Nova charla da Escola de Familias

Este vindeiro venres 3 de maio desenvolverase a última sesión da Escola de Familias do IES de Fene. A charla dará comezo ás 16:30 no salón de actos do edificio A e xirará en torno ao benestar emocional na adolescencia e as estratexias para promover un desenvolvemento san.

Musiqueando 2024

O pasado 25 de abril as clases de Música volveron saír á rúa pola celebración coñecida como Musiqueando, que reivindica a importancia das ensinanzas de Música na educación secundaria. Nesta ocasión as actuacións desenvolvéronse no salón de plenos do concello de Fene que como ven sendo habitual colabora con IES de Fene cedendo as instalacións e axudándonos no desprazamento.

Deixamos un pequeno vídeo como mostra desta actividade e felicitamos ao alumnado e á súa profesora Bárbara polo marabilloso traballo desenvolvido.

 

II Día da Natureza no IES de Fene

O pasado venres 20 de abril no IES de Fene celebramos o II Día da Natureza. Esta celebración, iniciada o curso pasado, parte da idea de crear unha zona axardinada con árbores froiteiras e ornamentais, na finca colindante co terreo do centro, propiedade do concello, e que xuntos formaban parte dos antigos terreos do Pazo de Barallobre. Contamos para isto coa colaboración do concello de Fene que nos facilitou as árbores e asesorou e axudou na plantación.

Nesta ocasión participou o alumnado de 1º de ESO plantando unha árbore por cada grupo, unha moreira e un capudre, co compromiso de coidalas mentres estean estudando no centro. Aproveitaron a ocasión para ler poemas que teñen como tema a natureza e a continuación disfrutaron dun tempo de diversión participando en diversos xogos tradicionais como a mariola, a corda ou o brilé.

Tamén estiveron presentes na celebración un grupo de alumnos do CM de Soldadura e Automoción que nunhas semanas participarán na XII edición de Hiperbaric Challenge. A eles correspondeulles apadriñar unha oliveira en lembranza dos sucesos que están tendo lugar en Palestina.

 

 

 

Festival A Mocidade coa Lingua

Un ano máis o grupo do IES de Fene, Arredemo, participou no festival A Mocidade coa Lingua organizado, como en anteriores ocasións, pola Coordenadora de Equipas de Dinamización da Lingua Galega. Nesta ocasión estiveron acompañados cos xilófonos do grupo de alumnos e alumnas de 2º de bacharelato e dirixidos, como de acostume, pola profesora de música Bárbara Mourelo. Noraboa ao grupo completo pola súa actuación.

AXUDASLE: Resolución provisional de alumnado admitido e remisión de documentación

Onte día 23 de abril foron publicadas as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente e a listaxe de solicitudes que precisan remisión de documentación relacionada coas comprobacións segundo o establecido no artigo 8.1 (apartados c,d,e,f), segundo o establecido no artigo 16.3 da Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG do 12/02/24) que se poden consultar na web da convocatoria http://www.edu.xunta.gal/axudasle e no Portal Educativo https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42968 

Este xoves volta ContandoCiencia !

Será este xoves 25 de abril, coma de costume ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Concello de Fene. Entrada de balde.

Nesta ocasión Javier Pedreira, “Wicho”, informático e autor de Microsiervos falará sobre "Os valores de casa para andar pola rede”.

Javier Pedreira é responsable de informática dos Museos Científicos Coruñeses e un dos creadores de Microsiervos, uns dos blogs sobre ciencia e tecnoloxía máis lídos en español.

É tamén coautor do libro "Los nativos digitales no existen" e colaborador habitual de medios de comunicación como El País, cadena SER, a revista "Muy Interesante" e outros, así como da plataforma de divulgación científica Naukas.

 

 

Somos un pobo de artistas!!

O pasado 22 de marzo, como broche ao segundo trimestre, o departamento de Lingua Galega e Literatura do noso centro, organizou un encontro do alumnado de 3º ESO e 1º de bacharelato co cantante, escritor, actor e profesor Xurxo Souto para falar sobre Luisa Villalta, escritora homenaxeada nas Letras Galegas 2024. Foi unha experiencia marabillosa; falounos da estreita relación entre a música e a literatura, de como moitos dos poemas de autoría galega, Pondal, Rosalía ou Curros foron musicados e versionados por moitos artistas galegos. Trouxo á nosa memoria temas de Los Tamara con Pucho Boedo ou Andrés do Barro, que moitos cantamos. O alumnado e o profesorado presente disfrutou dunha actividade educativa e lúdica por igual. Ademais deixounos a súa dedicatoria no libro de firmas da nosa biblioteca.

Resolución definitiva bolsas NEAE 2023-24

Poderán consultarse as resolucións e listados na seguinte páxina:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050130/ficha/050130-2023.html

 

RECURSO DE REPOSICIÓN

- Cando se pode interpoñer? Cando a bolsa foi denegada ou cando non estamos de acordo coa contía asignada. Tamén podemos presentalo cando nos denegaron a bolsa por non presentar a documentación que nos requirían. Podemos presentar agora a documentación que nos solicitaban.

- Cal é o prazo para interpoñelo? Desde o día 10 de abril ata o día 9 de maio de 2024.

- Cómo se pode interpoñer? Imprima o documento que se pode descargar aquí , leao con atención , cúbrao e xunto con toda a documentación que considere necesaria ou que lle requiren presenteos a través de:

Xeito presencial:

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO

  • REXISTROS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

  • REXISTROS DO CONCELLO E DA DEPUTACIÓN

  • CORREO POSTAL (ORDINARIO E CERTIFICADO)

 

Xeito telemático:

Vacacións de Semana Santa

Comunícase que este centro permanecerá pechado durante o periodo estival. Voltamos o martes 2 de abril en horario normal.

Ata aquela poden contactar a través do enderezo electrónico ies.fene@edu.xunta.gal

 

Os Robots do Pazo gañan o National Innovation Award

Os Robots do Pazo, o equipo do club de ciencia do IES de Fene, que hai dúas semanas conseguiu o Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación na pasada edición da First Lego League Galicia, ven de acadar un novo galardón, nesta ocasión a nivel nacional. Trátase do National Innovation Award, premio ao mellor proxecto de innovación dos 33 eventos celebrados en España nesta edición 2023-24.

O seu proxecto, Tocando as Meninas, trata de achegar a arte ás persoas con diversidade funcional a nivel visual. A inspiración para este traballo naceu nunha visita ás Meninas do barrio de Canido, cuxo impulsor, Eduardo Hermida, está decidido a colaborar co grupo do Pazo. Ademais conta co apoio da ONCE.

Vídeo de presentación do proxecto Tocando as Meninas

Unha vez máis felicitamos a este grupo de alumnado e profesorado polo traballo realizado e os éxitos acadados.

A continuación deixamos os enlaces ao vídeo de presentación do equipo e ás novas sobre o equipo na prensa local.

Vídeo de presentación dos Robots do Pazo

Nova no Diario de Ferrol

Nova en La Voz de Galicia

Información bolsas de estudos MEC curso 2024/25 convocatoria xeral

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 

Para o alumnado que no curso 24/25 estea matriculado en:

  • Bacharelato 

  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados  

  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior  

  • Ensinos artísticos: profesionais e superiores  

  • Ensinos de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia 

  • Ensinos deportivos  

  • Estudos relixiosos superiores  

  • Formación Profesional de Grao Básico  

  • Ensino universitario: Grados, Máster...  

 

CÓMO SOLICITALA?

 

1. ENTRA NA SEDE ELECTRÓNICA. https://sede.educacion.gob.es Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

 

2. REXÍSTRATE.

 

  • Para rexistrarte, necesitas un usuario e un contrasinal: 

 

  • Se xa te rexistraches previamente para calquera outro trámite, a túa conta segue sendo válida e non fai falta que che volvas a rexistrar. 

  • Se nunca te rexistraches, clica en «Rexístrese» e segue os pasos para crear unha conta.  

 

  • Para acceder á solicitude de bolsa, podes facelo de dúas formas:  

 

  • Çon Cl@ve (claves electrónicas de administracións públicas) ou certificado electrónico, se dispós deles, ou  

  • Mediante o mesmo usuario e contrasinal cos que te rexistraches na sede electrónica.  

     

3.ENCHE O FORMULARIO. Unha vez dentro, tes que encher o formulario en liña. Neste paso, non che pediremos que achegues documentación porque as unidades encargadas da tramitación de bolsas consultarán todos os datos necesarios para comprobar que reúnes os requisitos para solicitala. Só en determinados supostos pedirémosche que achegas algún documento concreto.

 

4.IMPRIME O XUSTIFICANTE DE PRESENTACION. COMPROBA SE TE ATOPAS NALGUNHA DAS SITUACIÓNS PARA REMITIR DOCUMENTACION:

 
DIRECCION PARA REMITIR DOCUMENTACION Á UNIDADE DE BOLSAS

XEFATURA TERRITORIAL DÁ CORUÑA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

Servizo de Apoio aos Servizos Educativos . Sección de Bolsas de Estudo
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña

 

    • PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES: do 19 de marzo de 2024 ás 9 h., ata o 10 de maio de 2024 ás 15 h. (horas peninsulares)  

       

    • PARA MAIS INFORMACION: https://www.becaseducacion.gob.es  

       

    • DURANTE Os MESES DE AGOSTO E SETEMBRO DEBES ESTAR ATENTO/A AO CORREO ELECTRONICO  

    • Non o deixes para o final. Pide a túa bolsa aínda que non saibas o que vas estudar ou mesmo se vas ou non a estudar. 

    •  

Para calquera dúbida, podes consultar a través de:

TELEFONOS: 981/184741-981 184742-881/881647-981/185725-981/182621.

CORREO ELECTRÓNICO: bolsas.ed.co@xunta.gal

Novo relatorio de Contando Ciencia

Será nesta ocasión María del Mar Tomás Carmona, doutora en Medicina baixo o tema “Innovación para vencer a resistencia antimicrobiana”.

A cita é este xoves 14 de marzo ás 19:30 horas no salón de actos da casa da cultura de Fene.

María del Mar Tomás Carmona posúe o Grao en Medicina, así como máster e doutora pola Universidade de Granada. É especialista en Microbioloxía no CHUAC e é tamén investigadora no INIBIC-SERGAS. Investiga a relación entre a resistencia e os mecanismos virulentos de varios patóxenos. Ademais, é a coordinadora da unidade de diagnoses xenómica de clínica de microbioloxía do CHUAC.

 

Xornada de portas abertas

Este vindeiro luns 11 de marzo ás 16:30 terá lugar unha xornada de portas abertas destinada a dar a coñecer os ciclos formativos que se poden cursar no IES de Fene.

Se estás interesado/a en cursar un ciclo formativo, ven a coñecernos

Acreditación da competencia dixital

Acreditación do alumnado de ESO

  • O alumnado que obteña o título de graduado/a en ESO recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación da competencia dixital
  • O alumnado matriculado en 4º de ESO poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de obter a acreditación do nivel intermedio de competencia dixital

Acreditación de alumnado de bacharelato

  • A obtención do título de bacharelato acredita que o alumnado ten os coñecementos, habilidades e actitudes das áreas 1, 2, 3 e 5 do nivel intermedio de competencia dixital
  • O alumnado matriculado en 2º de bacharelato poderá presentarse a unha proba específica para acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propios da área 4 do nivel intermedio de competencia dixital

Solicitude e inscrición nas probas

  • Entregar o modelo de solicitude cuberto no centro educativo. Descarga o impreso en formato editable ou en formato pdf
  • Data límite, 14 de marzo

Resolución do 28 de febreiro

Marco galego de competencias

Acceso á demo da proba

Segunda sesión da Escola de Familias

Este vindeiro venres 19 de abril desenvolverase a segunda sesión da Escola de Familias do IES de Fene. A charla dará comezo ás 16:30 no salón de actos do edificio A e xirará en torno á comunicación e o establecemento de límites e normas durante a adolescencia.

 

Distribuir contido