Orientación

Departamento de Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
ORIENTADORA : AMELIA Mª CONDE VÁZQUEZ

HORARIO : LUNS, MARTES E MÉRCORES
DE 09:15 A 10:05
(PREVIA CITA) 

Segunda sesión da Escola de Familias

Este vindeiro venres 19 de abril desenvolverase a segunda sesión da Escola de Familias do IES de Fene. A charla dará comezo ás 16:30 no salón de actos do edificio A e xirará en torno á comunicación e o establecemento de límites e normas durante a adolescencia.

 

Retrincos de cores - Aprendemos en casa

A orientadora do centro, Maite envíanos esta publicación do COPG (Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia) ao que pertence como colexiada, onde se publica "Retrincos de cores" para traballar cos nenos e nenas nesta emerxencia sanitaria. Está feito dende o GIPCE (Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias ). E un material útil para abordar esta emerxencia sanitaria a través do debuxo. 

 Ademais, en La 2  de RTVE comeza o luns 23 o programa "Aprendemos en casa" un programa que complementa a teleformación. Para o alumnado do IES de Fene, o horario é de 12:00 a 13:00 para 1º e 2º de ESO e de 13:00 a 14:00 para 3º e 4º de ESO

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2018

 

Publicada a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180208/AnuncioG0164-310118-0001_gl.pdf

 

Prazos de inscrición:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 12 e 23 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos

Mais información:

 http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de inscrición estará abranguido entre os días 8 e 23 de febreiro de 2018, ambos os dous incluídos

 

Mais información

https://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

 Se algún alumno/a está interesado nas probas, pode pedir mais información no Departamento de Orientación

Titoría entre iguais

O pasado Mércores día 17 de Xaneiro, celebrouse no salón de actos do IES de FENE, a entrega de diplomas e carnets ó alumnado de 3º da ESO que participa no programa de Titoría entre Iguais para a prevención do acoso escolar. No acto estivo presente a Inspectora Elena Urtiaga, a Directora de Os Casais, Lorena Pita Fraga, a Pedagoga do Concello Mª José Paz e a Concelleira Mª Carmen  Martínez.
Os alumnos e alumnas de 3º da ESO comezan dende agora a súa labor coma titores, sendo un referente e un exemplo co seu comportamento para os titorizados de 1º da ESO. Esperamos que vivades unha enriquecedora  e grata experiencia!

 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

A solicitude de participación deberá presentarse en soporte papel na secretaría do centro (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento e farase empregando a aplicación informática subministrada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que se atopa no enderezo: http://www.edu.xunta.es/acreditacion. Esta aplicación está activa a partir do 10 de xaneiro de 2018.

  •  A solicitude, logo de ser cuberta e xerada pola aplicación, deberase imprimir paraser entregada no Centro Integrado de Formación Profesional (sede) onde se vaia desenvolver o procedemento.
  • Os datos relacionados coa documentación xustificativa do historial profesional e/ou formativo e dos requisitos de participación no procedemento deberán cargarse na devandita aplicación informática.
  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 10 de xaneiro ata o 2 de febreiro de 2018.
  • Só serán aceptadas as solicitudes que sexan entregadas no centro onde se realice o procedemento ao que se presente a persoa solicitante.

 

II Xornadas de Orientacion do IES de Fene

O pasado martes 2 de febreiro tiveron lugar as II Xornadas de Orientación organizadas polo IES de Fene e que contaron coa colaboración do concello de Fene. Nelas participaron estudantes e centros de toda a comarca, así como universidades e outras entidades que os estudantes terán en conta á hora de elixir o seu futuro académico ou profesional. Ler a noticia no Diario de Ferrol

 Galería de imaxes

 

 

I Xornadas de Orientación

O pasado 14 de abril tiveron lugar as primeiras xornadas de Orientación académica e profesional no pavillón deportivo de San Valentín, organizadas polo IES de Fene  en colaboración co Concello de Fene. Nelas participaron distintas universidades do país, escolas de estudos superiores así como a Armada. Tamén se desenvolveron un total de 20 relatorios impartidos por estas institucions aos que asistiu alumnado da comarca que se achegou ao pavillon acompañado polos seus docentes.

Díptico

GALERÍA DE IMAXES

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Requisitos: Ter 17 anos cumpridos ou cumprilos no ano de realización da proba .

Lugar de inscrición: Na secretaría do IES presentarase por duplicado o anexo  I da Orde do 2 de Decembro de 2008.

Prazo  inscrición: Do 27 de Febreiro ó 9 de Marzo de  2012.

Relación provisoria de admitid@s : 20 de Marzo.

Prazo de reclamacións: 21,22 e 23 de Marzo.

Relación definitiva : 28 de Marzo .

Data das Probas: 25 de Maio de 2012.

•    Horario das probas:
As 9,00 horas presentación,  deberase levar o  folla de inscripción ás probas  e o D.N.I. .
Das 10,00 ás 11,00 h : Matemáticas.
Das 11,30 ás 13,30 h: Parte sociolingüística
Das 16,00 ás 18,00 h: Parte científico-técnica.

Resultado das probas: 7 de Xuño .

Reclamacións : 8, 11,e 12 de Xuño

Resultado definitivo  das probas: 20 de Xuño

 Máis información no Departamento de Orientación  e na páxina www.edu.xunta.es/fp

Probas de acceso a Ciclos Medios

NOVIDADES DE ACCESO AOS CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO.-

Pódese acceder de forma directa co título de Graduado na E.S.O., ou mediante unha proba para a que se reserva o 20% das prazas.

Acceso mediante proba

Poden concorrer á proba de acceso ós ciclos formativos de grao medio, aquelas persoas que teñan cumpridos 17 anos ou os cumpran no ano en que se realicen as probas, e carezan de outra titulación que permita o acceso. 

Contidos da proba:

 Parte sociolingüística:  Tomaranse como referencia as competencias básicas de comunicación lingüística ,  social e cidadá dos  currículos  
da E. S.O.   Organizase en tres  partes:

·  Língua Castelá.

·  Língua Galega.

·  Ciencias Sociais

Parte  matemática : Terá como referencia as competencias básicas na área de matemáticas. Consta dunha  proba de Matemáticas 

Parte científico-tecnolóxico: Tomaranse como referencia as competencias básicas e de interacción co mundo físico. Ten  dúas probas :

·  Ciencias Naturais .

·  Tecnoloxía .

Exencións da proba :

Total:  Se certificamos ter superadas outras probas de acceso  a ciclos medios de ensinanzas deportivas ou de artes plásticas, a ciclos superiores ou a universidade.

Parcial : Da parte sociolingüística,
matemática e cientifico-tecnolóxico aportando certificación académica de ter superados os ámbitos correspondentes dun P. C. P. I.  ou ben o nivel II da E. S.A.

Validez das probas.

As persoas que superen a totalidade das probas recibirán unha certificación que lle dará acceso a calquera ciclo de grado medio.

Aquelas persoas que  superasen algunha parte da proba obterán un certificado das partes superadas, poidendose gardar os aprobados para os dous anos se se fixo constar esta posibilidade no momento da inscrición.

 

IES de FENE                                                    Departamento de Orientación

Alumnado de Bacharelato. Inscripcion nas probas de acceso a ciclos de grao superior, remata o prazo o 30 de xaneiro

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}


Para o alumnado interesado en presentarse ás probas de acceso a ciclos e que estea cursando estudos de Bacharelato, infórmase que o próximo venres 30 de xaneiro remata o prazo de inscrición nas probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

A solicitude de inscrición presentarase por duplicado na secretaría de calquera dos institutos de educación secundaria ou centros integrados de formación profesional (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol), no prazo comprendido entre os días 19 e 30 de xaneiro de 2009, ambososdous incluídos.

Información do Departamento de Orientacion

Información dos ciclos formativos da formación profesional específica

Convocatoria  publicada no DOG

Amelia Conde, Departamento de Orientación

Distribuir contido