Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Medios de Comunicación

Enlaces a artigos da prensa, videos, etc que falan do Instituto, das actividades que se fan nel ou de calquera tema relacionado

Visita na alcaldía

(Foto:Concello de A Coruña)

 

Nun contexto espléndido, nunha estancia cun cadro de Laxeiro, a Directora e mais a Vicedirectora do Instituto foron recibidas este pasado mércores 26 polo señor alcalde da Coruña, D. Xulio Ferreiro, quen estivo acompañado polo xefe de gabinete, o señor Iago Martínez. A visita era para comunicarlles os actos de celebración do 125 aniversario do funcionamento do Instituto ‘Eusebio da Guarda’, así como para sumar esforzos na potenciación do noso Salón de Actos, auténtico paraninfo cultural para a vida coruñesa. Igualmente, solicitamos da nova corporación municipal a súa presenza, seguindo na mesma liña cás corporacións anteriores, á hora de celebrarmos entre todos o certame literario ‘Rita Suárez Amado’. O recibimento foi cordial, como debe ser entre Institucións que desexen traballar a prol do futuro da nosa cidade.


 

 

Ana Inés Jabares estrea "Lela & Co" no Royal Court de Londres

(Foto: La Voz de Galicia)

A escenógrafa coruñesa Ana Inés Jabares Pita, quen estudou ESO e bacharelato no noso centro, debuta o próximo 3 de setembro no prestixioso Royal Court de Londres coa escenografía de Lela & Co, de Cordelia Lynn. Ana Inés xa fora anteriormente  galardoada co premio Linbury. Poderemos ver o seu traballo aquí en Galicia, concretamente en Santiago, en outubro, coa obra “Elementa”. 

Parabéns á nosa ex alumna, aos pais (ambos os dous catedráticos xubilados de Debuxo), e aos seus profesores! Desde aquí desexámoslle que continúe feliz e exitosamente coa súa profesión.


Entrega dos premios de excelencia na USC

Coma noutras ocasións, varios alumnos do Eusebio acudiron á chamada da Universidade de Santiago de Compostela a recoller os premios á excelencia.

E celebrárono comendo unha mazá, símbolo do programa A Ponte da USC.

Actualización: Podes ver os videos do acto facendo clic aquí.


 

Presentación do disco Hot News

 

O pasado xoves 25 de xuño o pianista Federico Mosquera Martínez -exalumno do Eusebio-, a violinista Mihai Andrei Tanasescu Kadar e a violonchelista Rosalía Vázquez García presentaron o seu disco "Hot News". O elemento central do mesmo é a crise. Os temas foron compostos por José Vázquez.

La Voz de Galicia e La Opinión de A Coruña fixéronse eco do acontecemento.


 

Videos da graduación de 2º Bacharelato 2015

Dirixido e realizado pola nosa alumna Ana Sanmiguel Castro, xa podes ver o video que despide os alumnos de 2º de Bacharelato do Eusebio, curso 2014/15.

E tamén temos o video do discurso de Ignacio Roura:

Actualización: Engadimos algunhas fotos de familia e tamén o publicado hoxe en La Voz de Galicia:

 

 

Gracias os nosos colaboradores!


 

 

Unha curtametraxe que da moito que falar: "Contigo siempre"

"Contigo Siempre", curtametraxe de Nuria García Montiel, ten imaxes rodadas no noso instituto, asemade outros emprazamentos da nosa cidade herculina.

A autora está pletórica polas continuas alabanzas que recibe a nivel mundial, mesmo con premios coma mellor guión no Delhi International Film Festival da India.

Aínda que hai imaxes que poden ferir sensibilidades, cremos que certamente é algo que paga a pena ver.


 

Presentación institucional da Unidade Didáctica "María Wonenburger: unha científica adiantada ao seu tempo"

Hoxe no Salón de Actos do noso instituto presentouse a unidade didáctica “María Wonenburger. Unha científica adiantada ao seu tempo” realizada polas matemáticas Mª José Souto e Ana Dorotea Tarrío.

A famosa matemática, Doutora Honoris Causa pola UDC, foi alumna deste centro, cando aínda era feminino.

(fotos: Pedro R. Porca, fai clic para ver máis)

 

Ao acto asistiron o Sr. Vicepresidente da Xunta de Galicia, don Alfonso Rueda,  o Sr. Alcalde, don Carlos Negreira; a Sra. Secretaria Xeral de Igualdade, dona Susana López Abella, familiares de María Josefa Wonenburger, a Sra. Delegada da Xunta da Coruña, dona Belén Docampo, o Sr. Concelleiro de Educación do Concello da Coruña, don Miguel Mourelo, a Sra. Decana da Facultade de matemáticas, dona Victoria Otero, a Sra. Subdirectora Xeral de Promoción da Igualdade, dona Mª Pilar García-Rodeja, a Sra. inspectora de Educación, dona Berta Estrada, profesores e alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO. 

Proxectouse un vídeo sobre a vida da homenaxeada e mais as liñas mestras da unidade.

 

No seu discurso o Sr. Rueda destacou que as estatísticas de mulleres e homes que optan por unha carreira técnica (15%/VS/40%) aínda son desfavorables á muller. E fixo votos por que as cousa cambien xa que, engadiu, a sociedade está perdendo oportunidades.

 

Actualización: Enlaces á noticia nos medios de comunicación:

 


 

Eusebio da Guarda, benefactor da cidade

O pasado 17 de maio o diario El Ideal Gallego publicou na súa edición de Coruña un artigo sobre as figuras de Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría que enlazamos na foto superior.


 

 

IX Xornadas da Asociación Nacional para a Defensa do Patrimonio dos Institutos Históricos

Dos días 1 ao 3 de maio celebráronse en Mahón as IX Xornadas de Institutos Históricos Españois. O "Eusebio" participou a través da directora, Mª Isabel Ruso de Lago, e a secretaria, Maribel Quiroga Fernández. Presentaron a comunicación "Espacios de formación de Pablo Ruiz Picasso: El Instituto da Guarda 1891-1895", cuxa lectura sorprendeu gratamente aos asistentes, pois poucos coñecían a etapa coruñesa do pintor.

 


(Poden verse as ponencias facendo clic sobre a fotografía.)


Reportaxe da revista Ronda Iberia sobre o "Picasso Coruñés"

A revista Ronda, da compañía Iberia, vén de publicar neste mes de maio unha reportaxe titulada "¡Hola A Coruña!", adicada á figura de Picasso e máis en concreto á exposición que se está celebrando sobre a estadía deste pintor universal na nosa cidade. Inclúe foto do instituto e breve entrevista á directora. (Fai clic para velo).

 


 

 

XX Día da Ciencia na rúa

Invitados pola Agrupación Astronómica Io, os alumnos de 2º ESO Roque Placer e Alfredo Chavert acudiron á XX edición do Día da Ciencia na Rúa co seu Telurio, feito para un proxecto de mecanismos en Tecnoloxía. 

O artello foi admirado especialmente polos cativos, aínda que os adultos amosaban sorpresa ao velo feito con materiais de refugallo na práctica totalidade.

O proxecto empregaba dúas pilas para mover o conxunto Sol-Terra-Lúa a través de varias rodas con correa coma mecanismo de transmisión e reducción da velocidade dun motor eléctrico. Clicando na imaxe poderás ver máis fotos e tamén un video do funcionamento (autores das fotos: Pedro R. Porca e Mario S. García).

 


 

O alumno Gonzalo Cao ve recoñecido o seu esforzo pola prensa

 

 

"O alumno máis premiado de Galicia", na sección dominical de Pablo Portabales.


 

Recital de piano de David Vaamonde López

O vindeiro 15 de maio, o noso alumno David Vaamonde López ofrecerá un recital de piano no Conservatorio Superior de Música. A entrada é libre. 

David participara co pianista Lang Lang nun magnífico recital que fora emitido pola televisión nacional.

Será unha grande oportunidade para escoitalo de novo.


 

Gonzalo Cao, medalla de prata na Olimpiada de Informática

Esta vez o noso alumno acudiu a Barcelona para participar na Olimpiada Nacional de Informática. E obtivo o segundo posto, medalla de prata, deixando aos seus pais máis que contentos, coma non podía ser doutro xeito. Parabéns!


 

Visita ao Eusebio da asistente personal de Claude Picasso

O pasado venres recibimos a visita de Christine Pinault, asistente personalde Claude Picasso en Picasso Administration.

Na foto aparece Christine no centro, acompañada pola directora do IES, Dña. Isabel Ruso de Lago.

 


 

Un campión de España de Surf no Eusebio

No Eusebio tamén temos un campión de España: Martín Cortijo, estudante de Bacharelato, gañou o campeonato nacional da súa categoría o pasado ano, e isto só é o comenzo.

Podemos disfrutar algún dos seus vídeos facendo clic aquí.

O traballo sempre ten recompensas. Parabéns!


 

III Xogos Escolares organizados polo Concello de A Coruña

 

 

 (Fai clic para ver todas as imaxes)

Os equipos do IES P. Eusebio da Guarda acadaron a segunda posición na categoría de Fútbol 11 (ESO masculino), a cuarta posición na categoría de Fútbol 7 (ESO e Bacharelato feminino) e o Premio á Deportividade na categoría de Fútbol 11 (Bacharelato masculino).

Noraboa ós participantes!

 


 

Un exalumno do Eusebio estréase coma compositor musical

As fotos adxuntas dan conta da nova recollida por La Voz de Galicia da estrea deste xoven compositor, Federico Mosquera Martínez, exalumno do noso centro e fillo dunha profesora do mesmo. Estamos seguros que a súa prometedora carreira terá os seus frutos. Parabéns!


 

Distribuir contido


by Dr. Radut