Proxectos Erasmus+ co CFR de Ferrol

ERASMUS+ RATE VARSOVIA 2018

Do 4 ao 9 de marzo, dous profesores do IES de Fene participaron nunha mobilidade a Varsovia, ao abeiro do programa Erasmus+ Rate (Raising Achievement Together), no que tamén participan outros tres centros da contorna, coordinados polo CFR de Ferrol. A finalidade da visita era a posta en común do proxecto cos nosos socios de Gales e Polonia e a formación dos profesores no ensino das materias STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), centrándose nesta visita nas boas prácticas en Matemáticas.

(Se non visualizas o vídeo, preme aquí)

Visita de docentes galeses e polacos

Hoxe día 5 de xuño recibimos no IES de Fene a visita dun grupo de docentes polacos e galeses, acompañados por algúns membros do CFR de Ferrol e directores de colexios e institutos da zona. Con todos eles o noso centro participa nun proxecto Erasmus+ , coordinado aquí polo CFR de Ferrol, no que se aborda a temática STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). Os visitantes puideron observar en directo os traballos de robótica que se desenvolven no centro e tamén coas impresoras 3D, todo levado a cabo no departamento de Tecnoloxía con alumnado de 1º de bacharelato. Tamén se fixo unha demostración co kart que está a ser construído nos talleres de automocíon, labor no que participa alumnado de FP Básica.

 
 
 

Visita a Cardiff. Un proxecto STEM

Visita a Cardiff, Gales, dentro do proxecto Erasmus+ KA2 RATE no que o noso centro está a participar.

 

 

 

 

O pasaso mes de Novembro, na semana do 14 ao 18, dúas profesoras do centro, María Nogareda e Eva Gondell viaxaron a Cardiff xunto con outros dez compañeiros representantes do consorcio que está a traballar no proxecto Erasmus+ KA2 RATE para a potenciación das ensinanzas científicas e tecnolóxicas no ámbito educativo e a igualdade de xénero na aprendizaxe de estas mesmas. Neste consorcio están a participar, ademais do CFR de Ferrol, como coordinador do mesmo, e da propia Xunta de Galicia,  o CPI de Atios de Valdoviño, o IES As Telleiras de Narón e o IES Fraga do Eume de Pontedeume.

Nesta viaxe realizáronse visitas a tres centros galeses de primaria e secundaria nas que se fixeron  intercambios de boas prácticas; participouse tamén no encontro “ Internacionalización da Educación”, no que, ademais de poder asistir a charlas sobre diversos proxectos dirixidos a promover as relacións internacionais entre centros educativos, tivemos a posibilidade de establecer contactos para futuros proxectos. 

Unha experiencia moi interesante dentro dun proxecto que vai resultar, sen dúbida, moi enriquecedor para o noso centro.

 

 

 
Distribuir contido