamos á Comunidade educativa do Eusebio da Guarda a celebrar este 23 de febreiro de 2022 poñéndo en valor a figura de Rosalía e a súa obra.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Lectura dos poemas polas aulas:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut