Skip to Content

    erasmus  stembach

av  plan d

proxectos

anpa1

Latín

Programa Aula Magna Radio Escolar Podcast

Máis fotos no ENLACE 

Podcast: ENLACE 

O alumnado de Bacharelato 2º F/D da materia de  Latín invítavos a escoitar o seu traballo de podcast AULA MAGNA sobre Grecia e Roma realizado no marco do programa de Polos Creativos impulsado pola Consellería de Educación.

AULA MAGNA foi gravado na radio instalada no IES Eusebio da Guarda e, centrado na cultura clásica ,explora temas diversos como o cinema clásico, a arte clásica, a vida cotiá, a cociña e a moda na antiga Roma, o deporte en Grecia , a historia do calendario, a  mitoloxía, una análise curiosa da Ilíada…e todo vertebrado a través do fío condutor da etimoloxía.

Sen dúbida , un traballo de moita calidade dos alumnos de Latín dos cursos de  F/D  de Bacharelato de Humanidades  que axuntaron perfectamente a comunicación radiofónica coa divulgación dos temas da súa especialidade de xeito moi ameno e profesional.

Esperamos que o desfrutedes e vos animedes a participar en cursos vindeiros!

Belén González Aguiar

Departamento de Latín

ACEITES MEDIEVAIS

O alumnado da materia de Latín de 1º F é o autor do traballo ACEITES MEDIEVAIS exposto no corredor do centro O alumnado traduciu os textos de receitas en Latín medieval de aceites esenciais presentes nos seguintes manuscritos:

  • Paris, Bibliothèque nationale de France,
  • lat. 11219 Uppsala,
  • Universitetsbiblioteket, C. 664 Città del Vaticano,
  • Biblioteca Apostolica Vaticana, Barberini lat. 160

e elaborou os aceites de loureiro, rosas, pexego ,lirio, noces... seguindo as receitas dos monxes medievais. 

O traballo foi codirixido pola profesora de Latín do centro Belén González  e a alumna de prácticas do Máster de profesorado Eva Antelo.

Departamento de Latín 

O alumnado de Latín asiste á representación da obra teatral Agamenón

O día 21 de febreiro, o alumnado da materia de Latín tivo a ocasión de acudir á representación da traxedia grega de Esquilo, Agamenón no Teatro Colón de A Coruña dentro do programa de teatro clásico da Sociedade de Estudos Clásicos.
A representación de Agamenón a cargo da compañía "El Ruiseñor" de Culleredo foi todo un éxito entre o alumnado, que vibrou sorprendido e conmovido coa historia dos Atridas nun ambiente tráxico de terribles vinganzas.
O alumnado foi acompañado polos profesores José Luis Gundín, Caridad Loureiro, Minia Prego e Belén González.
A actividade foi programada polo Departamento de Latín

Visita a Lugo

Para acceder a todas as fotos da actividades pinchar no enlace

O día 19 de abril o alumnado de 1º Bacharelato da materia de Latín realizou unha saída didáctica á cidade de Lugo para tratar “in situ” o tema da romanización da Gallaecia acompañados polas profesoras Lisi Prado e Belén González.

A primeira parada foi a visita guiada sobre Romanización no Museo Provincial de Lugo onde puidemos contemplar pezas fundamentais da cultura castrexa e romana como o mosaico de Dédalo e Pasifae, o torques de Burela, a estela de Crecente, o bronce xurídico do Courel e apreciar o Museo en sí mesmo, antigo mosteiro franciscano.

Dirixímonos logo cara a Domus de Mitreo, excavación arqueolóxica dunha domus romana cun templo de Mitreo no seu interior onde tivemos a ocasión de ver os impresionantes cimentos da muralla de Lugo e a explicación por parte do guía do conxunto arqueolóxico. 

