Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Medios de Comunicación

Enlaces a artigos da prensa, videos, etc que falan do Instituto, das actividades que se fan nel ou de calquera tema relacionado

A nos crayons, citoyens!

Onte pola mañá, os alumnos que participamos no intercambio con Fontenilles (Francia) decidimos saír á rúa, en solidariedade cos nosos amigos. Sabemos que  os acontecementos que tiveron lugar hai uns días, teñen a todo o pobo francés cheo de angustia e preocupación.

 

 Na foto, amosamos uns lapis, que son tamén as nosas “armas”, as que nos deixan mostrar ante os demais o que aprendemos día a día, pero que  tamén saben dos nosos sentimentos, dos nosos soños, das nosas opinións ... parce que nous aussi, nous sommes Charlie.

 

Parece que esta idea gustou aos profesores e alumnos de collège Irène Joliot-Curie e onte pola tarde xa nos estaban escribindo, dándonolas grazas, velaquí algo do que dicían...

…… "mer. 14 janv. à 19:34

 

Merci beaucoup pour la transmission de ce message, qui nous a tiré des larmes. Cette solidarité internationale, fruit des échanges et des liens tissés au cours des dernières années ne pourra pas être rompu à cause de quelques excités... Nous sommes persuadés que l'ouverture d'esprit créée par ces rencontres et ces voyages permettra à nos élèves d'éviter le piège de la haine de l'autre...

Encore merci

 

Bises"


Presentación dun libro sobre Picasso

Coa participación do Excmo. Sr. Alcalde do Concello, o pasado 18 de decembro foi presentado o libro "Picasso Azul y Blanco. A Coruña: El nacimiento de un pintor", escrito por Elena Pardo e Rubén Ventureira. Este acto engádese a moitos outros que se veñen facendo para situar a nosa cidade como un importante vértice na vida do xenial artista universal.

 


 

Visitas ao mural de Felipe Criado

(fotografía de Mario S. García)

Co gallo da exposición homenaxe a Felipe Criado no Museo de Belas Artes da Coruña (ata o 11 de xaneiro de 2015), tódolos martes e xoves en horario de 9:30 a 13:30 e de 17 a 20 horas pódese visitar o mural "Lucubración para una dinámica Espacio-Tiempo, Historia-Universo" que ennobrece a sala de profesores do Instituto Eusebio da Guarda.


 

Alumnos do Instituto celebran un pleno dentro da "Semana Escolar da Provincia e súa Deputación"

O pasado venres 28 de novembro un grupo de alumnos do instituto celebraron un pleno no que debateron sobre asuntos da actualidade. Ao mesmo sumouse o presidente da Deputación, Sr. Diego Calvo, agradecendo o esforzo e traballo durante a Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación.

O acto quedou recollido en moitas fotos e tamén videos, na páxina deste órgano de goberno, e tamén nalgúns "tuits".

Parabéns a todos os participantes!

 


 

Inauguración da exposición de Felipe Criado

A foto foi tomada por Maribel Quiroga.

 

María Josefa Wonenburger Planells

María Josefa Wonenburger Planells

María Josefa Wonenburger Planells, Doutora Honoris Causa pola UDC, alumna que fora do Instituto Eusebio da Guarda, é homenaxeada polo Concello da Coruña cunha rúa que a partir de agora leva o seu nome.

No acto de inauguración, celebrado o pasado martes, 14 de outubro, estaba presente o Rexedor da cidade herculina, o Reitor Magnífico da Universidade da Coruña, o Reitor anterior, baixo cuxo mandato fora nomeada a insigne coruñesa Doutora Honoris Causa, diversos membros da corporación municipal, as profesoras da UDC que tomaran parte activa no proceso do doutoramento, a irmá da homenaxeada, un membro da familia Wonenburger que tomou no seu momento a palabra para relembrar á doutora e complementar a información previamente ofrecida polo señor alcalde, e estaba presente unha servidora como membro da Dirección do instituto en que Dona María Josefa cursara o bacharelato.

Entre o público asistente achábase, ademais, a catedrática de matemáticas xubilada do noso centro, a lucense Dª Mercedes Sampayo Yáñez, quen gozou da amizade da homenaxeada. Co gallo de redactar a súa entrada para a ‘Enciclopedia Gallega’, a señora Sampayo traba comunicación coa matemática coruñesa. Pódese dicir que á nosa querida colega lle debemos en certa medida o achegamento de María Josefa Wonenburger a círculos próximos ás matemáticas en Galicia, como o colectivo ‘Agapema’, ou a círculos máis entrañables aínda: por exemplo, cando Lugo acolle un concurso de matemáticas para escolares, a “Muralla Matemática 2004”, un concurso organizado por Agapema mais o Concello de Lugo, dedicado –en parte nuclear grazas á Mercedes Sampayo- ao sabio lugués Vázquez Queipo por coincidir ese ano co segundo centenario do seu nacemento, a catedrática do Eusebio da Guarda, Mercedes Sampayo viaxa a Lugo acompañada de Dª Celia Quiroga, bisneta de Vázquez Queipo, e de Dª María J. Wonenburger (máis información no artigo no Progreso do 11 de febreiro do 2004).

Recordemos igualmente que nos actos conmemorativos dos 120 anos de existencia do Instituto ‘Eusebio da Guarda’, celebrados o 1 de outubro do 2010, Mercedes exerceu de cicerone no emotivo reencontro de dúas ex alumnas co seu querido instituto, especie de volta á adolescencia feliz. Viña acompañada de Irene Valiño (outra honra na inacabable historia do Eusebio) e de María Josefa. Naquela inesquecible xeira, Mercedes fora presentando a María a todos cantos tivemos a sorte de estar alí presentes.

(Na foto aparecen Amparo Wonenburger e Ana Dorotea Tarrío, vicerreitora da UDC cando se nomeou Doutora H.C. á matemática coruñesa)

Esta é unha cidade afortunada en moitos sentidos. Relembraba o alcalde acertadamente canto ilustre ser humano estudou no noso Instituto… Relembrou tamén un par de datos fermosísimos sobre a homenaxeada. Dicía María Josefa: “Teño tendencia a ser feliz”, e “Podo dicir que vivín como sempre soñei que quería vivir” [este último enunciado non é literal, é paráfrase].

Unha servidora achegouse a Dª Amparo Wonenburger para pedirlle permiso para fotografala. “Parécese vostede moito á súa irmá”. A estas palabras contestou: “Foron moitos anos vivindo xuntas, algo se me contaxiou” [nova paráfrase, bastante aproximada, traduzo ao galego as súas amables palabras]. Tamén amosou un certo orgullo e satisfacción ao dicirme “Eu tamén fun alumna do Eusebio da Guarda”. 

Todos estamos de acordo, creo. O lugar onde estudamos o bacharelato é un lugar amado. Salvo excepcións, que sempre as hai. Que siga presidindo o mar de Orzán por moito tempo este noso Instituto!

 

Mª Rosario Soto Arias, vicedirectora.

 

Máxima cualificación para unha alumna do centro

Raquel Cristina Salgado Amado, que foi alumna do IES Eusebio da Guarda, ven de obter a máxima cualificación - 10, Matrícula de Honra- na titulación de grado en Socioloxía pola Universidade de A Coruña.

O título do proxecto defendido por Raquel foi "Asignación do tempo e modificación dos hábitos de consumo en España. Unha aplicación da teoría de Gary Becker"

Queremos transmitir á comunidade educativa do noso centenario instituto a ledicia que nos supón, e a Raquel e a súa familia unha noraboa polo seu traballo e dedicación!


Voltou de Sudáfrica cunha medalla de bronce!

O noso alumno Gonzalo Cao Labora, membro da selección española para a IMO 2014 (a Olimpiada Matemática Internacional), acadou unha medalla de bronce nesta tan difícil competición.

Unha vez máis, os nosos parabéns a él e a todo o equipo.

Máis info: Real Sociedad Matemática Española.


 

Pedro Tomé acada o primeiro premio do Condado na súa estadía nos Estados Unidos

Se fai unhas datas dábamos conta do éxito dun dos nosos alumnos nos Estados Unidos, agora veñe de repetilo a un nivel máis grande:

 


 

Gonzalo Cao, medalla de ouro na fase nacional das Olimpíadas de Matemáticas.

Na final a nivel de todo o Estado que se acaba de celebrar en Requena (Valencia), o noso alumno de primeiro de bacharelato levou medalla de ouro. Dámoslles unha vez máis os nosos sinceros parabéns a el, á súa familia, aos seus profesores e á Comunidade Educativa en xeral.

 

En Requena competiu con 76 alumnos de toda España, con idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos. Agora pasan seis españois (dos cales dous son galegos) á fase internacional, que se celebrará en Cidade do Cabo (Suráfrica) no mes de Santiago. Desde aquí xa nos anticipamos a desexarlle a Gonzalo toda a sorte do mundo. Ánimo, Gonzalo, o Eusebio da Guarda está contigo, campión!


 

 

 

 

Eduga ven de publicar un artigo sobre o noso instituto

Eduga, a revista galega do ensino, pubricou fai unhas datas un artigo firmado pola directora do noso centro, Mª Isabel Ruso de Lago. O artigo versa sobre a traxectoria do Instituto Eusebio da Guarda, emblemático para a cidade da Coruña por ser o primeiro, desde a súa fundación no último cuartel do século XIX ata o día de hoxe.

Velaiquí o enlace ao mesmo.

 


 

Distribuir contido


by Dr. Radut