Lendas

Lenda da semana

Nesta páxina publicamos de vez en cando lendas, se coñeces algunha podes enviala a: web.iesfene[arroba]gmail.com . Unha ligazón de interese, Galicia encantada: www.galiciaencantada.com que contén tamén moitas lendas galegas. É unha Enciclopedia da fantasía popular de Galicia.

Ver lendas anteriores ao final desta lenda
(Traduccións: M. Suárez e A. Orozco)

 


A conversa co demo

O home mira o atardecer dende unha bonita praia, xunto á súa muller, nalgún momento das súas merecidas vacacións. Todo parece perfectamente no seu sitio, e de súpeto, do fondo do seu corazón, xorde unha voz simpática, amigable, pero cunha pregunta difícil:

-Estás contento?

-Si, si que o estou, responde.

-Entón mira detidamente ao teu ao redor.

-Quen es ti?

-Son o demo. E ti non podes estar contento, pois sabes que, máis tarde ou máis cedo, a traxedia pode irromper e desequilibrar o teu mundo. Estende a túa mirada ao teu arredor, coidadosamente, e entende que a virtude é apenas un dos lados do terror.

E o demo comeza a amosar todo o que está ocorrendo na praia: O excelente pai de familia que nestes momentos está recollendo os bártulos e vestindo aos nenos, ao que lle gustaría ter unha aventura coa súa secretaria, pero non se atreve por medo á reacción da súa muller.

A muller, á que lle gustaría traballar e ser independente, pero non se atreve por medo á reacción do marido.

Os nenos, que se portan ben... por medo aos castigos.

A moza que le un libro, soa, nun chiringuito, finxindo displicencia, cando no máis fondo está aterrorizada coa posibilidade de non atopar nunca ao amor da súa vida.

O mozo que xoga ás pas, e está tamén aterrado pola presión de ter que satisfacer as expectativas dos seus pais.

O vello que non fuma nin bebe afirmando que así séntese con máis enerxía para todo, cando o que sucede en realidade é que o terror á morte rumoréalle constantemente cousas ao oído, como o vento.

A parella que pasa correndo, salpicando na auga da beira, o sorriso nos beizos, e o seu terror encerrado baixo sete chaves, terror de facerse vellos, de perder o atractivo, de depender dos outros.

O home que para a súa lancha á vista de todos e saúda coa man, sorrindo, moi moreno, carcomido polo medo de perder o seu diñeiro en calquera momento.

O dono do hotel que sae a saudar aos seus hóspedes cando por fin o sol agóchase, procurando deixalos a todos contentos e animados, apertando ao máximo aos seus contables, no entanto, polo terror que lle aperta a alma, pois sabe que, por máis honesto que sexa, os inspectores de facenda sempre acaban descubrindo os erros da contabilidade.

Terror en cada unha desas persoas da bonita praia, nun atardecer de deixar coa boca aberta. Terror de quedar só, terror da escuridade que poboa a imaxinación de demos, terror de facer calquera cousa que se salga dos bos costumes, terror do xuízo de Deus, terror dos comentarios dos homes, terror da xustiza que castiga calquera falta, terror da inxustiza que deixa aos culpables en liberdade para facer máis dano, terror de arriscarse e perder, terror de gañar e ter que convivir coa envexa, terror de amar e ser rexeitado, terror de pedir un aumento, de aceptar unha invitación, de ir a lugares descoñecidos, de non conseguir falar nunha lingua estranxeira, de non ser capaz de impresionar aos demais, de facerse vello, de morrer, de que os seus defectos chamen a atención, de que as súas virtudes non chamen a atención, de pasar desapercibido ao non chamar l! a atención nin polos seus defectos nin polas súas calidades.

-Espero que isto che deu algún consolo. Á fin e ao cabo, agora sabes que non es o único que ten medo.

-Por favor, non te vaias sen escoitar o que teño que dicir -respondeu o home-. Temos unha facilidade asombrosa para detectar dores, remordimientos, feridas... ou terror, que é o que a ti che gusta. Pero fai tempo o meu pai contoume a historia dunha maceira que estaba tan cargada de mazás, que non conseguía deixar que as súas ramas cantasen co vento. Alguén que pasaba por alí preguntoulle por que non tentaba chamar a atención como facía o resto das árbores. "Os meus froitos son a miña mellor propaganda", respondeu a maceira.

»É verdade que non me diferencio gran cousa dos demais, e que o meu corazón tamén alberga moitos medos. Pero, a pesar de todo, os froitos da miña vida falan por min, e aínda que un día poida suceder unha traxedia, sei que non deixei correr a miña vida sen arriscar».

E o demo, decepcionado, marchou a intentar asustar a algún outro máis débil.

Paulo Coelho

 

 

 

MAIS LENDAS (premer aquí)

Distribuir contido