Finalizamos a visita a Lugo coa volta a pé da Muralla de Lugo (2.200 m) desde onde contemplamos todo o recinto da antiga Lucus Augusti e despeiunos da cidade o magnífico mural de  Iulius Caesar do xoven artista Diego As.

A  xornada resultou moi interesante e formativa  para o alumnado de Humanidades que, ademáis, desfrutou dun fermoso día de convivencia.

Departamento de Latín

"Teatro clásico : Medea no Teatro Colón"

O martes 28 de febreiro o alumnado de Latín de 4º ESO e Bacharelato asistiu á representación da traxedia de Eurípides Medea, a cargo da compañía Noite Bohemia dentro do circuito de teatro clásico organizado pola Sociedade de Estudios Clásicos (SEEC Galicia).

O alumnado disfrutou dunha emocionante e intensa Medea, protagonizada pola ex alumna de Humanidades Martina Lobo , quen demostrou o efecto catártico da traxedia grega e  que os clásicos están máis vixentes que nunca no noso mundo. A actividade foi organizada polo Departamento de Latín e os alumnos foron acompañados polos profesores Mª Luisa Prado, José Luis Gundín e Belén González.

 

Noelia Ares, Alicia Botana e Inés Valerio participaron na Olimpiada de Tradución de Latín

27 de maio de 2022

Noelia Ares, Alicia Botana e Inés Valerio participaron na Olimpiada de Tradución de Latín

As alumnas de 2º Bac F de Humanidades Noelia Ares, Alicia Botana e Inés Valerio participaron na Olimpiada de Tradución de Latín na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o día 25 de maio onde demostraron as súas habilidades na tradución de textos clásicos . Desexámoslles moita sorte !!!
Belén González - Departamento de Latín

A pervivencia do Latín

9 de maio de 2022

A pervivencia do Latín

Os alumnos de Latín de 4º ESO E expoñen o seu traballo sobre a perviviencia do Latín dentro do ámbito universitario como lingua de prestixio aínda nos nosos días . O traballo contén unha pequena mostra de escudos e lemas universitarios en lingua latina das universidades máis prestixiosas de Europa e América.

Expresións latinas ou Latinismos

16 decembro 2021

Os alumnos de Latín de 4º E expoñen os seus traballos sobre Expresións latinas ou Latinismos mesturando a creatividade narrativa e a ilustración.
Ademáis como final de trimestre sentíronse como verdaderos escribas clásicos no taller de escritura antiga elaborando con " calamos" e tinta uns bonitos marcapáxinas de pergamiño.
Departamento de Latín.

Charla sobre a muller na Antiga Roma

Charla da USC do progarma "A Ponte" impartida pola profesora de Historia da USC Ana Mª Suarez Piñeiro sobre a muller na Antiga Roma. Os cursos asistentes foron 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades. Foi organizada pola profesora de Latín Belén González.

TALLER DE MARCAPÁXINAS E EXPOSICIÓN SOBRE OS SOPORTES DE ESCRITURA NA ANTIGÜIDADE

TALLER DE MARCAPÁXINAS E EXPOSICIÓN SOBRE OS SOPORTES DE ESCRITURA NA ANTIGÜIDADE

O Departamento de Latín expón unha pequena mostra de útiles e soportes de escritura na Antigüidade ( papiros, volumina, calamos, pennae, capsae, atramentum, ...)

Para completar o tema dos Soportes de escritura na Antigüidade os alumnos e alumnas  de Latín do Bacharelato de Humanidades fixeron un taller de marcapáxinas con escritura manual utilizando papiro e “calamos” como verdadeiros escribas grecolatinos.

Linguas Clásicas, creatividade, destreza e gusto artístico nunha xornada moi interesante.

Velaquí o resultado !!!

Representación da obra de teatro "O xuízo a Antígona" polo grupo de teatro "Sin ir más lejos" da Casa de Castilla-La Mancha

Foi organizado polo Departamento de Latín para o alumnado de Latín, Grego e Cultura Clásica.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut