Visita a Cardiff. Un proxecto STEM

Visita a Cardiff, Gales, dentro do proxecto Erasmus+ KA2 RATE no que o noso centro está a participar.

 

 

 

 

O pasaso mes de Novembro, na semana do 14 ao 18, dúas profesoras do centro, María Nogareda e Eva Gondell viaxaron a Cardiff xunto con outros dez compañeiros representantes do consorcio que está a traballar no proxecto Erasmus+ KA2 RATE para a potenciación das ensinanzas científicas e tecnolóxicas no ámbito educativo e a igualdade de xénero na aprendizaxe de estas mesmas. Neste consorcio están a participar, ademais do CFR de Ferrol, como coordinador do mesmo, e da propia Xunta de Galicia,  o CPI de Atios de Valdoviño, o IES As Telleiras de Narón e o IES Fraga do Eume de Pontedeume.

Nesta viaxe realizáronse visitas a tres centros galeses de primaria e secundaria nas que se fixeron  intercambios de boas prácticas; participouse tamén no encontro “ Internacionalización da Educación”, no que, ademais de poder asistir a charlas sobre diversos proxectos dirixidos a promover as relacións internacionais entre centros educativos, tivemos a posibilidade de establecer contactos para futuros proxectos. 

Unha experiencia moi interesante dentro dun proxecto que vai resultar, sen dúbida, moi enriquecedor para o noso centro.