Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Lingua Galega e Literatura

Concurso Gañapuntos, decimoterceira semana

CONCURSO GAÑAPUNTOS

13ª SEMANA. 13ª PREGUNTA

CADA PALABRA É UN MUNDO

 

¿Quen vai querer a un fidalgo idealista, trasnoitado e probe? O meu pazo de Lugo estáse afundi[n]do polos catro ángulos e cando fun aló atopéi os pergameos do Arquivo servindo de tapadeira ás olas da manteiga”.

Así fala o tío Adrián, home extraño na aldea e moito máis na vila (un bo prototipo de ser galego con conciencia). Aparece no libro A maorazga, de D. Ramón Otero Pedrayo.

 

A pregunta é: a que triloxía pertencen os tres libros que forman un todo (Os señores da terra, A maorazga e mais O estudante)? (1 punto)

 


 

Concurso Gañapuntos, undécima semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB.

A IMAXINACIÓN AO PODER

 

11ª SEMANA. 11ª PREGUNTA

 

 

 

Un grifo violento, moito máis que aquel que dá nome ao noso club, se abate contra os viaxeiros… Hai unha loita cun dragón, e hai unha illa-peixe. Brandán e os outros catorce viaxeiros navegan sete anos. O autor deste libro dedícallo á raíña Matilde na corte anglo-normanda no século XII. A pregunta é: Como se titula o libro? (1 punto)


Visita do Club de Lectura a Real Academia Galega

Os Cazatesouros do noso Club de lectura visitan a biblioteca da Real Academia Galega. A bibliotecaria, Ana Menéndez, amósanos varias xoias bibliográficas. Entre elas a edición príncipe de Cantares Gallegos. Máis información proximamente no blog do club de lectura.


 

Concurso Gañapuntos, décima semana

 HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 VIVIMOS RODEADOS DE PALABRAS

 

10ª SEMANA. 10ª PREGUNTA

 

 

Hai un relato do coruñés Luís Rei Núñez onde se fala do decálogo do adestrador arteixán do Deportivo. O primeiro mandamento fala de apoiar o compañeiro, etc., etc. Bonito. A pregunta é:

 

Como se titula ese relato?  (1 punto)

 


 

 

 

Concurso Gañapuntos, novena semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB 

9ª SEMANA. 9ª PREGUNTA

 

A POESÍA DELONGA A VIDA 

O silencio da noite constelou a cidade

e escura luz esplende na vella pedra núa.

O vento mariñeiro canta na inmensidade

e sobe o mar amigo compasado de lúa.

 

O cristal tremolece na fondura da ría.

Na noite mariñeira son diamantes as horas,

e se cadra hai no mar unha melancolía

de alteirosas historias e cantigas sonoras.

 

Talvez luz ardorosa no fondo do mar dorme,

talvez se xeste ó lonxe un claro vento enorme

e os cabalos do abrente veñan galopear,

 

pero a noite é serena e vella a fría pedra,

e o silencio é de prata que leveda e que medra,

e sombrea a cidade receoso estrelar.

 

A PREGUNTA É: a que cidade dedica este soneto o poeta Darío Xohán Cabana?

(1 punto)


Concurso Gañapuntos, sétima semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB.

SOÑAMOS CON LIBROS.

7ª semana. 7ª pregunta

 

O insigne escritor Alexandre Herculano recolle entre as súas páxinas unha lenda medieval, documentada no norte peninsular no século XI. Titulouna A dama de pé de…

 

A pregunta é: En forma de que tiña os pés a dona da lenda de Herculano?

Concurso Gañapuntos, sexta semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

 6ª SEMANA. 6ª PREGUNTA

Que é o "Caderno Escocés"? 

Concurso Gañapuntos, quinta semana

HIPOGRIFO VIOLENTO CLUB

A POESÍA DÁLLE LUZ AO MUNDO

5ª SEMANA. 5ª PREGUNTA

Ese Benito Soto leva a morte nos ollos” -asegurou no buró da Casa de Barcia o Contramestre Vesgo.

De todos modos Victor Hugo xa está a salvo en Guernesey”- comentou Marcoff despois de cuspir tabaco e flemas varias, ben sentado nun norai da doca de Pensanze.

Concurso Gañapuntos, cuarta semana

Atentos á pregunta da cuarta semana, pois puntúa o doble.

Concurso Gañapuntos, terceira semana

E fixádevos, o noso club de lectura xa ten nome!

Concurso Gañapuntos, primeira semana

 

O concurso Gañapuntos xa comenzou, e aquí tes a primeira das preguntas. Sorte!Primeira semana, primeira pregunta

Melgaço, outra visita do Proxecto Terra

Os días 19 e 20 de abril un grupo de corenta alumnos de 3º da ESO fixo unha visita da vila portuguesa de Melgaço. Esta é unha saída máis das que o noso instituto ten organizado baixo o programa do Proxecto Terra, como en anos anteriores aconteceu por terras de Ferrol, Allariz, Guimarães, co obxectivo de aprender e vivir experiencias ao redor da defensa do patrimonio, a paisaxe, e a ordenación do territorio.


Nesta ocasión puidemos decatarnos, unha vez máis, da unidade territorial que forman Galicia e o Norte de Portugal, unha das eurorrexións da Unión Europea. O xoves 19 visitamos o Parque da Peneda-Gerês entrando por unha das súas portas, Lamas de Mouro, e tamén Castro Laboreiro. O grupo hospedouse na Pousada da Juventude, en Melgaço. Visitamos esta vila ao día seguinte: a súa torre medieval, o Museo do Cinema e mais o da Memoria (Museo da Memoria Fronteira). Reafirmámonos na nosa identidade galego-portuguesa e viñemos cheos de experiencias que nos indican o que somos e o que debemos ser. Os nosos meninos saudaron o río Miño e ficaron obrigados con Portugal.


Conferencia de Carlos G. Reigosa, 1 de marzo de 2012

O 1 de marzo, no Salón de Actos do IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, o periodista e escritor Carlos G. Reigosa impartiu unha conferencia aos alumnos do instituto sobre o espertar da súa vocación de escritor, e comentou tamén algún dos seus libros máis representativos. É autor, entre outros, dun dos libros de maior éxito de vendas en galego, Crime en Compostela. Vén de publicar a novela Tras da Corda. Así mesmo, disertou de temas recorrentes na súa obra, como os fuxidos, a bandoleira Pepa a Loba e a materia artúrica. O IES Plurilingüe ‘Eusebio da Guarda’, con estes actos, preténdelle achegar ao alumnado a literatura en primeira persoa, ao vivo.

O acto foi organizado polo Departamento de Galego e contou coa colaboración da Dirección do centro.


Publicación do libro "V Concurso Literario de Relato Curto e Poesía, Homenaxe a Rita Suárez Amado"

Libro do V Concurso Lit. Relatos Curtos e Poesía,  HRSAPor fin tedes a vosa disposición o libro cos relatos curtos e a poesía editado o ano pasado (2011) como homenaxe a alumna que foi do noso instituto, Rita Suárez Amado.

Agora podes descarregalo. Comparteo! Difundeo! Participa no concurso deste ano!

Publicación do libro "V Concurso Literario de Relato Curto e Poesía, Homenaxe a Rita Suárez Amado"
Distribuir contido


by Dr. Radut