Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Actividades curso 2021-2022

Exposición e concurso « Connais-tu la France ?

Como en anos anteriores, unha vez que remata o primeiro trimestre do curso e logo de ter adquirida  ao longo deste tempo diversa información , o alumnado de francés 1ª e 2ª lingua de 1º de ESO acaba de inaugurar a súa exposición:  "Connaissez-vous la France?" Este traballo de "collage" dará lugar a un concurso onde as mellores presentacións recibirán unha pequena recompensa ao seu esforzo.

O percorrido da exposición acolle as diversas rexións e colectividades francesas dentro e fora do Hexágono.

Bravo polos nosos alumnos que amosaron un grande interese e esforzo no coñecemento da cultura rexional francesa, na seu primeiro ano de aproximación á lingua de Molière. Moitas grazas  aos seus profesores  Alejandro Carrillo Rubio e María José Barreiro Seoane.

As votacións tiveron lugar ao longo desta semana e os gañadores daranse a coñecer o luns, día 20 de decembro. Agradecemos a todo a alumnado de cursos superiores que se acercou a votar ao igual que ao profesorado participante co fin de elixir os mellores “collages” . 

Departamento de francés 

17 de decembro de 2021

Expresións latinas ou Latinismos

16 decembro 2021

Os alumnos de Latín de 4º E expoñen os seus traballos sobre Expresións latinas ou Latinismos mesturando a creatividade narrativa e a ilustración.
Ademáis como final de trimestre sentíronse como verdaderos escribas clásicos no taller de escritura antiga elaborando con " calamos" e tinta uns bonitos marcapáxinas de pergamiño.
Departamento de Latín.

Visita de 2º Bacharelato á Feira das Universidades

O 16 de decembro de 2021 o alumnado de segundo de bacharelato, acompañado polos seus titores e a coordinadora, tivo a oportunidade de visitar UNITOUR, o Salón de Orientación Universitaria.

Este evento, do que xa se veñen celebradas dez edicións, é unha grande oportunidade para os alumnos, e tamén os pais, de achegarse ás distintas opcións de futuro universitario no noso país, da man dos representantes desas institucións.

Antes de partir ao evento, posaron nunha foto para o recordo:

Nadal na Biblioteca

Na nosa Biblioteca queremos lembrar e celebrar con materiais da Biblioteca este tempo novo. Que a lectura sexa parte da felicidade e nós leve por bo camiño. Bon Nadal Lector!

Bolsas USA 2022-23 do Concello da Coruña

Bolsas USA 2022-23 do Concello da Coruña

Alba Codesal García e Daniela Neira Prada, seleccionadas para participar no 33 Congreso Jóvenes Investigadores 2021

Alba Codesal García e Daniela Neira Prada, alumnas de 2º Bac e participantes no programa STEMbach do Instituto Eusebio e titoradas pola profesora Mª Jesús Mourazos, foron seleccionadas para participar no 33 Congreso Jóvenes Investigadores 2021 que se celebrará en Málaga do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2021.

No Congreso foron galardonadas cun Accésit de 1000 € e unha estancia de 15 días no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC) que elas escollan. PARABENS!!

 

Presentación do proxecto, partir de 1:22:16. PARABENS! porque o fixeron moi ben.

Turismo & A Coruña. Charla-coloquio.

25 de novembro de 2021.

Xosé Regueira Varela, vicepresidente da depuración da Coruña, Moisés Jorge Naranjo, director xerente do consorcio de Turismo y Congresos da Coruña e José Blanco Castiñeiras presidente de A Coruña Convention Bureau, acudiron a tarde do 25 de novembro a unha charla -coloquio organizada polos Ciclos Superiores de Turismo. No encontro reflexionouse sobre as propostas e actuacións de corte sostible e innovador que se están levando a cabo desde cada unha das áreas de alí representadas.

A charla antecedeu unha visita guiada polo centro a cargo da directora Isabel Ruso de Lago.

Acoso e abuso sexual na xuventude en A Coruña Opina

21 de novembro de 2021.

Acoso e abuso sexual na xuventude en A Coruña Opina. Minutos 17, 36 e 51. Participan Carla Dopazo Pavón de 1º de Bacharelato e Santi Vilas Subarán de 4º de ESO

Mª Isabel Ruso de Lago está participando no XLI Congreso de FEDADi

20 de novembro de 2021
Mª Isabel Ruso de Lago, directora do IES P. Eusebio da Guarda e presidenta de ADDiGA (Asociación de Directivos de Instituto de Galicia), está participando estos días en Madrid no XLI Congreso de FEDADi (Federación Española de Asociaciones de Directivos de Centros Educativos Públicos) sobre a Dirección escolar na LOMLOE dende a perspectiva do MEBD.

Charla "No es lo mismo enseñar que dar lecciones" organizada pola AMPA

18 de novembro de 2021

A psicóloga sanitaria Montserrat Cerviño Cotelo impartiu unha charla titulada "No es lo mismo enseñar que dar lecciones". Foi organizada pola AMPA do Instituto, rematando cun interesante coloquio.

Visita ao MUNCYT do alumnado do StemBach

17 de novembro de 2021

O alumnado do STEMbach realizou unha visita ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) de A Coruña. Durante dúas horas puidemos coñecer as distintas salas de exposición do museo nas que se atopan, entre outros, a parte dianteira e o tren de aterrizaxe do Boeing 747 que trouxo o Guernica a España, doado por Iberia, ou a montaxe do primeiro acelerador de partículas deseñado e construido na Xunta de Enerxía Nuclear hacia 1957. Para rematar, visitamos a exposición temporal conmemorativa do 150 aniversario da Táboa Periódica.

Daniel Varela Varela, profesor de Física e Química e de STEMbach.

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. ACTO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO A CORUÑA

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER. ACTO NA DELEGACIÓN DO GOBERNO A CORUÑA.

Hoxe 16 de novembro de 2021 o alumnado de 1ºC de Bacharelato acompañado pola Directora Isabel Ruso, a Coordinadora de Bacharelato Beni Vidal e a súa titora Lisi Prado, foi convidado á Delegación do Goberno para realizar unha lectura dos relatos de Emilia Pardo Bazán, El indulto e Las medias rojas dentro dos actos que se están a realizar por mor do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Ao acto, presidido pola subdelegada do goberno dona María Rivas, asistiu a actual Condesa de Pardo Bazán, dona Carmen Colmeiro e a profesora da USC dona Cristina Patiño, estudosa da obra da Condesa, da que fixo unha semblanza do seu papel na literatura, recoñecendo que foi un quebraondas co que ían chocar todos os prexuízos machistas da época, adiantándose ao seu tempo, poñendo de manifesto a ansia de independencia da muller. 

Os relatos lidos por Carla Dopazo, Hugo Herrador, Sofía Ameijeira e Sol Davó (cunha dicción e un sentimento admirables) son boa mostra do pulso diario da vida en Galicia que tiña dona Emilia, atenta sempre aos sentimientos e emocións das mulleres do seu tempo. Medo, medo e medo é o que senten as protagonistas dos relatos, Antonia e Ildara que representan á muller sometida que non quería a escritora nin queremos nós. 

Exposición A CASA DE GALICIA. 50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA

Exposición A CASA DE GALICIA. 50 ANOS DA CASA DE ROSALÍA

Cúmprense 150 anos desde que Rosalía De Castro chegou en 1871 á cidade, con este motivo estreouse onte nos xardíns de Méndez Núñez a exposición A casa de Galicia.50 anos da casa de Rosalía.

A mostra fai un repaso polo fito que supuxo mercar e restaurar a casa da Matanza, na que a escritora viviu e morreu, para convertela na Casa-Museo de Rosalía de Castro en pleno franquismo. Algo que foi posible grazas á colaboración dos galegos asentados en Galicia e dos galegos da emigración. Tamén de concellos, xornais, clubs deportivos e asociacións.

A exposición dá a benvida a través dunha fiestra, que simboliza a frase que a escritora pronunciou no seu leito de morte na casa da Matanza en 1885:”Abride esa fiestra, que quero ver o mar”. “A historia da casa de Rosalía de Castro é a do traballo constante por abrir unha fiestra de liberdade na negra sombra de pedra franquista”, reza o primeiro mural que abre a exposición.

O alumnado de 3ºV en compañía da profesora Beni Vidal do Ámbito Lingüístico-Social percorreu a exposición tomando nota da información dos murais.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

Magosto 2021

Magosto 2021

Mércores 10 de novembro, véspera de San Martiño, desenvolveuse no Eusebio da Guarda a actividade tradicional do Magosto. Ver máis no blog A Artesa do Eusebio.

Actuación de Carolina Díaz Vázquez e Daniela Neira Prada ás 12:15 horas na festa do Magosto:

Actuación das alumnas de 3º de ESO Alejandra Pérez Seijas, Yolanda Rey Chenlo e Xulia Rivadulla Losa, na aula Picasso:

Actuación de varias alumnas de 1° de ESO E: Irene Armada Santos, Claudia Milia Malingre, María Torrado Sánchez, Alejandra Vázquez Suárez e Candela B. Nielsen Sicilia:

Presentación da COP26

O grupo COdos, na súa tarea de dar a coñecer obxectivamente a realidade das causas e consecuencias do quentamento global e o cambio climático, presenta a exposición que elaborou para coñecer que é e que está a suceder na COP26. Durante estes días publicaremos varios vídeos.

Samaín 2021

Co gallo da celebración da festa do Samaín 2021, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou a tradicional actividade de decoración das portas das aulas dos grupos de Ensinanza Secundaria Obrigatoria. 

O venres 28 como se anunciara, un esixente xurado, composto pola directora, coordinadora do EDLG, varios membros do profesorado e un membro do alumnado, valoraron as portas.

Resultou premiada, despois de arduas deliberacións a porta do grupo 3° ESO C, titoría de Paulo Carballada.

O alumnado foi premiado cunha bolsa de chuches e a correspondente medalla.

 

Máis fotos na ARTESA DO EUSEBIO

Pumpkin carving contest 2021. English Department

This course our students have taken part in a pumpkin carving contest, these are some of the submissions... and the winners!!

We had a spooky photocall too. Happy Halloween everyone from the English Department!!

Exposición "De Amor e de Amigo, as cantigas de Martín de Padrozelos"

27de outubro de 2021

Estes días e ata o 5 de novembro, contamos no instituto cunha exposición sobre as cantigas do trobador da lírica medieval Galego-portuguesa Martín de Padrozelos. Promocionada pola Asociación de Estudosos do Camiño de Santiago e mais a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e comisariada por Luis Celeiro, forma parte dun proxecto relacionado coa nosa lírica medieval e mais co Camiño de Santiago. Ten un afán divulgativo co obxectivo de facilitar o achegamento tanto á cultura medieval en xeral como á nosa lírica en particular, centrado en Martín de Padrozelos, trobador do val de Lóuzara no Concello de Samos. Froito da colaboración estreita do grupo investigador xurdiron o documental Trobador no camiño, andares pola lírica de Martín de Padrozelos, esta exposición das súas dez cantigas de amigo e de amor, e un magnífico disco do grupo A Quenlla, titulado Trobador no camiño. 

A exposición viaxou polos concellos do Camiño lucense durante este verán, e agora vai continuar o seu percorrido polos centros de ensino galegos. É neles onde mellor se poderá aproveitar didacticamente, tendo en conta a carencia de materiais sobre esta época literaria. Vén acompañada de recursos dixitais para facilitar o  traballo nas clases, e a modo de clausura desta primeira rolda en 2021, terá lugar un concerto do grupo A Quenlla coa interpretación das cantigas de Martín de Padrozelos en Chantada o 18 de decembro.

Departamento de Lingua Galega e Literatura

EDLG do IES Eusebio da Guarda 

Visita do Dr. Pedro Canto

O 26 de outubro de 2021 visitounos o Dr. Pedro Canto, Decano da Facultade de Educación da Universidade Autónoma de Yucatán (México). É Enxeñeiro químico industrial e Doctor en Educación Superior pola Universidade de Ohio (USA).

 

Está acompañado pola Catedrática da Facultade de Ciencias da Educación da UDC Mercedes González, pola Directora do Instituto Isabel Ruso e pola profesora de Lingua castelá do Instituto Charo Vázquez.

Distribuir contido


by Dr. Radut