Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Secretaría

Listaxe definitiva de admisión de alumnado para o curso 2019-20

 

Listaxe definitiva de admisión de alumnado para o curso 2019-20

 

Recurso se alzada: Segundo o artigo 32 da Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15 de marzo de 2013) contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN CURSO 2019 - 2020 ESO E BACHARELATO

 

Listaxe Provisional admitidos

curso 2019-20

 

  • O prazo de reclamación ás listaxes provisionais, ante a Directora, é de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación.

 

  • As listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas serán publicadas no taboleiro de anuncios do centro antes do 15 de maio.

 

Admisión de alumnado en centros docentes con fondos públicos para o curso 2018-19

Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos incluídos.

A solicitude formalizarase:

A solicitude, acompañada da documentación que se indica a continuación, será entregada no centro no que se solicite praza en primeiro lugar. Só se pode presentar unha única solicitude na que se poderá facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia.

Máis información: Portal da Consellería de Educación.

(Documentos necesarios para a solicitude e Baremo: ver en Adxuntos)

 

Recordatorio: Día 18 de maio

Lembramos que o vindeiro 18 de maio de 2015, luns, é día lectivo.


 

Aviso importante para os que fixeron a solicitude de admisión en 1º Bacharelato para o vindeiro curso

As persoas que fixeron a solicitude de admisión para o vindeiro curso 2015/2016 en primeiro de Bacharelato deben pasar pola secretaría canto antes a facer a entrega da documentación que acredite a puntuación para confeccionar o baremo correspondente.

O centro estará aberto de 10h a 13h os seguintes días:

  • 30 de marzo;
  • 31 de marzo;
  • 1 de abril;
  • 6 de abril.

Grazas.


 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut